domingo, 11 de decembro de 2011

Unha Fuga na «Heroica»

Completando a información do recente Campionato de Portugal de partidas rápidas, dedicamos o artigo de hoxe a unha «Fuga da Heroica».  Unha das aperturas con máis "glamour" do xogo de damas. 


         Tiago Manuel                       Manuel Madureira
      [Do Blog de Delio Nunes]                              [Do Blog de Jofedolgo]

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Tiago Manuel vs. Manuel Madureira
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
[1º xogo da 4ª Sesión]

                 
1.10-14 ...

A única saída que permite manter unha lixeira vantaxe. Un dos principios básicos das aperturas di que se debe comezar movendo os peóns do flanco dereito ao longo do «Río». Esta teoría está baseada en que a entrada ao seu recanto só se pode facer por un único cadro ─o número «5»─ por tanto esta zona do dameiro é menos vulnerable que a do lado esquerdo, a cuxo curruncho pódese acceder por dúas casiñas que son a «7» e a «8».

1. ... 24-20;

Igualmente constituiría unha magnífica forma para completar o desenvolvemento o poder avanzar con dúas xogadas consecutivas o peón lateral desta zona para instalalo outra vez no bordo. Deste xeito mantemos intacto o corpo central das nosas forzas e impoñemos un lixeiro bloqueo sobre o teoricamente máis débil flanco do rival.

A xogada efectuada polas negras aparentemente semella que compre con este principio, non obstante está considerada como unha das réplicas máis froxas se recibe o tratamento axeitado.

A apertura formada con estes dous lances iniciais denomínase «Diagonal Límite».

2.05-10 ...

As brancas seguen a devandita recomendación de mover os peóns do «Río». Máis tamén é necesario razoar con lóxica antes de aplicar calquera norma cegamente. Aproveitando que o movemento lateral das negras esquece a loita polo centro, agora Tiago podía retrasar tamén unha xogada ese obxectivo e evitar que o rival poida facer a dobre secuencia co seu peón. Así movendo 2.12-16 impídese o plan negro de volver instalar o seu peón no bordo e ao mesmo tempo bloquearíase momentaneamente o xogo nesa área. Dese xeito quedaría conformada a coñecida «Partida Heroica» unha das famosas aperturas con «glamour», na que unha vez superados os problemas estratéxicos do inicio xorden outro tipo de complicacións que permiten ás negras alcanzar posicións moi interesantes. Mais neste xogo, o campión portugués vai intentar sorprender ao seu durísimo contrincante infiltrándose por camiños menos trillados.

2. ... 20-16;

Ao comprobar que nada o impide, as negras completan a secuencia. Non hai nada mellor. Despois disto as brancas perden a mínima vantaxe que ostentaban.


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 20-16

Na liña da «Partida Crítica» formada con 1.10-13, 24-20; 2.05-10 agora é preferible 20-15 debido a que tras 3.12x19 o peón de «23» toma para o burato creado en «5»; pero no caso do noso xogo, coas pezas ben solidificadas no río, seguiría 3.12x19, 22x15; 4.11x20, 23x16; 5.08-12 ... [ou 5.09-13] 5. ... 28-23; 6.12-15, 23-19; 7.14x23, 27x11; 8.06x15, 32-28; 9.01-05 e o primeiro bando queda nunha posición moi confortable.

3.01-05 ...

O desenvolvemento máis natural. Se aquí fose xogado 3.12-15 as negras poden replicar con 3. ... 28-24; para tras 4.1-05 (ou 4.08-12) seguir con 22-18 aceptando entrar nas liñas clásicas. Mentres que se 4.10-13, 21-18; 5.14x21, 26x10; 6.06x13 o xogo entroncaría na «Crítica Pioneira», partida da que xa fixemos unha pequena introdución no artigo da semana pasada.

Pero tras o 3.12-15 tamén hai que estar preparado contra 3. ... 23-19 [Provocando un desbarato que debilita a ala esquerda das brancas] 4.14x23, 28x12; 5.08x15... [Como unha vez explicou o mestre portugués Medalha da Silva, agora o peón de «15» non ten un grande apoio, mentres o seu homónimo negro en «16» molesta ao bando rival impedindo un desenvolvemento fácil nese flanco] 5. ... 32-28; e agora:

• 6.10-14, 28-23; [Impedindo o avance 7.01-05] 7.15-19 ... [Mellor que 7.15-20, 22-19; (Bravo e Sena no «TED» seguen con 7. ... 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, 22-19: 10.05-10, 26-22; con posición nivelada) 8.06-10, 26-22; 9.02-06, 29-26; 10.20-24, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.10-13, 23-20; 13.04-08, 19-14; 14.13-17, 16-12; 15.07x23, 14x07; 16.03x12, 27x20 e a pesar de ir salvando os perigos, as brancas aínda teñen unha lixeira desvantaxe] 7. ... 22x15; 8.11x20, 26-22; 9.01-05, 21-17; [9. ... 22-19;] 10.05-10, 25-21; [Alcanzando unha posición típica da inusual «Partida Wagram» ─unha das tres que os ingleses titularon con nomes de batallas napoleónicas─ formada tras 1.10-14, 23-20; 2.12-16, 21-17; 3.16x23, 28x10; 4.05x14 e seguindo coa súa variante 5. ... 24-20; 5.08-12, 20-16; 6.12-15, 32-28; 7.01-05, 28-23; 8.05-10, 25-21; 9.15-19, 22x15; 10.11x20, 26-22;] 11.06-11, 22-19; 12.04-08, 30-26; 13.09-13, 26-22; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 23x07; 16.14x30, 07-03; 17.08-12, 03-16; 18.10-14, 17x10; 19.30x06, 16-23; 20.14-18, 22x13; 21.06x17 [EMP].

Non queremos seguir sen sacar de dúbidas aos curiosos que quedaron pensando en cales poden ser as outras dúas partidas que homenaxean a Bonaparte. Unha delas, moi pouco xogada, é a «Waterloo» da «Cruzada» [1.10-14, 22-19; 2.05-10, 19-15]. A outra, máis popular, é a «Partida Alma» [1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.02-05].

• 6.15-20, 21-17; [Movemento de espera. Se xogan directamente 6. ... 28-23; segue 7.01-05!, 23-19; (ou 7. ... 21-17; 8.09-13, 23-19; 9.05-09, 19-15; 10.13-18, 22x13; 11.09x18, 15-12; 12.11-14!, 12-08; 13.10-13 con vantaxe branca) 8.11-14, 19-15; 9.14-18, 21x14; 10.10x19, 26-21; 11.19x26, 29x22; 12.05-10, 21-17; 13.10-14, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08 e o xogo está igualado] 7.10-14 ... [7.01-05, 22-19; 8.20-24 ... (8.11-14, 28-24; 9.14x23, 24x15; 10.10-14, 27x20; 11.05-10, 30-27; 12.04-08, 26-21; 13.14-19, 27-23; 14.19x28, 31x24; 15.07-12, 16x07; 16.03x19, 17-13; 17.10x26, 29x15; EMP.) 8. ... 26-21; 9.11-14, 28-23; 10.09-13, 19-15; 11.13-18, 30-26; 12.04-08, 15-11; 13.06x15, 23-20; 14.07-11, 16-12; 15.03-07, 12x03; 16.24-28, 03x12; 17.08x24, 27-23; 18.28-32, 26-22; 19.32x26, 29x22; 20.05-10, 22-18; 21.14-19, 18-14; 22.11x18, 21x05; 23.02x09, 25-21 EMP.] 7. ... 28-23; 8.01-05, 25-21; 9.06-10, 22-19; 10.03-06, 27-22; 11.20x27, 30x23; 12.14-18, 21x14; 13.11x27, 31x22; 14.06-11, 22-18; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 16-12; 17.09-13, 26-21; 18.05-09, 29-25; 19.13-18, 12-07; 20.04x11, 23-20; 21.14x23, 21x07; 22.23-28, 07-04; 23.28-32, 20-15; 24.10-13, 17x10; 25.32x01 [EMP].

3. ... 22-18;

O movemento máis acorde coa posición seguindo as mesmas ideas do popular desenvolvemento 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.1-05, 20-16 pero coa vantaxe de non ter movido o peón do cadro «23», mellor situado que no de «24» tal como sucede nesta clásica apertura.

As brancas volverían retomar unha mínima superioridade se 3. ... 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.11-14, 27-23; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.15-20 ... [Con intención de encostar ou cambiar este débil peón, pero tamén se podía comezar o ataque ao flanco débil do rival con 9.10-13, 23-19; 10.15-20, 19-15: 11.05-10, 32-28; 12.13-17, 30-27; 13.07-11, 29-25; 14.10-14, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 13-09; 17.04-08, 28-24; (Se 17. ... 15-12; 18.08x15, 16-12; 19.20-23!, 27x20; 20.15x24, 12-08; 21.11-14 con final gañador para as brancas) 18.11-14, 27-23; 19.20x27, 31x13; 20.14-19, 15-11; 21.06x15, 13-10; 22.19-23 con final de empate] 9. ... 30-27; 10.06-11, 22-19; 11.20-24, 32-28; [Enfraquece moito o xogo. Había que seguir con 26-21 para empate] 12.10-13, 27-22; 13.13-17, 23-20; 14.05-10, 28-23; [As negras en posición desesperada caen nun golpe] 15.10-14, 19x10; 16.11-15 GB [Jorge Pereira vs. Fernando Bernardo; 21º Campionato de Portugal en Setúbal, 2001].

4.14-19 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 4.14-19 ...

4.12-15 pode ser contestado con 28-24 e se:

• 5.15-19, [Entra na desprestixiada «Partida de Cecina»] 32-28!; cuxo tratamento máis axeitado é con 6.10-13!, 24-20!; 7.13x22, 27x18; 8.06-10, 30-27 con xogo máis ou menos igualado.

• 5.14-19, 23x14; 6.10x19 é o mesmo que na variante do xogo principal con 6.12-15 que segue con 27-22.

4. ... 23x14; 5.10x19, 28-24;

Impedindo o natural desenvolvemento branco con 6.05-10. Curiosamente na popular «Apertura Diagonal Vertente» podemos atoparnos con esta mesma distribución de pezas nunha das súas fugas. A súa formación xorde tras 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.01-05, 28-23; 4.14-19, 23x14; 5.10x19, 20-16.

• Unha posible alternativa sería: 5. ... 21-17; [A intención deste lance tamén é impedir o avance do peón de «5» que sería castigado co tiro gañador que se produce tras 18-14 e 26-22] 6.06-10 ... [De novo unha posición que pode ser alcanzada con outra transposición, neste caso cunha variante da «Apertura Oblicua Vertente» que habitualmente se desenvolve así 1.11-15, 22-18; 2.15-19, 23x14; 3.10x19, 24-20; 4.05-10, 20-16; 5.01-05, 21-17; 6.06-11] 6. ... 28-23; [Máis forte é 6. ... 28-24 traspoñendo ao xogo principal] 7.19x28, 32x23; 8.12-15, 26-22; 9.15-20, 25-21; 10.03-06 ... [Nun xogo Mario Anjos vs. Viegas Nunes disputado na Prevía do Campionato de Portugal en Lisboa no ano 1995, as brancas seguiron con 10.20-24 pero é malo pois se o rival replicase con 23-20 alcanzaría unha esmagadora superioridade] 10. ... 29-25; 11.08-12, 23-19; 12.11-15, 18-13; 13.09x18, 21x14; 14.20-24, 25-21; 15.15-20, 21-18; 16.20-23, 27x20; 17.06-11, 30-27; 18.05-09, 14x05; 19.11-15, 20x11; 20.07x30, 16x07; 21.04x11 con final de empate.

• A xogo equilibrado leva 5. ... 27-23; 6.06-10, 23x14; 7.10x19, 28-24; 8.02-06, 21-17; 9.06-10, 31-27; 10.12-15, 18-14; 11.11x18, 26-22; 12.19x26, 29x06; 13.03x10, 27-22; 14.07-12, 16x07; 15.04x11, 22-18; 16.10-14, 24-20; 17.15x24, 32-28; 18.24x31, 25-21; 19.31x13, 17x01; 20.11-15 gancho e EMP.

6.06-10 ...

Eliminada a opción de 6.05-10, o branco tamén dispón doutra importante ruta con 6.12-15 que dá lugar a estas posibles ramificacións:

• 6. ... 32-28; e agora se:

► 7.11-14, 18x11; 8.07x14, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.05-10 ... [10.06-10, 27-22; e traspón á ramificación 7.06-10 que expoñemos máis abaixo] 10. ... 18-14; [Superior a 10. ... 27-23; 11.02-05, 23x14; 12.10x19, 26-21; 13.06-10, 21-17; como nun xogo José María López Manresa vs. Antonio Pérez Padilla disputado en Callosa de Segura no ano 1994 -publicado na "web" de Govert Westerveld- e que agora debeu seguir con 14.08-12 para empate] 11.19-23!, [Desviando do «TED» que dá como única 11.09-13 con gran vantaxe das negras] 11. ... 27x11; 12.10x19, 11-07; 13.04x11, 24-20; 14.06-10, 30-27; 15.11-14, 20-15; 16.03-07, 15-11; 17.07-12, 16x07; 18.19-22, 27x18; 19.14x30, 07-04; 20.10-14, 11-07; 21.30-21, 28-23; 22.14-18, 23-20; 23.21-17, 07-03; 24.18-21, 04x25; 25.02-06, 03x10; 26.17x24 EMP.

► 7.06-10, 27-22; 8.11-14, 18x11; 9.07x14, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.02-06 ... [No  «TED» segue con 11.10-13 e vantaxe negra] 11. ... 24-20; 12.15x24, 22x15; 13.03-07, 30-27; 14.07-12, 16x07; 15.04x20, 28-23; 16.06-11, 23x16; 17.10-14, 26-21; 18.05-10, 27-22; 19.10-13, 21-17; 20.14x21, 17x10 con final de empate.

► 7.15-20!, 24x15; 8.11x20, 27-23; 9.20x27, 30x14; 10.06-10, 14-11; [10. ... 31-27, 11.10x19, 27-23; 12.08-12, 23x14; 13.12-15, 28-24; 14.15-19, 14-11; (Aquí había unha trampiña, se 14. ... 26-22; 15.19x26, 29x22; 16.09-13, 18x09; 17.07-12 tiro e GB.) 15.07x14, 18x11; EMP como nun xogo práctico Marion Tinsley vs. Don Lafferty disputado no ano 1970] 11.07x14, 18x11; 12.03-07, 26-22; 13.07x14, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.02-6, 28-23; 16.06-11, 23-19; 17.04-7, 31-27; 18.10-13, 27-23; 19.13-17, 29-26; 20.05-10, 23-20; 21.17-21, 26x17; 22.08-12, 20-15; 23.11x20, 18-14; 24.12-15, 19x03; 25.10x26, 16-12; 26.26-29 EMP.

• 6. ... 21-17; 7.11-14, 18x11; 8.07x14, 25-21; 9.06-10, 27-22; 10.09-13, 32-28; 11.05-09, 30-27; 12.03-07, 27-23; 13.02-06, 31-27; 14.07-11, 21-18; [Ou se 14. ... 16-12; 15.13-18, 22x13; 16.09x25, 12-07; 17.15-20, 24x15; 18.11x20, 23x16; 19.04x11, 26-21; 20.19-23, 27x20; 21.14-19, 17-13; 22.10x26, 29x15; 23.11-14, EMP.] 15.14x30, 23x05; 16.30x23, 17x03; 17.32x01, 03-07; 18.01-14, 29-25; 19.14-32, 07x21; EMP.

• 6. ... 27-22; [Traspón a unha das escasísimas liñas da «Partida Central» que resultan favorables para ás brancas] 7.19-23!, 22-19; 8.15x22, 26x19; 9.06-10, 21-17; 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 31-27; [No Tratado da «Enciclopedia Damista» segue con 11. ... 25-21; 12.10-14 que deixa ás brancas nunha posición moi superior] 12.10-14, 27x11; 13.14x21, 25x18; 14.07x21, 29-25; 15.05-10, 25x18; 16.02-06 con empate.

6. ... 21-17;


POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 21-17

Ben xogado. Nótese que agora non vale 6. ... 32-28; por 7.19-22, 26x19; 8.11-14 GB.

Ou se 6. ... 27-22; 7.02-06, 22x15; 8.12x19, 21-17; 9.10-14 as brancas teñen unha lixeira vantaxe.

Igualmente se 6. ... 27-23; 7.19x28, 32x23; 8.11-15 con mellor xogo das brancas tamén.

7.03-06 ...

Outra posibilidade é 7.12-15, 27-22; 8.11-14!, 18x11; 9.07x14 ... E agora:

• 9. ... 31-27; 10.03-7, 25-21; 11.09-13, 32-28; 12.05-09, 21-18; 13.14x21, 16-12; [Demasiado sofisticado. Correcto era seguir con 13. ... 27-23; 14.10-14, 17x10; 15.09-13, 26x17; 16.19x29, 29x22; 17.15-19 ... (Non 17.14-18 por 23-19 GN) 17. ... 22x15; 18.07-12, 16x07; 19.04x27, 30x23; 20.13-18, 17-13; 21.18-22, 24-20; 22.22-26, 20-15; 23.02-05, 10x01; 24.26-30 EMP.] 14.07x16, 27-23; 15.10-14, 17x10; 16.09-13, 26x17; 17.19x26, 29x22; 18.14-18, 30-27; 19.18-21, 10-06; 20.02x11, 17x10; 21.21-26, 22-18; 22.16-20, 23x16; 23.26-30, 27-23; 24.30x20, 10-06; 25.20-27, 06-03; 26.27x09, 03-07; 27.09-31, 07x25; 28.15-20 GB [Dr. António Russo vs. Dr. Vaz Vieira no 21º Campionato de Portugal disputado en Setúbal, 2001].

• 9. ... 30-27; 10.04-07, 32-28; 11.07-12, 16x07; 12.03x12, 27-23; 13.12-16, 24-20; 14.15x24, 22x15; 15.02-06, 26-21; 16.09-13, 31-27; 17.24x31, 21-18; 18.31x12, 18x02; 19.06-11, 02x24; EMP.

7. ... 26-21;


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 26-21

Unha xogada de dobre fío. As negras varían aquí das liñas estándar publicadas que sempre optan por 7. ... 25-21. Neste caso o xogo podería continuar con:

• 8.11-15 ... [O lance habitual que se encontra nos tratados] 8. ... 32-28; 9.06-11, 27-23; [Se exceptuamos unha lixeira variación na orde dos lances iniciais, ata aquí todo transcorreu igual que nun xogo John Mckerrow vs. Robert Martins do match polo Campionato de Escocia e Inglaterra celebrado no ano 1859 e que gañou o segundo. Estes dous grandes amigos que se coñecían porque os dous percorrían o país como vendedores ambulantes de roupa, xa disputaran outro match o ano anterior co resultado de empate. Martins de nacionalidade inglesa posteriormente chegou a ostentar o título mundial, mentres que o escocés Mckerrow foi axudante do seu compatriota Andrew Anderson no último dos seus míticos enfrontamentos con Wyllie. Din que foi o propio Mckerrow o que lle suxestionou que xogase a que hoxe se coñece como «Partida Anderson» (1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22). Na modalidade angloamericana, a liña leva o nome destes dous famosos damistas grazas ao devandito xogo que na altura proseguiu con 9. ... 27-22; unha xogada que non vale en damas clásicas porque agora tras 10.19-23, 28x19; 11.11-14, 18x11; 12.07x23 non se pode impedir a coroación do peón e GB.] 10.02-06, 23x14; 11.10x19, 17-13; 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 30-27; 14.12-15, 26-22; 15.19x29, 29x22 ; 16.05-10, 21-17; 17.07-12, 16x07; 18.04x11, 28-23; 19.20-24, 23-19; 20.15-20, 19-15; 21.24-28, 31x24; 22.10-14, 13-10; 23.14x21, 10x03; 24.21-26, 15x06; 25.26-30, 24x15; 26.30x02 EMP.


Robert Martins
[Do libro "A Última Batalla ..." sobre o match Wyllie vs. Martins do 1872. (Edición. 1899)]

• 8.12-15 ... [Una proposta de Víctor Oliveira que nos parece a mellor forma de continuar co xogo] 8. ... 32-28; [ou 8. ... 29-25; 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 32-28; 11.20-23, 27x20; 12.10-14, 18x11; 13.06x24, 21-18; 14.05-10, 18-13; 15.09x18, 26-22; EMP.] 9.08-12 ... [Outra opción é 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 29-25; (Complica máis 10. ... 26-22; 11.19x26, 29x22; 12.06-11, 28-23; 13.10-14, 22-19; 14.05-10, 17-13; 15.10x26, 30x21; 16.09-13 etc.) 11.20-23, 27x20; 12.10-14, 18x11; 13.06x24, 21-18; 14.05-10, 18-13; 15.09x18, 26-22; 16.18x27, 30x05; 17.02-09, 28-23; 18.07-12, 16x07; 19.04x11, 23-20; 20.11-14 para empate.] 9. ... 27-23; 10.04-08, 23x14; 11.10x19, 30-27; 12.05-10, 27-23; 13.02-05, 23x14; 14.10x19, 31-27; 15.05-10, 27-22; 16.15-20, 22x15; 17.12x19, 24x15; 18.11x20, 18-14; 19.09-03, 14x05; 20.20-24, 17x03; 21.24x31, 03x22; 22.31x02 EMP.

8.11-15 ...

A posición necesita de análise profundo e Tiago non acerta coa mellor continuación. É máis, agora trócanse os papeis e tras o lance elixido, as brancas non só perden a vantaxe senón que ata quedan en inferioridade notoria.

Xogando 8.10-14 podíase montar un forte ataque que obrigaría ao rival a defender con sumo coidado. Con todo, o empate chegaría a producirse despois de 8. ... 32-28; 9.05-10, 27-22; 10.19x26, 29x22; 11.12-15, 31-27; 12.15-20 ... [12.14-19, 18-14; 13.19x26, 14x05; 14.26-29, 05-01; 15.07-12, 16x07; 16.15-20, 24x15; 17.29x03, 17-13; 18.09x18, 21x07; 19.04x11, 27-23; con final de empate.] 12. ... 24x15; 13.11x20, 18x11; 14.06x15, 28-24; 15.10-14, 21-18; 16.14x21, 25x18; 17.20-23, 27x11; 18.07x21, 24-20; 19.21-25, 22-19; 20.25-29, 19-15; 21.29x12, 16x07; 22.04x11, 30-27; 23.11-14, 20-15; 24.14-18, 15-11; 25.18-21, 11-07; 26.21-26, 07-04; 27.26-29, 04-25; 28.09-13, 17x10; 29.29-19, 10-06 EMP.

8. ... 32-28;

Interesante tamén parece 8. ... 18-14; con este posible desenvolvemento 9.19-22, 27x18; 10.10x19. 24-20; 11.15x24, 31-28; 12.24x31, 29-26; 13.31x13, 17x03; 14.12-15, 03x12; 15.19-22, 12x01; 16.22x29 e as brancas quedan cun peón de menos nunha inferior posición.

9.19-22 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 9.19-22 ...

Un erro que puído custar o xogo. En situación tremendamente delicada había que probar con 9.06-11, 18-14; 10.11x18, 21x14; 11.19-23, 27x11; 12.10x19, 24-20!; 13. 07x14, 16x07; 14.04x11 ... [14. ... 30-27; 15.05-10, 28-23; 16.19x28. 31x24; 17.09-13, 20-15; 18.11x20, 24x15; 19.13-18, 15-11; 20.14-19, 25-21; 21.18x25, 11-07; 22.08-12, 07-03; 23.12-16, 03x13; 24.02-05, 13-18; 25.19-23, 27x20; 26.16x23, 18-31; 27.05-09, 31-18; 28.23-28, 18-14; 29.28-31, 14-18; 30.31x13, 17x10; 31.09-13, 10-06; 32.13-18, 06-03; 33.18-22 EMP. ] 14. ... 28-24!; 15.19-23, 20-15; 16.11x20, 24x15; 17.14-19 ... [Non 17.02-06 polo envío a dama 30-27 e tiro tras 29-26 GN.] 17. ... 15-11; 18.23-28, 31x14; 19.19-23, 11-07; 20.23-28, 07-04; 21.28-32, 24-20; 22.05-10, 20-15; 23.10-13, 17x10; 24.32x05 con final favorable ás negras pero que ben defendido debe ser de empate.

9. ... 18-13;

Unha terrible decisión que dá un xiro total ao desenlace. Unha vez rematada a partida ambos os dous xogadores chegaron á conclusión de que 9. ... 18-14 daba a vitoria ás negras. A nós parécenos que non e aconsellamos como máis forte 9. ... 30-26!; 10.06-11, 26x19; 11.15x22, 28-23; e se:

• 12.11-15, 23-19; 13.02-06, 27-23;

► 14.15-20, 24x15; 15.22-27, [15.07-11, 16x07; 16.11x27, 07-03; 17.06-11, 03x13; 18.27-30, 13-06; 19.05-10, 05x20!; 20.30x16, 18-13; GN] 15. ... 31x22; 16.07-11, 16x07; 17.11x27, 07-03; 18.06-11, 03x13; 19.27-31, 19-14; 20.31-24, 14x07; 21.04x11, 22-19; 22.11-15, 19x12; 23.08x15, 13-06; 24.05-10, 06x13; 25.24-28, 13-06; 26.28-24, 06x20; 27.24x06, 18-13; 19.09x18, 21x14 [GN.]

► 14.06-11, 18-14; 15.11x18, 21x14; 16.15-20 ... [16.09-13, 23-20; 17.13-18, 20x11; 18.05-09, 14x05; 19.07x23, 16x07; 20.04x11, 05-02 GN] 16. ... 24x15; 17.22-27, 31x22; 18.07-11, 14x07; 19.04x27, 16x07; 20.27-30, 22-18; 21.30-21, 19-14; 22.10x19, 07-04; 23.21x14, 04x18; 24.19-23, 17-13; 25.05-10, 13x06; 26.23-28, 06-03; 27.28-32, 25-21 GN.

• 12.02-06, 23-19; 13.11-15, 27-23; traspón ao punto anterior.

• 12.12-15, 23-19; 13.22-26, 19x03; 14.26-30, 03x13; 15.30x23, 18-14; 16.09x18, 14x07; 17.04x11, 21x07[GN].

• Se 12.10-14, 31-28; 13.22x31, 23-20 [GN].

10.09x18, 21x14; 11.10x19, 27x18; 12.19-22, 17-13.

O resto xa carece de interese. Finalmente Tiago acabou gañando. Foi a primeira vitoria dunha sesión na que se impuxo por un contundente 3-0, pero que puido ter un cariz completamente diferente se  Madureira, o fenomenal damista de Santa María da Feira, chegase a aproveitar a oportunidade que se lle brindou neste xogo.

Ningún comentario: