Tiago Manuel repite éxito
Tiago Manuel Neves
[Foto do blog "Damas do Norte"]
A cidade portuguesa de Sao Joao da Madeira [no Distrito de Aveiro] foi este ano a sé da fase final do «X Campionato Nacional Individual de Damas Clásicas» na modalidade de rápidas. A proba que se celebrou o 19 de novembro pasado baixo a supervisión e arbitraxe do Sr. Manuel Vieira de Jesús contou coa participación dos teoricamente 20 mellores damistas do país veciño. O torneo disputouse por sistema suízo e estivo dividido en 5 sesións con enfrontamentos nos que cada xogador dispoñía de 30 minutos para completar 4 xogos en apertura libre .
Manuel Cardoso Manuel Madureira
[Blog "Damas do Norte"] [Blog "Damas do Norte"]
[Blog "Damas do Norte"] [Blog "Damas do Norte"]
Por segundo ano consecutivo o xogador da Covilha, Tiago Manuel Neves erixiuse como gañador indiscutible cedendo unicamente un empate contra Manuel Cardoso. Foi precisamente este damista o que ocupou a segunda praza con 4 puntos seguido de Manuel Madureira que con 3,5 terminou de terceiro. O veterano Delfim Alves tamén con 3,5 foi cuarto e Joaquim Silva “Pardal” conseguiu o quinto puesto encabezando o grupo de damistas que finalizaron con 3 puntos. Cabe destacar a frouxa actuación de dous dos principais favoritos, O Dr. Vaz Vieira, noveno, con só o 50% da puntuación e Veríssimo Dias, décimo terceiro, con 2 puntos.
..............................................................................................................................
XOGOS COMENTADOS
...............................................................................................................................
Manuel Cardoso vs. Tiago Manuel
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
Sao Joao da Madeira, 2011
[Xogo da 3ª Sesión]
1.10-13 ...
As brancas abren o xogo cun peón do flanco dereito que é o máis sólido, pero ao abandonar o centro, esta xogada non se pode considerar tan boa como 1.10-14.
1. ... 21-18;
Unha popular réplica que evita o ataque á «casa dique» con 2.13-18. Queda así definida a apertura «Crítica Transversal» tamén coñecida polo nome de «Crítica Cerrada».
2.05-10 ...
En dirección ao centro é persistindo na idea de non tocar o «Flanco das Paralelas» mentres non se defina de todo a estrutura do rival.
2. ... 23-19;
O lóxico desenvolvemento ao longo do «Río» achegando o peón ao centro de operacións. Esta variante foi designada como a «Paisley» por Julian D. Janvier, un dos máis célebres tratadistas americanos do século XIX:
3.12-15 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 3.12-15 ...
Se 3.13-17 agora sería bo o ataque ao «dique» con 19-15. Pero habitualmente as brancas impiden esta manobra con 3.11-15.
O lance escollido por Cardoso antes non tiña demasiados adeptos, mais segundo palabras do propio Tiago Manuel: “Agora é unha xogada típica nos torneos portugueses, introducida hai uns anos polo mestre Víctor Oliveira”.
A posición alcanzada ten unha gran versatilidade pois pode ser formada de varios modos diferentes. Velaquí temos algúns exemplos:
a) 1.12-15, 21-18; [«Partida Paralela»] 2.11-16, 23-19; 3.08-11.
b) 1.09-13, 21-18; [«Apertura Dereita Transversal» 2.05-09, 23-19; 3. 12-15.
c) 1.10-13, 23-19; [«Crítica Ortodoxa»] 2.05-10, 21-18; 3.12-15.
Tamén se podería alcanzar tras 1.12-15, 23-19; 2.10-13, 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.05-10 pero neste caso as negras dispoñen da opción de transformar a estrutura cunha troca «2x2» que se producira tras 3. ... 22-18; 4.13x22, 26x12.
3. ... 19x12; 4.08x15, 27-23;
Unha resposta moi popular que se adoita facer con idea de poder retomar co peón de «28» tras o corte na casiña «19».
• 4. ... 28-23; [Unha boa alternativa que tamén esperta moitas simpatías] 5.10-14 ...
Con estas posibles réplicas:
Con estas posibles réplicas:
► 5. ... 32-28; 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 23-19; 8.07-12, 25-21; [Se 8. ... 28-23; agora 9. 13-18 é o mellor] 9.13-17 ... [Se 9.01-05, 21-18; as negras teñen unha moi boa posición, xa que agora non vale 10.05-10 por 24-20; 11.15x24, 18-14; 12.11x18, 19-15; 13.12x26, 30x05 GN.] 9. ... 30-26; 10.09-13, 24-20; [Se 10. ... 21-18; débese seguir con 11.12-16, 18x09; 12.16-20, 19x12; 13.17-21, 24x16; 14.21x30, 28-23; 15.03x10, con vantaxe branca] 11.15x24, 21-18; 12.01-05 ... [12.12-15, 18x09; 13.07x16, 22-19 con lixeira vantaxe das negras] 12. ... 18x09; [Nesta altura foi dado por empatado un xogo Vítor Cunha vs. Luís Carvalho; 23º Campionato e Portugal; Faro, 2003] 13.11-15, 22-18; 14.15x22, 26x19; 15.17-21, 28-23 e as negras están un chisco mellor.
► 5. ... 26-21; 6.06-10, 23-19; 7.14x23, 27x20; 8.13-17, 32-28; 9.17x26, 30x21; 10.07-12, 20-16; 11.02-06, 16x07; 12.03x12, 28-23; 13.12-16 e as brancas obstentan unha lixeira vantaxe.
► 5. ... 23-20; [As negras quedan nunha posición inferior debido a este movemento que abandona o centro] 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 30-26; 8.01-05, 32-28; [8. ... 26-21; 9.13-17, 21-18; (10.17x26, 29x22; 11.05-10, 32-28; 12.10-13, 28-23; 13.13-17, 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.11-14, 20x11; 16.17-21, 25x18; 17.14x21, 27-22; 18.07x14, 22-19; 19.14-18, 19-14; 20.21-26, 14-10; 21.26-30, 13-09; 22.30x16, 10-05; 23.18-22 e as brancas gañan nunha análise do Dr. Sena Carneiro) 10.17-21, 20-16; 11.09-13, 18x09; 12.21-26, 27-23; 13.07-12 e gañan as brancas, mais nun xogo Vaz Vieira vs. Arlindo Roda do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000, seguiuse con 13.11-14 e tras 24-20; 14.15x24, 22-19; o Arlindo acabou empatando] 9.13x18, 22x13; 10.09x18, 26-21; 11.11-14, 20x11; 12.03-06, 21-17; 13.06x15, 27-22; 14.18x27, 31x22; 15.14-19, 25-21; 16.19x26, 29x22; 17.07-12, 28-23; 18.12-16, 23-19; e as negras poden chegar a restablecer o equilibrio.
• 4. ... 25-21; [Só empregada ocasionalmente] 5.13-17 ... [5.10-14, 21-17; (5. ... 28-23) 6.14x21, 17x10; 7.06x13, 26x10; 8.02-06, 28-23; 9.06x13, 22-18; 10.13x22, 27x18; 11.01-05, 31-27; 12.05-10, 27-22; 13.10-14, 29-25; con posición equilibrada como nun xogo Joao Carlos vs. Manuel Custodio do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003] 5. ... 27-23; 6.10-14, 23-19; 7.14x23, 28x12; 8.07x16 Traspón a unha variante que, como veremos, tamén se pode alcanzar no xogo principal se as negras moven 7. ... 25-21; e reciben por resposta 8.13-17 tal como sucedeu por exemplo nun xogo Vítor Cunha vs. Manuel Capote do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003.
5.10-14 ...
O primeiro xogador debe tomar unha determinación antes de que o rival mova para o centro o seu peón de «23».
5. ... 23-19;
Tapar o burato con 5. ... 25-21; non é moi aconsellable pois tras 6.14-19! ... [Mellor que 6.15-19 xogado nun enfrontamento Silva Pereira vs. Vaz Vieira do 5º Campionato de Portugal de Algés (1985) que terminou en empate] o xogo segue con 6. ... 23x14; 7.15-19, 22x15; 8.13x22, 26x19; 9.11x25, 28-23; 10.09-13, 31-27; 11.01-05 e as brancas teñen una posición moi forte.
6.14x23 ...
Poucas veces se pode ver a captura para o outro flanco: 6.14x21, 26x10; 7.06x13, 19x12; 8.07x16, 25-21; [Se 8. ... 22-19; 9.01-05, 19-15; 10.11x20, 24x15; 11.05-10, 28-23; 12.13-18 con posición equivalente como en Silva Pereira vs. Antonio Perú do 13º Campionato de Portugal; Setúbal, 1993] 9.01-05, 21-18; 10.13-17, 30-26; 11.05-10, 24-20; 12.16x23, 28x19; 13.03-07, 19-14; 14.10x19, 22x06; 15.11-14, 18x11; 16.11-14, 18x11; 17.07x14, 28-23; 18.04-07, 23-20; 19.09-13, 20-15; 20.14-19, 15-11; 21.07x14, 26-21; 22.17x26, 29x15; e non hai forma de evitar o empate.
6. ... 28x12; 7.07x16, 32-28;
Ambos os dous bandos teñen a mirada posta no intento de control da fundamental casiña central de «19» e agora, cara a ela se dirixen as negras poñendo en xogo a súa peza máis afastada.
Menos usada é a alternativa 7. ... 25-21; na que tras 8.13-17 o segundo xogador dispón destas posibles continuacións:
• 8. ... 22-19; 9.11-14, 18x11; 10.06x22, 26x19; 11.17x26, 30x21; 12.09-03, 32-28; 13.04-07, 28-23; 14.01-05, 31-27; 15.02-06, 27-22; 16.13-17, 29-26; 17.06-11, 21-18; 18.07-12, 24-20; EMP. [José Luís Guerra vs. Vaz Vieira; 27º Campionato de Portugal, Odemira (2007)].
• 8. ... 29-25; 9.11-15, 31-27; 10.01-05, 32-28; 11.09-13, 18x09; 12.15-19, 22x15; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 09x02; 15.11-15, 02x20; 16.16x32, 21-18; 17.32-19, 18-13; 18.19x29, 13-09; 19.29-19, 27-22; con xogo igualado.
• 8. ... 31-27; 9.01-05 ... [9.16-20, 24x15; 10.11x20, 27-23; 11.20x27, 30x23; 12.01-05, 32-28; 13.03-07, 22-19; 14.06-11, 29-25; 15.02-06, 23-20; 16.06-10, 26-22; 17.17x26, 19-14; 18.10x19, 22x06 e o final é de empate] 9. ... 32-28; [Non é aconsellable 9. ... 22-19; pois tras 10.05-10, 19-15; 11.11x20, 24x15; 12.16-20 as brancas teñen unha gran vantaxe como nun choque Leopoldo Lopes vs. Antonio Russo; 19º Campionato de Portugal de Setúbal, 1999] 10.05-10 ... [10.04-07, 28-23; 11.05-10, 23-19; (Se 11. ... 29-25 a posición é a mesma que no xogo tronco na súa variante 10.04-07 xusto despois de que as negras moven 11. ... 29-26; e segue con 12.10-14) 12.16-20, 24x15; 13.11x20, 18-14! (Non 13. ... 27-23; porque tras 14.20x27, 30x23; 15.07-11 as brancas adquiren unha vantaxe moi grande) 14.02-05, 21-18: 1520-24, 18-13; e así o xogo debe quedar equilibrado] 10. ... 29-25; [10. ... 28-23; 11.10-13 ... (Se 11.03-07 traspón ao xogo Chipenhe vs. Perú que aparece na variante do tronco 9. ... 25-21; onde analizamos tamén a opción 11.10-14) 11. ... 29-25; 12.11-15, 23-19; 13.04-08, 19x12; 14.08x15, 18-14; 15.15-19, 22x15; 16.06-11, 15x06; 17.03x19, 24-20; 18.16x23, 27x20; 19.19-23, 20-15; 20.23-28, 15-11; 21.28-32, 11-07; 22.32-19, 07-03; 23.19x29, 30-27; 24.17x26, 03x30 EMP.] 11.10-13, 18-14; 12.11x18, 21x14; 13.13-18, 22x13; 14.09x18, 28-23; 15.03-07, 23-19; 16.06-11, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.16-20, 27-22; 19.18x27, 30x16; 20.07-11, 15x06; 21.02x18, 16-12; 22.17-21, 26x17; 23.18-22, 17-13 e o resultado lóxico é o empate.
8.01-05 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 8.01-05 ...
Coas mesmas intencións da xogada anterior do negro.
8. ... 28-23;
O célebre golpe por envío a dama con 8. ... 24-20 leva a un final igualado e estando na terceira sesión a Tiago non lle interesaba o empate. Efectivamente, tras 9.16x32, 22-19; 10.32x21, 26x01; 11.02-05, 01x07; 12.04x11, 25-21; 13.11-14, 29-26; 14.06-11, 26-22; 15.03-07, 21-17; 16.14-18, 22x13; 17.09x18 [EMP.], tal como aconteceu nun xogo Veríssimo Dias vs. Almostapha Rabhi; Mohamedia, Match Marrocos-Portugal do 2007.
9.05-10 ...
Se 9.11-15 mellor é conformarse coa vantaxe estratéxica que proporciona 9. ... 23-19; que coa solución táctica de 9. ... 23-20; 10.16x23, 31-28; 11.23x32, 22-19; 12.32x21, 26x01; 13.04-08, 01-14; 14.02-05, 14x01; 15.06-10, 01x12; 16.08x15, 30-26; 17.03-07, 25-21; 18.07-12, 21-18; 19.12-16, 18-14; 20.16-20, 10-10; 21.20-23, 10-06; 22.23-28, 06-03; 23.15-19, 03-16; 24.28-31 pois este final é de empate.
9. ... 31-27;
POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 31-27
Sobre este lance, o condutor das negras comenta, que é novo nos torneos portugueses pero que se xoga xa con algunha regularidade na «Ludoteka».
• 9. ... 23-19; pode ser respondido con:
► 10.16-20, 24x15; 11.11x20, 18-14; 12.02-05, 14-11; 13.06x15, 19x12; 14.20-23, 22-19; 15.04-08, 19-15; 16.10-14, 26-21; 17.13-18, 29-26; 18.05-10, 21-17; 19.23-28, 31x24; 20.18-22, 26x19; 21.14x23, 15-11; 22.08x15, 11-06; 23.23-28, 06-02; 24.15-19, 30-27; 25.03-07, 02-05; 26.19-23, 05x04 EMP. [Víctor Oliveira vs. Santos Deodato; 27º Campionato de Portugal disputado en Odemira no 2007].
► 10.03-07, 19-15; [Ou 10. ... 19-14; 11.10x19, 22x15; 12.11x20, 24x15; 13.13x22, 26x19; 14.04-08, 31-28; 15.07-11, 28-24; 16.11x20, 24x15; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 25-21; 19.11-15, 19x12; 20.08x15, 30-27; 21.16-20, 21-18 e axiña chega o empate] 11.11x20, 24x15; 12.16-20, 30-27; [Joao Oliveira gañou con negras a Santos Deodato, no Campionato de Portugal de 2002, xogando 12. ... 26-21; pero esta continuación pódese refutar con 13.20-23, 29-26; 14.13-17, 22-19; 15.09-13, 18x09; 16.10-13 e deben GB.] 13.13-17 ... [se 13.10-14, 18x11; 14.07x14, 26-21 (sería mala 14. ... 15-12; por 15.13-17 con gran vantaxe branca, pois agora 15. ... 12-08; é ben contestada con 16.06-11, 25-21; 17.11-15 etc; ou se no seu lugar fan directamente 15. ... 25-21; segue a xudía con 16.04-07 e 6-10 que deixa ás negras bloqueadas como nun xogo Vítor Cunha vs. Santos Deodato do 19º Campionato de Portugal disputado na cidade algarvía de Faro no 1999) 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 15-12; 17.20-24, 29-26; 18.02-05 para empate] 13. ... 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.10-14, 26-22! [ Se 15. ... 13-09; (unha orde de xogadas que constitúe unha imprecisión) 16.20-24 ... (as brancas non aproveitan a ocasión pois agora con 16.04-08 quedaban nunha posición fantástica) 16. ... 26-22; 17.04-08 ... (17.14-19, 15-12!) 17. ... 27-23; 18.14-18, 22x13; 19.06-10, 13x06; 20.02x27, 31x22; con empate rápido como nun enfrontamento Joao Oliveira vs. Santos Deodato do 12º Campionato de Portugal de Odemira, 2002] 16.20-24, 13-09; 17.04-08 e segue igual que no xogo que acabamos de ver.
• 9. ... 25-21; 10.13-17, 31-27; [Se 10. ... 29-25; con 11.10-13, 31-27 nada varía con respecto a primeira das variacións que expoñemos a continuación; pero en cambio non é bo 10. ... 30-27; xa que as brancas alcanzan unha formidable posición despois de 11.11-15. Posible era 10. ... 23-19; 11.03-07, 19-14; 12.10x19, 22x15; 13.11x20, 24x15; 14.16-20, 30-27; 15.20-24, 29-25; 16.06-11 con igualdade] e se agora:
► 11.10-13, igual que na liña 7. ... 25-21; 8.13-17, 31-27; na súa ramificación con 10. ... 28-23; que como vimos tamén segue con 11.10-13, 31-27 para empate.
► 11.03-07, 29-25; 12.10-13 ... [12.10-14, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.07-12, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.12-15, 13-09; 17.06-10, 18-13; 18.10-14, 13-10; 19.15-19, 23-29; 20.16x23, 27x20; 21.19-22, 26x19; 22.14x23, 10-05; 23.23-28, 05-01; 24.28-31 con final de empate] 12. ... 18-14; 13.11x18, 21x14; 14.13-18, 22x13; 15.09x18, 23-20; [15. ... 23-19; 16.06-11, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.16-20, 27-22; 19.18x27, 30x16; 20.07-11 EMP.] 16.16x23, 27x20; 17.07-12 ... [Un descoido que case costa o punto, pois con 17.04-08, 20-15; 18.18-22, 26x19; 19.06-11, 15x06; 20.02x18, 19-14; 21.18-22, 14-10; 22.22-26 alcanzábase o empate] 17. ... 14-11; 18.06x15, 20x11; 19.17-21, 26x17; 20.18-22 ... [20.12-15 aínda podía conseguir o empate tras numantina defensa] 20. ... 17-13; 21.12-15, 13-10; 22.15-19, 10-06; 23.19-23, 06-03; 24.23-28, 03-12; [GN.] como nun xogo Pedro Chipenhe vs. Antonio Perú do 13º Campionato de Portugal; Setúbal, 1993.
► 11.10-14, 29-25; 12.04-07, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.06-10, 13-06; 15.03x10, 27-22; 16.07-12, 22-19; 17.11-15, 26-22; 18.17x26, 30x21; 19.02-05, 22-18; 20.15x22, 18x11; 21.22-27, 11-06; 22.27-30, 06-02; 23.30x17, 02x09; 24.17-26, 09-27; 25.10-14, 27-30; 26.14-19 EMP.
10.10-14 ...
Outras posibles rutas podían ser:
• 10.13-17, 18-13; [Non 10. ... 26-21; 11.17x26, 30x21; 12.04-08 con gran vantaxe das brancas] 11.09x18, 22x13; 12.03-07, 27-22; 13.11-14, 13-09; 14.04-08, 22-19; 15.16-20, 24x15; 16.07-11, 26-22; 17.11x27, 30x23; e a posición está máis ou menos equilibrada.
• 10.04-07, 26-21; 11.13-17, 29-26; 12.10-14, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.07-12, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.12-15, 27-22; 17.15-20 ... [Ou 17.03-07, 13-09; 18.16-20, 23x16; 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 22-19; 21.20-24, 26-21; 22.17x26, 30x21; 23.06-11, 19-14; 24.24-28, 16-12 con igualdade] 17. ... 24x15; 18.11x27, 30x23; 19.06-11, 22-19; 20.03-07, 13-10; 21.11-15 con final empatado como nun xogo práctico A. Huggins vs. R. Chamberlain disputado no 1975 e que foi incluído por Richard Pask no seu libro «Damas do Século XXI» no tomo da «Paralela».
• 10.04-08, 25-21; [Se 10. ... 23-19; 11.16-20, 24x15; 12.11x20, 27-23; 13.20x27, 30x23; 14.08-12, 23-20; 15.12-16 con posición equivalente] 11.11-15 ... [Con idea de se 11. ... 21-17; seguir con 12.16-20 e 15-19 para entrar en dama con 13x31] 11. ... 23-19; 12.06-11, 19x12; 13.08x15, 27-23; 14.03-06, 23-19; 15.15-20, 24x15; 16.11x20, 18-14; 17.13-18, 14x05; 18.18x27, 30x23; 19.20x27, 19-15; 20.06-11, 15x06; 21.02x11, 05-01; 22.27-31 con final igualado.
10. ... 26-21;
Interesante continuación para seguir loitando na busca do punto enteiro. Richard Fortman en «Basic Checkers» clarifica inmediatamente o xogo tras os cambios que xorden despois de 10. ... 23-20.
11.13-17 ...
Se 11.06-10, 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.03-07, 29-25; 14.11-15, 23-19; 15.07-12, 27-23; 16.02-06, 18-14; 17.16-20, 23x07; 18.04x27, 19x12; 19.27-31, 12-07; 20.13-18, 07-04; con igualdade.
11. ... 22-19; 12.17x26, 29x22; 13.14x21, 25x18; 14.03-07 ...
Tamén se podía intentar a defensa con 14.06-10, 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.10-13, 18-14; 17.13-18, 22x13; 18.09x18, 30-26; 19.02-05, 14-11; 20.05-09, 15-12; 21.09-13, 12-07; 22.03x12, 11-06; 23.13-17 que leva ao empate.
14. ... 19-15; 15.11x20, 24x15; 16.04-08 ...
Despois desta xogada, salvar o xogo parece misión dificultosa. Porén aínda era posible 16.07-11, 15-12; [16. ... 23-20; 17.16x23, 27x20; 18.06-10, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.04-07, 19-15; 21.10-14, 15x06; 22.14x21, 06-03; 23.21-25, 03x12; 24.25-29, 20-15; 25.29-25 EMP.] 17.11-14, 18x11; 18.06x15, 22-18; 19.02-06, 27-22; 20.06-10, 23-19; 21.15-20, 18-14; 22.10-13, 14-10; 23.20-24, 10-05; 24.13-18, 22x13; 25.09x18, 19-14; 26.18-21, 14-11; 27.21-25, 12-07; 28.24-28 EMP.
16. ... 22-19; 17.07-11, 23-20; 18.16x23, 27x20; 19.06-10, 15x06; 20.02x11, 19-15;
Aquí as negras comezaron a refregar as mans. Xa albiscaban un final netamente favorable de tres peóns contra tres.
21.10-14, 15x06; 22.14x21 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 22.14x21 ...
Este o momento culminante do xogo.
22. ... 06-03 [??];
Tiago confesou que a precipitación levouno a cometer este grande erro. Como lle demostrou ao rival unha vez terminada a sesión, as negras gañaban xogando primeiro 22. ... 20-15. Pois se 23.09-13, 06-03; con estas posibles opcións:
- 24.13-18, 03-13; 25.21-15, 13x27 GN.
- 24.13-17, 03-16; 25.21-25 ... [Se 25.21-26, 30x21; 26.17x26, 16-30 GN.] 25. ... 30-26; 26.25-29 ... [Ou 26.08-12, 15x08 GN.] 26. ... 26-22; 27.29x12, 16x07 GN.
23.08-12, 03x16;
[Resultado: EMPATE].
[Resultado: EMPATE].
Seguiría 24.21-25, 16-12; [Se 24. ... 16-07; 25.25-29 e a dama corta o paso dos peóns] 25.25-29, 12-08; 26.29-25 e nada máis se pode intentar.
A sesión rematou con empate nos 4 xogos, sendo Manuel Cardoso o único adversario que conseguiu aguantar ante o campión.
* * *
Manuel Madureria vs. Pedro Monteiro
X Campionato de Portugal de Rápidas
Sao Joao da Madeira, 2011
Sao Joao da Madeira, 2011
4º xogo da 2ª sesión
1.10-13 ...
A «Apertura Crítica» tamén coñecida como a «Bristol». Empregada para tratar de escapar dos terreos máis coñecidos da máis forte das saídas: 1.10-14.
1. ... 21-18;
Casualmente a mesma resposta que no primeiro xogo que presentamos hoxe. Non aparece nos tratados dos clásicos españois e foi primeiramente estudada en Italia por Lanci no seu «Tratado Teórico Práctico do Xogo de Damas» publicado no 1837. Alí designárona como a «Contra-Meta» porque impide a conquista da casiña de «18» á que os italianos lle chaman «Meta».
2.05-10 ...
Tamén son de uso vulgar 2.12-15 ou 2.11-15, pero a xogada de Madureira é a máis lóxica e flexible. Segue o principio estratéxico de desenvolver primeiro o «Flanco de Río» e agarda un lance máis en configurar definitivamente a súa estrutura.
2. ... 23-20;
Enfraquece un pouco o xogo ao mover para un lado. A resposta máis sólida é 2. ... 23-19.
3.12-15 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 3.12-15 ...
Impedindo a mellor opción das negras que neste caso era a ocupación da casa «Dique» de «15».
3. ... 28-23;
O sempre natural desenvolvemento ao longo do «Río».
4. 10-14 ...
Aproveitando que as negras teñen colocado o peón en «20» e non en «19» para atacar desde o centro o lado máis débil do rival.
4. ... 26-21;
Unha posición que se pode alcanzar por transposición nunha liña atípica da «Partida Anderson» con: 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22; 3.05-10, 23-20; [O usual é 3. ... 23-19;] 4.10-13, 28-23.
Unha forma diferente de taponar o burato era:
• 4. ... 25-21; 5.13-17, 31-28; [Se 5. ... 20-16; 6.08-12, 31-28; só altera a orde, pero en cambio sería mala 6. ... 29-25; que concede unha gran superioridade as brancas tal como se pode ver na seguinte continuación 7.01-05, 31-28; 8.05-10, 18-13; 9.09x18, 22x13; 10.04-08, 23-20; 11.15-19, 13-09; 12.19-23, 28x19; 13.14x23, 27-22; 14.12-15, 22-18; 15.10-14, 18-13; 16.23-28, 32x23; 17.15-19, un gañan brancas que aconteceu no xogo Silva Pereira vs. Sergio Bonifacio do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000] 6.08-12; 20-16; 7.01-05, 23-19; [Non 7. ... 29-25 que traspón ao xogo que acabamos de citar] 8.14x23, 28x19; 9.05-10, 27-23; 10.11-14, 18x11; 11.07x14, 16x07; 12.03x12, 21-18; 13.14x21, 29-25; 14.06-11, 25x18; 15.09-13, 18x09; 16.10-13, 26-21; 17.17x26, 30x21; 18.13-17, 21-18; 19.17-21, 19-14; 20.21-16, 14x07; 21.04x11, 18-13; 22.26-30, 13-10; 23.30x16, 10-06; 24.16-23,06-03; 25.12-16, 03-07; 26.23-14, 22-19; 27.15x22, 32-28; 28.14x32, 07x31 [EMP].
Outras opcións son:
• 4. ... 20-16; [Variante coñecida como a «Pioneira»] 5.14x21, 26x10; 6.06x13 con estas posibles continuacións xa xogadas en campionato:
► 6. ... 23-19; 7.13-18, 19x12; 8.08x15, 22x13; 9.09x18, 32-28; 10.11-14, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.01-05, 25-21; [As negras están nunha posición difícil de xogar e quizás a mellor defensa sexa 12. ... 28-23; 13.05-09, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08, 16-12; 16.07x16, 30-26; 17.03-07, 23-19; 18.15x22, 26x19; 19.07-12, 18-14; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 14-11; 22.02-06, 11x02; 23.09-13, 02x20; 24.16x23 EMP.] 13.05-09, 29-25; 14.14-19, 30-26; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 21-18; 17.12-16, 25-21; 18.16-20, 21-17; 19.04-07, 18-14; 20.20-23, 14-10; 21.23x32, 10-06; 22.02x11, 24-20; 23.15x24, 22x06; 24.07-12, 06-03; 25.12-16, 03-07; 26.09-13, 17x10; GB. [Vaz Vieira vs. Delfim Alves do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].
► 6. ... 25-21; 7.01-05, 21-18; 8.13-17, 23-19; 9.05-10, 19x12; 10.08x15, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 32-28; 13.10-14, 28-23; [Permite 14.17-21 con vantaxe que pode ser decisiva. A mellor defensa era 13. ... 30-26; 14.14-18, 28-23; 15.18-21, 26-22; 16.11-14, 16-12; 17.07x16, 22-19; 18.15x22, 27x11; 19.21-25, 24-20; 20.17-21, 20-15; 21.21-26, 29x22; 22.25-29, 23-19; 23.29-26, 15-12; 24.26-17, 19-15; 25.17-03, 22-19; 26.03-17, 12-07; 27.02-05, 07-03; 28.05-10, 03x13; 29.17x23, 11-06; 30.23-19, 15-11; 31.19-12, 06-03; EMP.] 14.15-19 [?] con posterior empate [José Carlos Anjos vs. Santos Deodato do 19º Campionato de Portugal en Faro, 1999].
► 6. ... 30-26; 7.01-05, 25-21; 8.05-10, 23-20; 9.13-17, 27-23; 10.10-13, 21-18; 11.02-05, 31-28; 12.05-10 ... [Moito máis forte é 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 20x11; 14.14-18, 22-19; 15.18-21, 26-22; 16.21-26 cunha apreciable vantaxe, pero aínda así pensamos que as negras poden empatar con 16. ... 11-07!; 17.03x12, 16x07; 18.04x11, 23-20; ao que podía seguir: 19.17-21, 19-15; 20 11-14, 22-19; 21.14x23, 28x19; 22.21-25, 29x22; 23.25-29, 20-16; 24.29-26, 32-28; 25.26-29, 28-23; 26.29-26, 23-20; 27.26-29, 16-12; 28.29-25, 20-16; 29.05-10, 22-18; 30.25x23, 12-07; 31.23-20, 15-12; 32.08x15, 07-04; 33.20-23, 04-08; 34.23-14, 08x29 EMP.] 12. ... 23-19; 13.11-14, 18x11; 14.07x23, 28x12; 15.08x15, 20x11; 16.10-14, 16-12; 17.14-18, 22-19; 18.18-21, 26-22; 19.21-26, 11-07 para posterior empate [Vaz Vieira vs. Joao Oliveira disputada no 22º Campionato de Portugal; Odemira, 2002].
• 4. ... 32-28; 5.14x21, 26x10; 6.06x13 .. e agora:
► 6. ... 30-26; 7.13-18, 22x13; 8.09x18, 26-21; [Se 8. ... 26-22; 9.07-12, 22x13; 10.12-16, 27-22; 11.02-06, 13-09; 12.15-19 e as brancas teñen vantaxe aínda que neutralizable] 9.08-12, 21x14; 10.11x18, 20x11; 11.07x14, 27-22; 12.18x27, 31x22; con lixeira vantaxe das brancas.
► 6. ... 25-21; 7.01-05, 21-18; 8.05-10, 20-16; 9.13-17, 18-13; 10.09x18, 22x06; 11.03x10, 27-22; 12.17-21, 31-27;13.10-14, 22-18; 14.08-12, 27-22; 15.02-06, 24-20; 16.15x31, 22-19; 17.31x09, 19x03 e as brancas teñen mellor final, aínda posiblemente o resultado sexa de empate.
► 6. ... 22-18; 7.13x22, 27x18; 8.01-05 ... [8. ... 20-16; 9.05-10, 31-27; 10.10-13, 27-22; con gran vantaxe das brancas tal como nun xogo Santos Deodato vs. Santos Cordeiro do 11º Campionato de Portugal; Almada, 1991] 8. ... 25-21; 9.05-10, 29-25; 10.10-14, 20-16; 11.15-19, 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.19-22, 23-19; 14.11-15 con posterior empate [Vaz Vieira vs. Orlando Fonseca do 3º Campionato de Portugal; Almada, 1983].
5.13-17 ...
Máis incisiva que 5.06-10, 20-16: 6.13-17, 18-13; 7.09x18, 22x06; 8.03x10, 21-18: 9.14x21, 25x18; 10.17-21, 31-28; 11.01-05 ... [Así perden por envío a dama. Correcto era 11.08-12, 27-22; 12.21-25, 23-20; 13.10-14, 18-13; 14.14-18, 30-27; 15.01-05, 13-10; 16.05x14, 22x13; 17.14-19, 28-23; 18.19x28, 32x23; 19.15-19, 23x14; 20.11x18, 13-10; 21.12-15, 20x11; 22.07x14, 16-12; 23.14-19, 12-07; 24.04x11, 10-06; 25.19-22, 27-23; 26.22-27, 06-03; 27.27-31, 03-06; 28.31-28, 06-20; 29.28x05, 20-30; 30.18-22, 24-20; 31.05-19, 30-21; 32.22-27, 20-15; 33.19x08, 21-14 EMP.] 11. ... 30-26; 12.21x30, 23-20; 13.30x23, 28x03; 14.04-07, 03x17; 15.02-06, 17x12; 16.08x15 GN. [Joao Carlos vs. Vaz Vieira do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003].
5. ... 30-26;
Contra 5. ... 29-26; as brancas quedan moi ben. Pois tras 6.01-05, 20-16; 7.05-10, 18-13; 8.09x18, 22x13; 9.08-12, 32-28; 10.04-08, 13-09 adquiren unha gran vantaxe. En cambio se 6.08-12, 20-16; 7.06-10 ... [Posición alcanzada do seguinte modo: 1.10-14, 23-20; 2.12-15, 28-23; 3.06-10, 22-18; 4.10-13, 26-22; 5.13-17, 29-26; 6.08-12, 20-16; 7.05-10 nun xogo Justino Miguel vs. Veríssimo Dias; Torneo das Festas Bocageanas disputado en Setúbal neste ano 2011. Aínda que con este orde sería mellor 7.03-06, 31-28; 8.05-10, 23-19; 9.14x23, 28x19; 10.10-13, 27-23; 11.06-10 con enorme superioiridade das brancas] 7. ... 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 21-18 con xogo igualado.
Malo sería 6.02-05, escollido nun xogo Joao Oliveira vs. Veríssimo Dias do 22º Campionato de Portugal disputado en Odemira, 2002; pois no sitio de 20-16 que foi o lance que se xogou, as negras dispoñen do golpe: 6. ... 23-19; 7.14x23, 18-14; 8.11x18, 20x02; [GN].
6.08-12 ...
Bo lance. Nesta altura o lector debe notar que o xogo foi a desembocar nos rumbos da «Partida Confusa».
• Se agora 6.06-10 estamos nunha das súas fugas máis famosas que habitualmente adoita ser construída do seguinte xeito:
1.10-14, 22-18; 2.06-10, 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 27-22; 5.13-17, 30-27; [5. ... 31-27 é aínda máis común] 6.05-10 e velaquí temos a posición. Agora pode seguir 6. ... 18-13; [Se 6. ... 20-16; 7.08-12 traspón ao noso xogo principal] 7.09x18, 22x06; 8.03x10, 27-22; 9.01-05, 22-18; 10.05-09, 20-16; 11.15-19, 31-27; 12.19x28, 32x23; 13.08-12! ... [Tendendo unha astuta celada] 13. ... 18-13; [As negras pican. Correcto era 13. ... 27-22; 14.12-15, 22-19; cunha mínima vantaxe branca] 14.09x18, 26-22; 15.17x26, 22x06; 16.12-15, 29x22; 17.15-19 GB. Golpe de Taddeus, co que rematou un duelo no ano 1906 conseguindo así facer desta variante unha celebridade.
• O mestre portugués Daniel Machado ten xogado 6.02-05. Un dos seus enfrontamentos continuou con 6. ... 32-28; 7.06-10, 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.5-9, 21-18; 11.14x30, 20-16; 12.30x20, 22-19; 13.15x22, 24x06; 14.10-14, 06-02; 15.01-05, 02-20; 16.05-10, 20-06; [As negras son as que teñen que ir polo empate, pero a continuación escollida parecenos moi arriscada. Mellor era tratar de aguantar con 16. ... 20-23;] 17.08-12,06x27; 18.14-18, 27x13; 19.09x18, 29-26; 20.12-15, 26-22; 21.18x27, 31x22; 22.15-20, 28-24;23.20-23, 22-19; 24.23-28, 19-15; 25.28-31, 15-12; 26.31-09, 12x03; 27.04-07, 03x12; 28.17-21 GB. [Daniel Machado vs. José Calado do 1º Campionato de Portugal; Lisboa, 1981].
6. ... 20-16;
POSICIÓN DESPOIS DE 6. ... 20-16
O xogo está sumamente interesante. Se agora 7.02-05 as negras poden replicar con 7. ... 32-28; e tras 8.06-10 entramos na coñecida como «Partida Confusa do Norte» que normalmente é atinxida así: 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 27-22; 3.12-15, 23-20; 4.08-12, 20-16; 5.02-05, 28-23; 6.10-13, 32-28; 7.06-10 ... [Con este lance fórmase a «Variante do Norte», mais as brancas tamén dispoñen de 7.04-08 que sería a «Partida Confusa do Sur»] 7. ... 30-27; 8.13-17! [Alcanzando a posición comentada]. Agora a mellor continuación é 8. ... 18-13; evitando a terrible ameaza 10-13.
7.06-10 ...
Tras esta xogada branca alcánzase unha posición dunha fuga da «Confusa» que se constrúe comezando coa tradicional apertura 1.10-14, 22-18; 2.06-10 ou coa «Central Clásica»: 1.11-14, 22-18; 2.06-11 e logo 2. ... 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 26-22; 5.08-12, 20-16; 6.13-17, 30-26; 7.05-10 tal como sucedeu nun enfrontamento Manuel Custodio vs. Víctor Oliveira do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003.
7.06-10 ...
Tras esta xogada branca alcánzase unha posición dunha fuga da «Confusa» que se constrúe comezando coa tradicional apertura 1.10-14, 22-18; 2.06-10 ou coa «Central Clásica»: 1.11-14, 22-18; 2.06-11 e logo 2. ... 23-20; 3.12-15, 28-23; 4.10-13, 26-22; 5.08-12, 20-16; 6.13-17, 30-26; 7.05-10 tal como sucedeu nun enfrontamento Manuel Custodio vs. Víctor Oliveira do 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003.
7. ... 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.01-05, 23-20;
Ou 10. ... 32-28; 11.14-19, 23x14; 12.11x27, 31x22; 13.10-14, 28-23; 14.07-11, 16x07; 15.14-19, 23x14; 16.11x27, 07-03; 17.27-31, 26-22 con gran vantaxe das brancas.
11.05-09 ...
Curiosamente nun enfrontamento entre Víctor Nedio e o Dr.Vaz Vieira disputado no 28º Campionato de Portugal tamén se chegou a esta posición despois de comezar cunha «Anderson» en orde cambiada: 1.12-15, 21-18; 2.10-14, 26-21; [Que é o mesmo que o tradicional 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22 ] 3.05-10, 23-20; [Liña irregular] 4.10-13, 28-23; 5.13-17, 30-26; 6.08-12, 20-16; 7.06-10, 18-13; 8.09x18, 22x06; 9.03x10, 27-22; 10.01-05, 23-20; e 11.05-09.
11. ... 31-28;
POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 31-28
No citado xogo do comentario anterior, o disputado entre o actual presidente da Federación Portuguesa e o campión nacional de «lentas», seguiuse con:
11. ... 22-18; 12.09-13, 18x09; 13.15-19, 20-15; 14.11x20, 24x08; 15.19-23, 31-28; 16.23-27, 26-22; 17.17x26, 22-19; 18.14x23, 29x22; 19.27-30, 28x19; 20.30-26, 25-21; 21.26x17, 19-15; 22.10-14, 15-12; 23.17-03, 32-28; EMP. [Víctor Nedio vs Vaz Vieira do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].
12.14-19, 28-23; 13.19x28, 32x23; 14.02-05 ...
No outro dos xogos mencionados, o de Custodio vs. Oliveira disputado no Nacional de Faro (2003), puidemos ver este desenvolvemento final 14.09-13, 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.02x11, 21-18; 18.23-27, 18x09; 19.27-31, 22-19; 20.11-14, 19-15; 21.12x19, 26-21; 22.17x26, 29x15; 23.31-22, 09-05; 24.22x08, 05-01; 25.08-19, 25-21; 26.10-13, 01-10; 27.14-18, 10x32; 28.18x25, 16-12; 29.07x16, 24-20; 30.16x23, 32x17; EMPATE.
14. ... 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.23-28, 06-02;
No outro dos xogos mencionados, o de Custodio vs. Oliveira disputado no Nacional de Faro (2003), puidemos ver este desenvolvemento final 14.09-13, 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.02x11, 21-18; 18.23-27, 18x09; 19.27-31, 22-19; 20.11-14, 19-15; 21.12x19, 26-21; 22.17x26, 29x15; 23.31-22, 09-05; 24.22x08, 05-01; 25.08-19, 25-21; 26.10-13, 01-10; 27.14-18, 10x32; 28.18x25, 16-12; 29.07x16, 24-20; 30.16x23, 32x17; EMPATE.
14. ... 23-19; 15.11-14, 20x11; 16.14x23, 11-06; 17.23-28, 06-02;
REMATE DE MADUREIRA
[Xogan brancas e gañan]
POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 06-02
O empate podíase conseguir con 17. ... 22-18. Unha pena pois Monteiro estábase defendendo ben e co reloxo alterando os nervios comete un erro determinante.
As brancas non desaproveitan a ocasión e rematan de modo lucido.
18. ... 02x20; 19.07-11, 20x13; 20.09x27 ...
[Resultado: 1-0]
[Resultado: 1-0]
E aquí Madureira veu como, en sinal de abandono, o seu rival depositaba as fichas comidas enriba do taboleiro. O simpático damista da barba branca gañou a sesión grazas á súa vitoria neste xogo. Os tres restantes terminaron en empate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario