Geordie o «Neno» Buchanan
[Debuxo do libro do Torneo Escocés do ano 1895]
George Buchanan, coñecido como o «Neno» ou Geordie, foi un dos mais grandes xogadores de todos os tempos. Naceu no barrio de San Mungo en Glasgow [Escocia] o 12 de febreiro do ano 1876. Empezou a participar en competicións aos 15 anos e axiña alcanzou unha gran popularidade entre a elite dos círculos damistas. Posuía unha memoria fóra do común e unha extraordinaria destreza para calcular os lances, era un analista formidábel e cos ollos vendados podía xogar exitosamente contra varios adversarios á vez.
Desde a
primeira edición no ano 1893, sempre participaba no «Torneo Escocés», un campionato de carácter aberto que se celebraba nos primeiros días do mes de xaneiro e que naquel tempo estaba considerado como o máis forte do mundo.
Neste prestixioso evento conseguiu dous segundos postos nos anos 1895 e 1903, pero o seu máis grande
éxito chegou cando logrou o famoso «Hat trick» vencendo
sucesivamente nas edicións do 1905, 1906 e 1907. Tamén representou ao seu país
en tres ocasións, ao ser seleccionado para disputar o 2º, 3º e 4º matches
contra Inglaterra. Igualmente formou parte da grande escadra británica que
derrotou aos americanos no famoso encontro internacional de Boston no ano 1905. A súa carreira
truncouse de xeito inesperado co seu prematuro falecemento o 5 de agosto do ano
1910 a
consecuencia dunha enfermidade pulmonar [posibélmente silicose] derivada da súa
profesión de canteiro-marmorista.
Cando a
selección escocesa de damas chegou a Londres para disputar o 2º Match contra
Inglaterra, J. A. Kear, representante do equipo anfitrión quedou completamente
extrañado ao ver entre os seus rivais a un descoñecido de curta idade e menuda
estatura. Mirou para os seus compañeiros é exclamou: «Por Xúpiter!, pero este
rapaz sabe xogar?».
Deseguido
imos ver se ese rapaz sabía ou non sabía xogar.
* * * * *
James A. Kear [pai] vs. George
Buchanan
2º Match Escocia vs. Inglaterra
Primeira Sesión [14 de maio]
Salón do Café Cyprus [Londres, 1894]
________________________________________________________
1.10-14 ...
A movida
recomendada polos teóricos como a máis forte. Este match foi disputado pouco
antes da introdución das aperturas sorteadas a dous lances e nese tempo a gran
maioría dos xogos comezaban deste xeito. Os mestres coñecían os segredos da
teoría e, como imos ver, resultaba enormemente complicado poder sorprender ao
rival.
1. ... 22-19
Unha das
réplicas máis populares. A terceira en orde de preferencias, por detrás da habitual
«Partida do Río» construída con 1. ... 23-19 ou da clásica 1. ... 22-18.
O peón
desprázase en sentido cruzado con respecto ao movemento do primeiro xogador.
Por tal motivo esta apertura, coñecida desde que Lorenzo Valls publicou o seu
tratado no 1597, denomínase como a «Diagonal Cruzada». As negras crean un oco
na parte do dobre curruncho, pero prepáranse para repeler o asalto branco a esa
zona cunha reacción central.
2.05-10
...
A experiencia
demostrou que o ataque ao «dique» con 2.14-18 dirixíndose ao lado debilitado do
rival non resulta demasiado produtivo cando as negras forman unha «frecha» con
peóns nos cadros «19», «23» e «28». Kear, coñecedor destes pequenos detalles,
emprega un plan totalmente diferente. Co lance efectuado pretende explotar o
exceso de pezas negras no «Río» e xoga con idea de retardar a súa mobilidade.
Dúas
interesantes alternativas son as liñas con 2.12-15 ou 2.11-15, aínda que
permiten ao negro desenvolverse de modo máis desafogado.
2. ... 26-22
POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 26-22
A
«Merengo» ou «Liña Inglesa», habitual na modalidade anglo-americana e agora xa bastante
utilizada nas damas clásicas. Con todo, durante anos permaneceu inmerecidamente
abandonada debido ás desfavorables referencias con que foi reseñada no «Tratado
da Enciclopedia Damista».
● A defensa
con máis tradición é 2. ... 27-22; [A liña dos
tratadistas clásicos españois que no seu tempo utilizara con grande éxito
Jacinto Alves, máis coñecido como «Nosa Amizade», sub-campión portugués no
primeiro torneo oficioso que se disputou en Lisboa no ano 1957 e no que a punto estivo de arrebatar o título ao Dr. OAL] Correntemente segue con 3.11-15, 21-18;
4.14x21 e agora as negras poden escoller:
POSICIÓN DESPOIS DE 4.14x21 ...
a) 4. ... 25x18; [A captura
natural formando unha posición que tamén se pode alcanzar desde a «Diagonal
Transversal» con 1.10-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.05-10, 23-19; 4.11-15,
27-23] 5.10-13 ... [O célebre ataque de Juan García Canalejas (Tratado de 1650)] 5. ... 19-14; [Se 5. ... 18-14;
6.06-11!, 14-10; 7.11-14, 23-20; 8.14x23, 20x11; 9.07x14, 28x19; 10.14x23 con
vantaxe branca. Ou se 5. ... 26-21; 6.13-17, 23-20; 7.17x26, 30x21;
8.07-11, 21-17; 9.06-10!, 20-16; 10.02-05, 16x07; 11.03x12, 29-25; 12.12-16 e as
brancas están lixeiramente mellor] 6.13-17 ... [6.15-19, 22x15;
7.13x22, 26x19; 8.07-11, 14x07; 9.04x27, 31x22; 10.09-13, 28-23 con xogo
equivalente como nun enfrontamento Luis Leite vs. Delfim Alves do Torneo de
Romariz, 2011] 6. ... 23-19; 7.01-05, 28-23; 8.06-11,
32-28; [8. ... 30-27; 9.03-06, 23-20; 10.09-13, 18x09;
11.11x18, 22x13; 12.15x22, 26x19; 13.06-10, 13x06; 14.02x11, 09x02; 15.11-15,
20x11; 16.07x30 con final igualado] 9.09-13, 18x09;
10.11x27, 31x22 e aqui fou acordado o empate nun xogo Manuel Capote vs. Santos
Deodato do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].
b) 4. ... 26x17; 5.06-11, 31-27; [Unha posición que no «Tratado da Enciclopedia Damista» alcánzase coa
variante: 1.10-14, 22-19; 2.05-10, 27-22; 3.11-15, 31-27; (A favorita do
Jacinto «Nosa Amizade») 4.06-11, 21-18; 5.14x21, 26x17] 6.10-13, 17x10; 7.09-13, 10-06!; [Erroneamente
catalogada como “perdente” no «TED»
que recomenda 7. ... 19-14; 8.11x18, 29-26; 9.02-05, 23-20; 10.05x14, 20x11;
11.14-19, 22x15; 12.07x14, 24-20; 13.12x19, 20-15; 14.01-05, 28-23; 15.19x28,
32x23; 16.05-09, 15-11; 17.08-12, 23-19; 18.14x23, 27x20; 19.12-15, 11-06
EMPATE segundo unha análise de Joaquim Bravo e o Dr. Sena Carneiro] 8.03x10, 25-21; 9.13-17, 29-26; 10.02-05! ... [O citado tratado portugués segue coa máis frouxa
10.01-05] 10. ... 23-20; e agora 11.05-09 ... [Aínda que tamén é interesante o envío a dama con
11.12-16] 11. ... 21-18; 12.09-13, 18x09; 13.10-13,
19-14; 14.11x18, 20x11; 15.07x14, 28-23; 16.18-21, 22-19; 17.14-18, 09-05;
18.01x10, 24-20; 19.12-16, 20-15; 20.04-07 EMP. [Triturator 4.5 vs. Triturator 4.0; xogado nun torneo de programas para PC].
● Moi
interesante é a réplica 2. ... 21-17; da que
ofrecemos estes posibles seguimentos:
► 3.01-05,
25-21 [Traspoñendo á «Arysire Lassie», unha liña da «Diagonal Marxinal» construída con 1.10-14, 21-17; 2.05-10, 25-21; 3.01-05, 22-18 ou 22-19 como no noso caso] e se:
POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 25-21
a) 4.09-13, 27-22; 5.14-18 ... [Ou 5.05-09, 29-25; 6.12-16, 31-27; con posibilidades equivalentes como no decisivo choque José Carlos Anjos vs. Fernando Gonçalves do Torneo de Setúbal do ano 2003] 5. ... 21x14; 6. 11x27, 31x22; 7.06-11, 29-25; 8.05-09, 24-20; 9.11-14 ... [Mala é 9.12-15 pois tras 9. ... 19x12; 10.08x31, 26-21; 11.31x18, 21x05; 12.13-18, 05-01; as negras teñen vantaxe. Pero en cambio 9.12-16 era unha boa alternativa] 9. ... 20-16; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.14x23, 28x12; 13.04-08, 32-28; 14.08x15, 25-21; 15.02-06, 28-23; e xa nesta altura podemos dicir que a iniciativa branca está neutralizada. O xogo está equilibrado.
b) 4.12-16, 26-22; 5.14-18, 21x14; 6.11x18, 22x13; 7.09x18,
24-20; [ou 7. ... 19-14 como nun xogo Vaz Vieira
vs. Víctor Oliveira do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] 8.07-12, 20-15; 9.04-07, 28-24; 10.06-11, 15x06;
11.02x11, 27-22; 12.18x27, 31x22; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 30-26 con equilibrio.
c) 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 23-19!; 6.15x22, 26x19;
7.14x23, 28x19; 8.11-14, 27-23; 9.06-11, 24-20; 10.04-08, 32-28; 11.09-13,
28-24; 12.05-09, 29-25 con xogo máis ou menos equivalente.
► 3.12-15, 19x12;
4.08x15, 25-21; 5.02-05 ... [Ou 5.01-05 como
na liña con 3.01-05, ramificación «c»] 5. ...
23-19; 6.15x22, 26x19; 7.14x23, 28x19; 8.07-12, 31-27; 9.11-15, 27-22;
10.06-11, 28-23; [As negras deben xogar con moito coidado
pois hai moitos trucos nesta liña que favorecen ao primeiro xogador] 11.12-16, 19x12; 12.03-07, 12x03; 13.11-15, 03x13;
14.09x27, 23-19; 15.15x22, 30x23; 16.05-10, 21-18; 17.22-27, 29-25; 18.27-31,
25-21!; 19.31x13, 21-18; 20.13x20, 25x15 e as negras conseguen empatar.
► 3.14-18, 19-14;
4.10x19, 23x14; 5.12-15, 26-21; 6.02-05, 28-23; 7.06-10, 32-28; 8.10x19, 23x14;
9.08-12, 29-26; 10.12-16, 17-13; 11.05-10, 14x05; 12.01x17, 21x14; 13.11x18,
28-23; 14.09-13, 23-20; 15.16x23, 27x11; 16.07x14, 24-20 con igualdade.
► 3.12-16 ... [Desembocando
nunha variante da «Edimburgo» habitualmente construída con 1.12-16, 21-17;
2.10-14, 22-19; 3.05-10] 3. ... 19-15; [Ou 3. ... 25-21; 4.01-05 traspoñendo á liña 3.01-05 na
súa ramificación «b»] 4.11x20, 24x15; 5.07-12,
26-21; 6.12x19, 21-18; 7.14x21, 23x05; 8.01x10, 25x18 tamén con equilibrio tal
como nun xogo Delfim Alves vs. Luis Sá; Torneo Distrital do Porto, 2011.
●
Máis frouxa é a fuga 2. ... 19-15; denominada no «TED» como a «Boston Cross» [a Cruzada de Boston], un nome
tomado de antigos tratados do século XIX. Na literatura moderna é máis coñecida
como a «Waterloo», en clara alusión a que as negras xogan con lixeira desvantaxe e, sen unha
óptima preparación, poden ser estrepitosamente derrotadas tal como, na batalla
do mesmo nome, lle sucedeu ás tropas napoleónicas.
Despois
dos cambios con 3.12x19, 21-18; 4.14x21, 23x05; 5.01x05, 25x18 pódese comprobar
que a estrutura branca manténse perfectamente sólida, mentres as negras quedan coa
infantería de peóns moi retrasada e co flanco do dobre curruncho algo
debilitado. A loita pode seguir con:
POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 25x18
6.10-14,
26-21; 7.08-12 ... [7. ... 28-23; 8.06-10,
27-22; (Ou 8. ... 23-20 traspoñendo á liña básica)
9.12-15, 32-28; 10.07-12, 23-20; 11.12-16, 28-23; 12.03-07, 30-26; 13.07-12, 22-19;
14.15x22, 26x19; 15.04-08, 20-15; 16.11x27, 18x11; 17.27-30, 11-06; 18.02x11,
31-28; 19.30x17, 29-26; 20.17x30, 28-23; 21.30x20, 24x06; 22.12-15, 19x12;
23.08x15, 06-02 EMPATE] 7. ... 24-20; 8.06-10,
23-20; 9.12-15, 32-28; 10.14-19, 20-16; 11.10-13 ... [A máis incisiva] 11. ...
30-26; 12.13x22, 27x18; 13.07-12 ... [Interesante
é 13.11-14] 13. ... 16x07; 14.03x12, 21-17; [Ata aquí como no Tratado de John Drummond, edición do
1866] 15.11-14, 18x11; 16.02-06, 11x02;
17.12-16, 02x20; 18.16x32 ... [E parece que
gañan as brancas e así consta no «Tratado da Enciclopedia Damista»] 18. ... 31-27!!; 19.32-28, 17-13 seguido de 26-22. Un
sorprendente EMPATE mostrado por José Luis González Sanz no seu «Tratado
Hipermoderno del Juego de Damas».
3.01-05 ...
A máis
consecuente co plan, aínda que moitos xogadores prefiran 3.11-15, un lance que
pode ser contestado con:
► 3. ... 23-20; [Abrindo o
xogo para saír da presión] 4.14x23, 20x11;
5.07x14 ... e agora:
a) 5. ... 27x20; 6.10-13 ... [6.06-11, 20-16; 7.12-15, 28-23; 8. 10-13, 21-18 desemboca na mesma
posición que tras 6.10-13] 6 ... 21-18; [6. ... 22-19; 7.14x23, 28x19; 8.01-05, 31-27; 9.13-17, 29-26; 10.05-10,
27-22; como en Tinsley vs. Banks do match do 1952, e agora con 11.12-16 as
brancas teñen vantaxe] 7.14x21, 25x18; 8.6-11,
20-16; 9.12-15, 28-23; 10.01-05, 23-19; [10. ...
31-27; 11.05-10, 29-26] 11.05-10, 19x12;
12.08x15, 32-28; 13.02-06 con lixeira vantaxe branca como nun xogo Marion
Tinsley vs. Richard Pask do 4º Match Internacional Estados Unidos vs. Gran
Bretaña e Irlanda, celebrado en Petal [Misisipí] no ano 1983.
b) 5. ... 28x19; que tras 6.14x23, 27x20; [Traspón, coas cores revertidas, á unha variante da
«Oblicua Ortodoxa» formada tras 1.11-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 27-23;
4.07-11 e a inusual 22-19; 5.15x22, 26x10; 6.06x13] 7.10-14 ... [Aquí tamén se ten xogado 7.01-05 ou
7.06-11 pero polo xeral, en todos os casos, o xogo case sempre vai traspoñer na
mesma posición que xorde tras a duodécima xogada das brancas] 7. ... 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, 32-28; 10.05-10,
20-16; 11.12-15, 28-23; 12.06-11, 31-27; [12. ...
23-19; 13.02-06, 19x12; 14.08x15, 31-27; 15.10-14, 17-13!; para empate como nun
xogo Veríssimo Dias vs. Medalha da Silva disputado en Almada na «1ª Copa da
Enciclopedia Damista» no ano 1977] 13.10-13, 29-26;
con xogo balanceado [Louis Ginsberg vs. Sam
Gonotsky do 6º Torneo Americano disputado en Nova York no ano 1924].
► 3. ... 22-18; 4.15x22,
18x11; 5.06x15, 27x18; 6.01-05 non representa máis que unha transposición de
xogadas con respecto ao xogo principal. Aínda, que por suposto, as brancas
teñen outras alternarivas como por exemplo 6.10-13.
3. ... 22-18
POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 22-18
Esta é a resposta
máis habitual. Outras posibles son:
● 3. ...
23-20; 4.14x23, 28x19; abrindo un pequeno abanico de posibles
ramificacións.
a) 5.11-14, 31-28; 6.14x13, 28x19; 7.12-15, 19x12; 8.07x23,
27x20; 9.09-13, 21-18; 10.05-09, 32-28; 11.03-07, 28-23; e agora as brancas
poden seguir con 12.06-11 ou con 12.10-14 pero ambas as dúas levan a finais practicamente
igualados, neste último caso como nun xogo Luís Carvalho vs. Vaz Vieira do 21º
Campionato de Portugal;
Caparica/Setúbal, 2001.
b) 5.12-16, 31-28; [Xogable é
5. ... 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.07-11, 15-12; 8.08x15, 19x12; 9.11-14!, 12-08;
10.14-18, 22x13; 11.10x26, 29x22; 12.05-10, 22-18; 13.06-11, 32-28; 14.10-13,
28-23 etc.] 6.16x23, 27x20; 7.09-13, 21-18; 8.05-09,
20-15; 9.11x20, 24x15; 10.07—11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.06-11, 15x06;
13.02x11, 30-27; 14.11-15 con final de EMPATE.
c) 5.12-15, 19x12; 6.07x23,
27x20; 7.08-12, 32-28; 8.10-14, 28-23; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18;
11.05-10, 20-16; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.03-07, 31-27; 15.10-14,
18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 22-19, con
final de EMPATE [Veríssimo Dias vs. Víctor Oliveira do 28º Campionato de
Portugal; Odemira, 2008].
d) 5.09-13, 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.13-17, 32-28; 8.17x26,
30x21; 9.12-16 tal como nun xogo de simultáneas do excampión almadense Artur
Gomes que xa publicamos neste blog [con data 27/11/2010] e no que agora o
mellor é contestar con 9. ... 21-18.
● A defensa de Millard Hopper 3.... 29-26; en damas clásicas non é unha alternativa para ser recomendada pois permite un forte ataque con 4.14-18!, 21x14; 5.11x18, 22x13; 6.09x18 e agora:
Millar Hopper
● A defensa de Millard Hopper 3.... 29-26; en damas clásicas non é unha alternativa para ser recomendada pois permite un forte ataque con 4.14-18!, 21x14; 5.11x18, 22x13; 6.09x18 e agora:
► 6. ... 19-14; [A
preferida de Hopper] 7.10x19, 23x14; 8.06-10 e aquí cabe prestar moita atención
pois chegamos ao punto culminante desta liña. Vexamos:
a) 8. ... 27-23; [Intuitiva pero
seguramente fatal] 9.10x19, 23x14; 10.12-15,
31-27; [Ou antes 10. ... 28-23; 11.08-12, 31-27;
12.03-06 como na primeira ramificación] 11.08-12
e pensamos que agora as negras están perdidas:
▬▬ 11. ... 28-23; 12.03-06, 23-20; [12. ... 26-21; 13.15-19, 30-26; 14.19x28, 32x23; 15.12-15, 23-20;
16.15-19, 20-15; 17.06-10, 21-17; 18.19-23, 27x20; 19.10x19, 17-13; 20.18-22,
26-21; 21.22-27, 20-16; 22.04-08 GB] 13.15-19! ... [Nun match celebrado nas cidades de Nova York e Hartford no
ano 1951 no que se disputaba o Campionato do Mundo de «Checkers» na modalidade
de apetura libre, Tom Wiswell xogou 13.06-11 contra o propio Hopper, pero
parece máis forte a textual. En cambio sería malo 13.06-10, 20x11; 14.10x19,
26-22; 15.19x26, 30x14; 16.*05-09 ... (Non vale 16.12-15,
25-21 GN como sucedeu nun enfrontamento Joe Schwartz vs. Leroy Adams do Torneo
Americano do 2005) 16. ... 27-22; 17.09-13,
32-28; 18.12-15, 28-23; 19.13-18, 22x13; 20.15-19 e, con moitos apuros, as
brancas conseguen salvarse]13. ... 20-15;
14.04-08, 32-28; [Ou 14. ... 24-20; 15.19-23, 15-11; 16.06x24,
27x20; 17.12-16, 20-15; 18.05-10, 14x05; 19.02x09, 26-21; 20.24-28!, 32x23;
21.07-12, 21x14; 22.12x28, GB] 15.12-16, 26-22;
16.19x26, 30x21; 17.07-12, 15-11; 18.06x15, 14-11; 19.18-22, 27x18; 20.02-06,
11x02; 21.05-10, 02x20; 22.16x32 GB.
▬▬ 11. ... 26-22; 12.03-06, 22x13; 13.06-10, 13x06; 14.02x11, 30-26;
15.07-11 e as brancas teñen unha
posición envexábel tal como se demostrou nun xogo Karl Albrecth vs. Leroy Adams
disputado tamén no Torneo Americano do ano 2005.
b) 8. ... 24-20; [Se ben as
brancas conservan unha apreciábel vantaxe, esta é a continuación que debe levar
ao empate] 9.10x19, 26-22; [Mellor que 9. ... 27-22; 10.18x27, 30x14; 11.07-11 con gran vantaxe das
brancas] 10.19x26, 30x14; 11.07-11, 14x07; 12.04x11,
20-16; 13.12-15, 28-23; 14.05-10, 32-28; 15.11-14, 27-22; 16.10-13, 28-24;
17.02-06, 16-12; 18.06-11, 23-20!; [A única forma de
activar as pezas e dando comenzo a unha bonita defensa] 19.14-19, 12-07; 20.03x12, 20-16; 21.19x26, 16x07; 22.13-18, 31-27;
23.26-29, 07-04; 24.11-14, 04-11; 25.15-20, 24x15; 26.29x12, 25-21; 27.18x25,
11x18; 28.12-19, 27-22 EMPATE.
► 6. ... 23-20; 7.10-13, 28-23; 8.12-16 ... e as negras
quedan nunha moi delicada posición:
a) 8. ... 26-21; 9.06-11, 21x14; 10.11x18, 20-15; [10. ... 30-26; 11.05-09, 19-14; 12.02-05, 27-22;
13.18x27, 31x22; 14.07-11, 14x07;
15.04x11, 22-19; 16.13-17, 26-22; 17.09-13, 19-15; 18.11-14, 15-12; 19.08x15, 20x11; 20.14-18, 22-19; 21.18-22, 19-15; 22.22-26,
15-12; 23.26-29, 12-8; 24.05-09, 08-04;
25.29-08, 24-20; 26.08-15 e GB.] 11.07-12 ... [Se 11.05-10,
30-26; 12.13-17, 32-28; 13.18-27, 25x18; 14.16-20, 23x16; 15.10-13, 18x09;
16.02-05, 09x02; 17.03-06, 02x11; 18.07x30, 26-21; 19.17x26, 15-11; 20.30-27,
31x22; 21.26-29, 24-20; 22.29x31, 11-06 EMPATE tal como nun xogo Vítor Sequeira
vs. Medalha da Silva; 21º Campionato de Portugal; Caparica/Setúbal, 2001] 11. ... 32-28; 12.05-09, 15-11; 13.12-15, 19x12;
14.08x15, 30-26; 15.03-07!, 26-21; 16.07x14, 21-17; 17.15-19, 17x10; 18.09-13,
24-20; 19.13-17, 20-15; 20.19-22, 15-11; 21.22-26, 27-22; 22.18x27, 31x22;
23.26-29 e a vantaxe branca semella decisiva [GB].
b) 8. ... 20-15;
9.05-09, 26-22; 10.13-17, 28-23; 11.09x18, 27-22; 12.18x27, 31x22; 13.07-12,
22-18; 14.04-07, 24-20; 15.07-11,32-28; 16.02-05, 30-26; 17.05-10, 18-13;
18.10-14, 19x10; 19.12x19, 23x07; 20.16x32, 07-04; 21.32x01 con vantaxe branca,
aínda que cunha boa defensa as negras deben empatar este final.
● 3. ...
21-17 [Foi moi usada nos primeiros tempos desta
apertura á espera de 4.12-16 para aplicar o golpe con 4. ... 17-13; 5.09x18,
22x13; 6.10x17, 19x01 GN] é ben contestada
con 4.14-18 e despois de 4. ... 22x13; 5.09x18, 19-14; 6.10x19, 23x14; 7.12-15,
28-23; 8.08-12, 29-26; 9.15-19, 24-20; 10.19x28, 32x23; 11.12-15, 20-16;
12.15-19 as brancas teñen unha forte posición.
4.11-15
...
A «Enciclopedia
Damista» nada trae desta continuación. Só di que a variante tórnase nun
quebracabezas para o segundo xogador despois do cambio 4.12-15, 19x12; 5.08x15,
pero tras 5. ... 23-20; 6.14-19 ... [A extravagante continuación 6.07-12, 28-23; (6. ... 20-16; 7.03-07, 28-23; 8.15-19 con xogo complicado tanto con 8. ...
32-28; 9.12-15, 29-26; 10.10-13 como con 8. ... 18-13; 9.10x26, 29x08;
10.05-10, 23-20; etc.) 7.12-16, 27-22 foi xogada no
duelo Alfred Jordan vs. Newell Banks no 3º Torneo Americano (Chicago, 1915) alcanzando
por trasposición unha variante da «Contra-Española» que habitualmente se atinxe
así: 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.01-05, 28-23; 4.12-16, 26-22; 5.07-12,
22-19; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 27-22] as negras
poden seguir:
POSICIÓN DESPOIS DE 6.14-19 ...
► 6. ... 27-23; con estas opcións:
a) 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 23-20; [A empate fácil leva 8. ... 16-12; 9.07x16, 21-17; 10.14x21, 23x07;
11.04x11, 25x18; 12.10-14, 18-13; 13.09x18, 24-20; 14.15x24, 31-27; 15.24x31,
30-26; 16.31x22, 26x01; 17.18-22, 01-23 etc.] 9.09-13 ... [Se agora 9.03-06, 16-12; 10.07x23, 24-20;
11.15x24, 18-13; 12.10x26, 29x15;
13.11x20, 28x0; 14.20-23, 25-21; GN] 9. ... 18x09; 10.10-13,
21-18; 11.14x21 ... [Se 11.13x22, 30-26;
12.05-10, 28-23; 13.19x28, 26x12 (Vieira de
Carvalho no «TED») e a posición das negras é
preferíbel] 11. ... 25x18; 12.13x22, 28-23; 13.19x28,
32x23; 14.05-10, 23-19; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 30-26; 17.10-13, 20-16;
18.04-07, 26-21; 19.13-17, 21-18 con final igualado.
b) 7.10-13, 23x14; 8.13x22, 30-26; 9.11x18, 26x12;
10.07x23, 21x14; 11.23-27 ... [Vieira de
Carvallo no «TED» dá 11.03-07, 28x19; 12.06-11, 29-26; 13.11x18, 26-22;
14.18x27, 31x22; 15.05-10, 22-18; 16.10-13, 18-14 EMP] 11. ... 31x22; 12.09-13, 28-23; 13.05-09, 32-28; 14.13-18, 22x13;
15.09x18, 29-26; 16.06-11, 14x07; 17.03x12, 24-20; 18.02-06, 28-24; 19.06-11,
20-16; 20.12-15, 26-21; 21.11-14, 23-20; 22.15-19, 20-15; 23.18-22, 15-11;
24.22-26, 11-06; 25.26-30, 21-18 leva ao EMPATE.
c) 7.19-22, 21-17; 8.09-13, 18x09; 9.10-14, 30-27; 10.14-18
... [Lance de Joaquim Bravo no «TED»,
mellorando a liña de Vieira de Carvalho que seguía con 10.05-10] 10. ... 25-21; 11.18x25, 27x18; 12.06-10, 18-13; 13.03-06,
20-16; 14.15-19, 23x14; 15.11x18, 31-27; 16.18-21, 27-22; 17.21-26, 22-19;
18.07-12, 16x07; 19.04x11, 29x22; 20.25-29, 24-20; 21.29-26, 19-14; 22.26x31, 14x07
con final de EMPATE.
► 6. ... 29-26; 7.07-12 ... [Ou 7.10-14, 27-22; 8.05-10, 28-23; 9.19x28, 32x23; desembocando na ramificación
«b» da variante «6. ... 28-23» que veremos no parágrafo seguinte] 7. ... 27-22; [Se 7. ... 28-23; 8.19x28, 32x23; 9.12-16,
21-17; 10.10-14, 26-22; 11.14x21, 25x18; 12.06-10 as brancas están mellor.
Igualmente se 7. ... 18-14; 8.11x18,
20x11; 9.06x15, 21x14; 10.09-13 ... (impedindo 10. ... 27-22; por 19-23! seguido de 13-18 e
GB) 10. ... 14-11; 11.10-14 tamén é preferíbel
a posición branca] 8.12-16, 18-13; 9.09x27,
30x07; 10.03x12, 20x11; 11.06x15, 21-17; 12.05-09, 31-27; 13.15-19, 28-23;
14.19x28, 32x23; 15.02-06, 23-19; 16.06-11, 26-21; 17.11-14, 27-23; 18.09-13,
24-20; 19.13-18, 20-15; 20.16-20, 23x07; 21.04x20, 19-15; e o final é de
empate.
► 6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.10-14, 27-22; e agora as
brancas adoitan escoller unha destas dúas continuacións:
a) 9.06-10, 31-27; 10.14-19, 23x14; 11.10x26, 29x22;
12.05-10, 21-17; 13.10-14, 27-23; 14.14x21, 25x18; 15.07-12, 20-16; 16.04-08,
16x07; 17.03x12, 23-20; 18.12-16, 18-13; 19.09x27, 30x23 EMP.
b) 9.05-10 ... Un
lance que dá lugar a unha posición sumamente interesante.
▬▬ Se 9. ... 31-28; nada
chama á atención, as brancas teñen unha lixeirísima vantaxe e tras 10.10-13,
21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 29-25; 13.02-06, 25-21; 14.07-12, 20-16;
15.04-08, 16x07; 16.03x12, 23-19; 17.11-14, 18x02; 18.12-16, 02x20; 19.16x32,
19-15; 20.32-14, 21-18; 21.14x25, 22-18; 22.25x20, 24x15; 23.13-18, 15-11;
24.18-21, 11-06; 25.21-25, 06-02; 26.25-29 pódese acordar o EMPATE tal como
sucedeu nun enfrontamento Medalha da Silva vs. Luis Carvalho do 28º Campionato
de Portugal [Odemira, 2008].
▬▬ Pero se
9. ... 29-26; prodúcese un caso de transposición bastante curioso. Despois do
lance escollido polas negras, o xogo vai entroncar nunha coñecida liña da
«Partida Paralela» coas cores revertidas [1.12-15,
23-19; 2.08-12, 21-18; 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10,
23-19; 7.10-13, 32-28; 8.06-10, 28-23; 9.04-08]. Nesta altura é habitual seguir con 10.07-12, 20-16; 11.04-08, 16x07;
12.03x12, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.12-16 con xogo igualado como o disputado
recentemente por Fernando Beça vs. José Carlos Anjos no Torneo comemorativo do «25
de Abril» [Oliveira de Azemeis, 2012]. Na imaxe tomada do video publicado en "DAMAS DO NORTE" podemos ver ese momento.
Un posible desenlace podería ser o seguinte: 14. ... 23-19; 15.02-05, 19x12; 16.08x15, 31-27; 17.16-20, 18-13; 18.09x18, 22x13; 19.05-09, 26-22; 20.09x18, 22x13; 21.15-19, 24x15; 22.11x20, 27-22; EMPATE.
POSICIÓN DESPOIS DE 14. 12-16 ...
Un posible desenlace podería ser o seguinte: 14. ... 23-19; 15.02-05, 19x12; 16.08x15, 31-27; 17.16-20, 18-13; 18.09x18, 22x13; 19.05-09, 26-22; 20.09x18, 22x13; 21.15-19, 24x15; 22.11x20, 27-22; EMPATE.
4. ... 18x11 5.15x22
27x18 6.06x15 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 6.06x15 ...
Menos
común é 6.07x14, 18x11; 7.06x15. Neste caso as negras poden escoller:
► 7. ... 21-18; 8.10-13, 18-14; [Se 8. ... 23-20; 9.13x22, 20x11; 10.05-10, 28-23; 11.12-15, 23-19;
12.09-13, 19x12; 13.08x15, 25-21; 14.13-17 e o xogo das brancas é preferíbel] 9.13-18, 23-20; 10.15-19, 30-26; [No vixésimo segundo xogo do match polo cetro mundial Robert Stewart vs.
Richard Jordan, disputado en Edimburgo no ano 1897, xogouse 10. ... 28-23;
11.19x28, 32x23; pero en damas clásicas as brancas dispoñen agora da
continuación 12.18-21! e tras 25x18; 13.09-13, 18x09; 14.02-06, 09x02;
15.06-11, 14x07; 16.04x11, 02x15; 17.12x28 quedan cunha apreciable vantaxe,
aínda que contra unha boa defensa o xogo debe terminar en empate] 11.04-07, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.09-13, 23-19;
14.18-22, 26-21; 15.22-26, 29x22; 16.13-17, 21-18; 17.17-21, 18-13; 18.21-26,
13-10; 19.05-09, 20-15!; 20.26-30, 15-11; 21.30-27, 11x04; 22.27x06, 24-20;
23.06x24, 19-15; 24.24x18, 04x21; 25.02-06 e xogando con precaución as brancas
poden salvarse.
► 7. ... 31-27; 8.09-13, 27-22; 9.15-19, 22x15; 10.12x19,
23x14; 11.10x19, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.05-10, 29-26; 14.03-06, 26-22;
15.13-17, 21-18; 16.04-07, 23-19; 17.07-12, 18-14; 18.12-15, 14x05;
19.02x09,19x12; 20.08x15, 25-21; 21.17x26, 30x21; 22.09-13, 21-18; 23.15-19
EMPATE na «Guía de Robertson» [1889].
► 7. ... 23-20; a mellor como se pode apreciar nas
seguintes continuacións:
a) 8.03-07, 20x11; 9.07x14, 21-18;
10.14x21, 25x18; 11.10-13, 18-14; 12.02-06, 28-23; 13.04-07, 23-19; 14.06-11,
24-20; 15.11x18, 19-14; 16.13-17, 31-27; 17.17-21, 32-28; 18.09-13, 28-23;
19.05-09, 23-19; 20.18-22, 27x18; 21.13x22, 20-15; 22.21-26, 30x21; 23.22-17,
15-11; 24.27-30, 11x04; 25.30x17, 04-11; 26.17-13, 11-20; 27.13-03, 29-25; 28.12-16,
20-24; 29.03-13, 19-15; 30.16-20, 24-28; 31.13-06, 14-11; 32.06-03, 28-32;
33.20-24, 32-19; 34.03-17, 11-07; 35.17-06 EMP.
b) 8.15-19, 28-23; 9.19x28, 32x23;
10.10-14, 30-27; 11.02-06, 27-22; 12.04-07, 20-16; 13.12-15, 21-18; 14.14x21,
25x18; 15.15-20, 24x15; 16.07-12, 16x07; 17.03x26, 29x22; 18.05-10, 23-19;
19.06-11, 31-28; 20.11-15, 19x12; 21.08x15, 28-24; 22.10-13, 18-14; 23.13-18
EMP.
6. ...
21-17
6. ...
23-20; aínda que contén algún truco, non é tan xogado.
► Se 7.07-11, 21-17; só supón unha trasposición.
► En cambio 7.15-19, 20-15; [7. ... 21-17; 8.10-14 traspón á ramificación do xogo principal con 7.10-14
variante «b»] 8.03-06 ... [Curioso é que se 8.19-22, 15-11; 9.07x14, 18x11 que perde en «checkers»
(Oldbury vs. Gigg, Torneo Inglés do 1963), dá lixeira vantaxe ás brancas na
nosa modalidade] 8. ... 29-26; [8 ... 30-26?; 9.10-14 leva a un «Gañan brancas» dado por P. H. Ketchum no
seu «Handy Manual» Nº2 do ano 1926. En damas clásicas podería seguir 9. ...
18x11; 10.07x14, 21-17; 11.05-10, 31-27; 12.09-13, 27-23; 13.13-18, 24-20;
14.12-16, 28-24; 15.19x28, 32x23; 16.18-22, 26x19; 17.14-18 etc e tamén G.B.] 9.12-16 ... [Mellor que
9.10-13 xogado nun enfrontamento Vítor Nedio vs. Luis Sá do 28º Campionato de
Portugal disputado en Odemira no ano 2008, e que terminou con vitoria das
negras] 9. ... 31-27; 10.10-13, 26-22; 11.19x26,
27-23; 12.13x22, 15-12; 13.08x15, 23-20; 14.16x23, 28x03; 15.05-10, 21-18;
16.22-27, 30x21; 17.27-30, 32-28; 18.30x17, 18-14; 19.10x19, 03x23; 20.09-13,
24-20; 21.13-18, 23-27; 22.17-30 con equilibrio.
7.07-11
...
A última
xogada negra reduciu moito a mobilidade dos peóns brancos do flanco de Río.
Agora Kear reforza o control da casiña «14» para axudar na liberación da zona
afectada.
● Xogable
é 7.15-19, 23x14; 8.10x19 ...
a) 8. ... 29-26 [á espera de 9.12-15 para empatar co golpe 9. ... 24-20 seguido de 10. ...
31-27 e 11. ... 27-23] 9.05-10, 28-23;[Non é bo 9. ... 18-14; por 10.10-13, 17x10; 11.19-13,
28x19; 12.03-06, 10x03; 13.12-16, 03x12; 14.08x29 e deben GB] 10.19x23, 32x28; 11.07-11 ... [11. ... 26-21; 12.10-14, 31-27; con xogo igualado] 11. ... 23-20; 12.12-15, 26-22; 13.08-12, 20-16; 14.03-07, 31-27;
15.11-14, 18x11; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 27-23; 18.09-13, 25-21; 19.02-05,
21-18; 20.14x21, 23-19; con final
de empate.
b) 8. ... 25-21; 9.07-11, 29-25; [9. ... 28-23; 10.19x28, 25x18; 11.05-10, 29-25;
12.10-14, 31-27; 13.12-16, 17-13; 14.03-06, 21-17; 15.14x21, 25x18; 16.02-05,
24-20; 17.08-12, 23-29; 18.16x23, 27x20; 19.12-16, 18-14; 20.09x18, 14x07;
21.04x11, 19-14; 22.16x23, 14x07; 23.06-10, 07-04; EMP.] 10.02-06, 30-27; 11.06-10, 18-13; 12.09x18, 21x07; 13.04x11, 24-20; 14.19-23,
28x19; 15.12-15, 19x12; 16.08x24, 27-22; 17.11-15, 25-21; 18.10-14, 22-18;
19.14-19, 17-13; 20.05-10, 13x06; 21.03x10, 18-14; 22.10-13, 14-11; 23.13-17,
21-18; 24.17-21 con final de empate.
● Tamén
se pode escoller 7.10-14, 18x11; 8.07x14,
23-20; con estas posibles maneiras de firmar o armisticio:
a) 9.03-06 permite empate rápido con
20x11 e o golpe 24-20 seguido de 17-13, 31-27 e 30-26 para 26x01.
b) 9.15-19, 31-27; [ou 9. ... 28-23; 10.19x28, 32x23; 11.04-07, 30-27; 12.02-06, 27-22;
13.12-16, 20-15; 14.14-18, 22x13; 15.09x18, 29-26; 16.05-10, 24-20; 17.10-13,
17x10; 18.06x13, 26-22; 19.18x27, 31x22; 20.07-12, 15-11; 21.12-15, 11-06;
22.15x24, 06-02; con EMP] 10.04-07, 20-16;
11.02-06, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.06-11, 23-20; 14.12-15, 30-26; 15.14-18,
26-22; 16.03-06, 22x13; 17.09x18, 17-13; 18.05-09, 27-23; 19.15-19, 23x14;
20.18-22, 14-10; 21.09x18, 10x03; 22.22-27, 03x12; 23.08x15, 16-12; 24.27-30,
20-16; 25.15-19, 12-07; 26.19-23, 07-03; 27.30-17, 29-26; 28.17x30, 03-13;
29.23-28 [EMP].
c) 9.05-10, 23x11; 10.03-06, 28-23;
11.06x15, 30-27; 12.04-07, 25-21; 13.02-06, 23-20; 14.15-19 con xogo igual.
7. ...
23-20
POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 23-20
O lance
habitual, pero aquí 7. ... 25-21 parece bastante interesante tamén. Vexamos:
a) 8.12-16, 29-26; 9.04-07, 26-22;
10.07-12, 24-20; 11.15x24, 22-19; 12.03-07, 23-20; 13.16x23, 19-14; 14.10x19,
31-27; 15.24x31, 27x20; 16.31x13, 17x01; 17.12-15, 01x23; 18.15x24, 23-16;
19.08-12, 21-18; 20.11-15, 18-14; 21.15-19, 14-11; 22.07x14, 16x18; 23.19-23,
18-31; 24.02-06 EMP.
b) 8.10-14, 17-13; 9.05-10, 13x06;
10.03x10, 31-27; 11.12-16, 23-20; 12.16x23, 28x12; 13.08x15, 27-23; 14.04-08,
23-20; 15.02-05, 32-28; 16.15-19, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.19-23, 18x11;
19.23x32, 11-07; 20.32-23, 07-04; 21.23-20, 29-26; 22.20x25, 26-21; 23.25x18,
04x21; 24.09-13, 30-27; 25.08-12, 27-23; 26.12-15, 21-17; 27.13-18, 17x20;
28.18-22 EMP.
8.12-16 ...
● Unha
posible alternativa é 8.15-19, 20-15; 9.11x20,
24x15; 10.03-07 ... [Se 10.19-22, 30-27;
11.12x19, 27-23; 12.10-14, 18x11; 13.03-06, 23x14; 14.06x15, 25-21; 15.15-20,
21-18; 16.20-24, 28-23; 17.24-28, 31x24; 18.22-27, 23-19; 19.27-30, 32-28;
20.30-23, 17-13 con vantaxe das negras] 10. ...
30-27; 11.10-14, 18x11; 12.07x14, 15-11; 13.12-15, 28-23; 14.19x28, 32x23;
15.15-19, 23-20; 16.19-23, 20-15; 17.23x30, 11-07; 18.04x20, 29-26; 19.30x21,
25x11; 20.08-12, 11-07; 21.20-23, 07-04; 22.05-10, 04-08; 23.23-27, 08x05;
24.27-30 EMP.
● Pero
non recomendamos 8.10-14, pois as negras
montan un poderosísimo ataque tras 8. ... 20-16; 9.14x21, 16x07; 10.03x12,
25x18. O primeiro bando agora está obrigado a xogar con gran atención e
coidado:
a) 11.05-10, 28-23; 12.12-16, 31-27; 13.04-07 ... [Non vale 13.10-14 por 23-19!, nin tampouco 13.02-06,
17-13; 14.10x17,18-14; 15.11x18, 23-20; 16.16x23, 27x02; e as negras gañan como
nun xogo Manuel Madureira vs. José Carlos Anjos do Torneo «25 de abril»;
Oliveira de Azemeis, 2011] 13. ... 29-25; [13. ... 27-22 tamén é moi forte] 14.15-20, 23-16; 15.12-15, 27-22; 16.15-20, 24x15; 17.11x20, 22-19;
18.07-11, 30-26 con idea de 26-21 e as brancas
están perdidas.
b) 11.15-19, 31-27; 12.12-15 ...[Se 12.12-16, 29-26!; 13.02-06, 27-23; 14.04-07,23x14; 15.06-10, 30-27;
16.10x19, 27-23; e as negras gañan un peón e o xogo] 12. ... 29-26; 13.19-22! ... [A mellor
defensa. Con esta xogada as negras sálvanse de forma miragosa. Se 13.08-12,
24-20; 14.15x31, 27-23; 15.19x28, 32x23; 16.31x13, 17x01; 17.12-15 ... (ou 17.04-08, 23-20; 18.12-15, 01-14!! GN) 17. ... 01-10; 18.04-08, 10-06; GN] 13. ... 26x12; 14.08x15, 28-23; 15.05-10, 30-26; 16.10-14, 26-21; 17.02-06,
17-13; 18.04-07, 23-20; 19.15-19, 27-23; 20.19x28, 32x23; 21.07-12, 20-16;
22.12-15, 16-12; 23.15-19, 23-20; 24.19-23, 12-07; 25.23-28, 07-04; 26.11-15,
20x11; 27.28-32, 18x11; 28.09x25, 24-20; 29.25-29, EMPATE.
8. ... 31-27
Outros
posibles ensaios son:
● 8.
... 29-26;9.16x23, 28x12; 10.08x15, 31-27; e agora se:
a) 11.10-14, 24-20; 12.15x24, 32-28;
13.14x21, 25x18; 14.24x31, 27-23; 15.31x13, 17x01; 16.02-05, 01x07; 17.04x11,
26-21; 18.09-13, 21-17; 19.13-18, 17-13; 20.18-21, 13-09 EMP.
b) 11.03-07, 26-22; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08,
24-20; 16.15x24, 27-22; 17.08-12, 32-28; 18.24x31, 22-19; 19.31x13, 19-14;
20.10x19, 17x01; 21.19-22, 01-19; 22.12-16, 19x26; 23.16-20, 26-19; 24.09-13,
19-28; 25.20-24, 28-32; 26.13-18, 30-26; 27.02-06 EMP.
● 8.
... 30-26; 9.16x23, 28x12; 10.08x15, 32-28; [Se 10. ... 26-22; 11.10-14 ... (Ou 11.03-06, 31-27 como na variante do xogo base con 11.03-06, 30-27) 11. ... 32-28; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 28-23;
14.02-06, 31-27; 15.10-14, 29-25; 16.14x21, 25x18 traspón ao xogo principal]
a) 11.02-06, 26-22; [11. ... 28-23; 12.10-14, 26-22; 13.14x21, 25x18;
14.05-10, 31-27; posición igual que a que se amosa na ramificación do tronco
14.02-06 despois da xogada 30-27] 12.10-14, 31-27; [Posible tamén é 12. ... 28-23; que obviamente, sería o
mesmo que facelo na xogada anterior] 13.14x21, 25x18;
14.06-10, 27-23; [14. ... 28-23; 15.10-14, 29-25; 16.14x21,
25x18; 17.05-10 traspón ao xogo principal] 15.10-14, 24-20!; [Non vale 15. ... 29-25; pois
tras 16.14x21, 25x18; 17.05-10, 23-19; 18.04-08, 19x12; 19.08x15, 17-13; (19. ... 28-23; 20.10-14, 17-13; 21.14x21, 13x10;
22.21-26, 22-18; 23.26-29, 10-05; 24.29-25 e GB) 20.10x17, 28-23; 21.17-21, 23-19; 22.21-26, 19x12; 23.26-29, 12-08;
24.29x19, 24-20; 25.19-05, 18-13; 26.09x18, 08-04; 27.11-15, 20x11; 28.18-22,
04-08; 29.01-19 GB] 16.15x31, 23-20; 17.14x21, 22-18;
18.31x13, 17x01; EMP.
b) 11.10-14, 26-22; 12.14x21, 25x18;
13.05-10, 28-23; 14.02-06, 31-27; 15.10-14 ... [Para 15.10-13 ver os comentarios da xogada troncal número 14] 15. ... 28-23; 16.14x21, 25x18 unha posición que tamén
se vai alcanzar no propio xogo.
c) 11.03-07, 26-22; 12.07-12, 28-23; [12. ... 31-27; 13.02-06, 28-23; 14.12-16, 25-21;
15.15-20, 24x15; 16.11x20, 22-19; 17.20-24, 19-15; 18.24-28; 19.28-31, 23-19; 20.31x13,
19-14; 21.10x19, 17x01; 22.19-22 con final de EMPATE] 13.12-16, 25-21; 14.02-06, 23-19; 15.04-08, 19x12; 16.08x15, 29-25;
17.10-14, 31-27; 18.14-19, 18-13; 19.19x26, 27-23; 20.09x18, 21x07; 21.26-29,
07-04; [Non vale 21. ... 07-03; por 22.29-19! GB] 22.06-10, 04-18; 23.15-19 EMP.
d) 11.15-19, 26-22; 12.19x26, 29x22;
13.11-15, 28-23; 14.02-06, 23-20; 15.06-11, 31-27; 16.10-14, 20-16; 17.14x21,
25x18; 18.05-10, 16-12; 19.10-14, 18-13; 20.09x18, 22x13; 21.15-19, 13-09;
22.14-18, 09-05; 23.19-22 con final de EMP.
9.16x23
28x12 10.08x15 27-22
POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 27-22
● Se 10. ... 29-26 traspón ao xa visto 8. ... 29-26.
● Ou
en caso de 10. ... 32-28; [con idea de se
11.10-14 efectuar o golpe 24-20; 12.15x31, 25-21; 13.31x13, 17x01 e deben GB] pode
seguir:
a) 11.02-06, 28-23; 12.03-07, 30-26!; [12. ... 23-20; 13.15-19, 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.07-12, 30-27;
16.10-14, 20-16; 17.14x21, 25x18; 18.12-15, 22-19; 19.15x31, 16-12; 20.31x13,
17x03; 21.11-14, 03-06; 22.*05-10, 06x17; 23.14-19 EMP] 13.07-12, 27-22; 14.04-08, 26-21; 15.12-16, 22-19; 16.15x22, 18-13;
17.09x18, 21x07; 18.22-27, 07-04; 19.27-31, 04-21 e as brancas deben xogar o
final con moito coidado para conseguir o empate.
b) 11.03-07!,
27-22; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 28-23; 14.14-19, 23x14; 15.10x26, 29x22;
16.05-10, 30-27; 17.02-06, 27-23; 18.06-11, 23-20; 19.04-07, 25-21; 20.10-14,
22-18; 21.14-19, 17-13; 22.19-22, 13-10; 23.15-19, 10-05; 24.22-26, 05-01;
25.26-30 EMP.
c) 11.15-19, 17-13!; 12.10x17, 25-21; 13.17x26, 29x06; 14.02x11, 28-23;
15.11-15, 27-22; 16.05-10, 23-19;17.04-08, 19x12; 18.08x15, 30-27; 19.10-13,
27-23; 20.13-17, 23-19; 21.17-21, 19x12; 22.21-26, 12-08; 23.26-29 EMP.
11.10-14 ...
Difícil está, pero se as
brancas pretenden conseguir algo máis que o empate, agora é preferible
continuar con 11.03-06, 32-28; [11. ... 30-27;
12.04-07, 25-21; 13.10-14, 27-23; 14.06-10, 23-20; 15.02-06, 29-25; 16.14-19,
18-14; 17.11x27, 20x04; 18.27-30, 04-08; 19.19-23, 21-18; 20.06-11, 24-20; 21.23-27,
20-16; 22.27-31, 08-04; 23.31x13, 04x14; 24.10x19,17x01 EMP.] 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 28-23; 14.20x27, 30x23;
15.10-14, 18x11; 16.06x15, 25-21; 17.05-10, 23-19; 18.04-08, 19x02; 19.08x15,
29-25; [As negras deben xogar con coidado. Se 19.
...21-18; 20.02-06, *17-13 tamén iguala, pero non valían nin 2. ... 29-25, nin
29-26, que perden] 20.09-13, 21-18; 21.15-19,
con EMP. [George Buchanan vs. James Searight; Torneo
Escocés, 1906]
11. ... 32-28
Xogando
con ambición. O “hándicap” que presenta a undécima xogada das brancas é que
agora permite o envío a dama con 11. ... 24-20; 12.15x24, 32-28; 13.14x21,
25x18; 14.24x31, 22-19; 15.31x13, 17x01; 16.02-05, 01x07; 17.04x11 e despois
deste gran desbarato chegáse á nulidade.
12.14x21 25x18 13.05-10 28-23 14.10-14 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 14.10-14 ...
Ou se as brancas o prefiren 14.02-06, 30-27; 15.10-13 ... [15.10-14 traspón] 15. ... 17x10; 16.06x13, 23-19; 17.04-08, 19x12; 18.08x15, 27-23 EMP.
14. ... 29-25 15.14x21 25x18 16.02-06 30-27
O xogo
está equilibrado. Tamén se podía xogar 16. ... 17-13; 17.04-08, 30-27;
18.08-12, 23-20; 19.12-16, 28-23; 20.06-10 para EMP.
17.06-10 23-19
Buchanan
difire aquí do coñecido 17. ... 18-13; 18.09x18, 22x06; 19.03x10, 27-22;
20.11-14, 23-20; 21.14-19 EMP. [James Wyllie vs.
Robert Martins; do 4º Match entre estes dous extraordinarios damistas; Glasgow,
1867].
18.04-07 ...
E James
Kear, pai do famoso tratadista, busca un último recurso pois ve que se 18.04-08,
19x12; 19.08x15, as negras empatan rapidamente coa liquidación que se produce
tras 19. ... 18-13, tal como indica a «Guía de James Lees» [1892] e
posteriormente aconteceu nun xogo Richard Jordan vs. Robert Stewart do seu
famoso match do 1897.
18. ... 19x12 19.07x16 22-19
Agora 19.
... 18-13 perde por bloqueo.
20.03-07 27-23 21.07-12 24-20
POSICIÓN DESPOIS DE 21. ... 24-20
Nesta altura son as brancas as que están bloqueadas. Ao ter que mover están forzadas a entregar material, pero o xogador inglés pensaba recuperalo de inmediato.
22.10-14 ...
Así eliminan
o dominio negro da casa «15» e poden continuar cargando sobre o peón de «20». Pero
a defensa correcta sería facelo ao revés, entregar o peón de «12» e cargar
sobre o de «18».
22. ... 19x10 23.12-15 ...
23. ... 18-14! [Resultado:
0-1]
As brancas
quedan cun peón de menos e nada poden facer por salvar o xogo. Neste momento
James Kear deuse conta do seu erro e deportivamente felicitou ao «Neno»
Buchanan.
Na
modalidade anglo-americana a vitoria non ofrece demasiada dificultade, pero nas
damas clásicas o final resulta enormemente interesante.
Despois de
24.15x24 ... [Se 24.11x18, 20x11; 25.18-22, 10-05; 26.22-27, 05-01; 27.27-30, 23-20; 28.16x23, 01x32 GN. A técnica non precisa do «pase», basta colocar as damas en «19» e «25» forzando a entrega do peón branco] 24. ... 14x07 a posición —con
cores revertidas— é a mesma que outra que xa coñecen os lectores deste blog
publicada con data: 9/10/2010.
Referímonos
ao final do xogo Silva Pereira vs Luis Sá do 1º Campionato de Portugal
disputado en Lisboa no ano 1981, xusto cando as brancas fan 25.29x26.
No caso de
hoxe tras 25.24-28, as negras gañan
con: 25. ... *07-04; 26.16-20 ...
[Se 26.28-31, 10-05 GN] 26. ... 23x16;
27.28-32 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 27. 28-32 ...
27. ... 04-18!!; [Non valía 27. ... 04-14; por 28.09-13, 16-12; 29.13-18
EMP] 28.32x05, 16-20 GN.
Debido á ameaza
de disparo da «batería» formada polas pezas de «15» e «20», a dama branca só pode
ir aos cantos do “Río”, pois se 29.05-02 segue 20-23 e os dous peóns coroan
comodamente.
As negras
gañan levando o peón «16» a dama para despois manobrar colocando esta peza
coroada na casiña «29» xusto despois de que as brancas se sitúen na do número «1».
Así fórzase 01-32 e tras 29-25, 32-01 segue o gancho 13-10 e GN.
Despois de
tres longos días de loita, a selección escocesa na que con Buchanan xogaban outros
afamados damistas como James Wyllie, Richard Jordan, Robert Stewart, A. B. Scott,
William Bryden, Robert Martins ou James Moir, acabou gañando con 29 vitorias, 15 derrotas e 130
empates.
2 comentarios:
Meu Caro amigo.
Fiquei completamente extasiado com a análise deste jogo.
Os meus parabéns.
PS. Uma pergunta, para quando a Federação Espanhola de Damas? E para quando os Campeonatos Regionais e Nacionais. E entretanto, porque não vindes jogar a Portugal nos Torneios abertos ?
Meu novo Email: gutmann.gaspar@netcabo.pt
Amigo Gaspar.
Gustáronme moito os seus eloxios. Eu igualmente son seguidor do seu blog e sérveme de moita axuda.Parabéns tamén pola súa dedicación.
No referente as preguntas, é con tristeza que lle respondo que o tema da Federación semella totalmente imposible pois aquí en España son moi escasos os afeccionados interesados no xogo. Non creo que se puidesen facer nin media centena de fichas.
Tampouco eu coñezo ningún afeccionado español que se poida enfrontar con garantías aos xogadores da elite portuguesa. En cuanto a min, inclúome no lote.
Mais eu tamén pregunto. Para que vale unha federación? Pomociónanse as damas organizando campionatos nacionais e despois agochando os xogos?
Un Abrazo e aqui estou se en algo podo axudar.
Henrique Guerra.
Publicar un comentario