mércores, 20 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 20

1.13-18 …

Con estas variantes:

a) 1. … 02-05; 2.08-26, 29x13; 3.25-21, 17x26; 4.30x01, [GB].

b) 1. … 17-10; 2.30-20, 02x24; 3.08-15, 24x21; 4.25x05, [GB].

c) 1. … 29-26; 2.08x29, 17-10; [Ou se 2. ... 02-05; 3.18/25-21, 17x26; 4.29x01, GB.] 3.30-20, 02x24; 4.29-15, 24x21; 5.25x05, [GB].


martes, 19 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 19


1.06-10 …

Un exemplo especial de chave por troca directa que se torna elegante. Xeralmente este tipo de chaves están mal consideradas porque atentan contra o principio da economía. Nótese que eliminando os peóns «6» e «14» e colocando o que está na casa «2» en «5», conseguiríase o mesmo efecto movendo 1.05-09. Pero neste caso tal disposición arruinaría completamente o problema debido ao dual 1.18-22, co que tamén GB.

Probamos de varios modos e non vemos forma de conseguir o tema sen este recurso, por tanto a chave queda xustificada e ata valorizada pois agora o ensaio 1.18-22�, sería refutado con 1. … *16-12; 2.22-27, *14-11; 3.06x15, 12x31; [GN]. 

1. … 14x05; 2.02x09, 29-26;

Movemento libre que orixina a liña temática. Se 2. ... 16-12; 3.*04-07, 12x03; 4.*18-22, 03-16; 5.*09-13, 16-23; 6.13-17, 23-30; 7.*17-21, 30x17; 8.22-27, [EMP]. Ou se 2. ...  16-20/23/30; 3.*18-22, [EMP]. Técnico. 

3.04-07 ... 

Se 3.09-13�, *16-27; 4.04-08, 27-31; 5.08-12, 26-22; [GB].

3. ... 16x03; 4.09-13, 03x17;

E tras dous sacrificios temos preparado o «túnel» que permite pasar ao peón «17» para conseguir o empate e dar nome ao tema.

5.18-21, 26-22; 6.21-25, [EMP].


luns, 18 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 18

1.31-27, 23-19; 2.27-22, 19-14; 3.22-18 ... [O último ataque necesario. Se 3.22-15�,* 01-10; 4.15-02, 10-13; 5.02-15, 09-05; 6.15-19, 14-10; GN.] 3. ... 14-10; [Tras 3 ataques directos agora o peón auto-obstrúe a liña impedindo á dama ocupar unha casa gañadora] 4.18-11, 01-05; 5.11-02, 05-01; 6.02-11, [EMP].


A característica fundamental deste blog é que en cada entrada debe aparecer algo novo de interese. Moitos dos nosos lectores estarán pensando no motivo da publicación deste final se aparece nos tratados de iniciación e resulta sobradamente coñecido.


A explicación reside en que sempre se amosa como un caso xeral e nunca vimos indicada a súa autoría, que como se pode ver no diagrama pertence ao autor clásico español, Pedro Ruiz Montero. Por engadidura, a este autor pertence tamén a honra de ser o primeiro en presentar o tema «Ataque directo» que consiste en repetir un mínimo de 3 veces un ataque a un ou máis peóns e despois conseguir o obxectivo tras un lance libre das negras.


domingo, 17 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 17

1.21-26, 32-14; 2.17-21, 14-19; 3.25-29, [EMP].

Agora dá igual o que xoguen as negras pois o primeiro bando ten construida unha «Fortaleza Inexpugnábel» e movendo sempre a dama de «29» a «25» e viceversa teñen garantido o empate. Só resta contar ata que o rival teña efectuado os 20 lances que estipula o regulamento.

Este adaptación está baseada na que, para corrixir a inverosímil posición orixinal de A. Adelaide, presenta Eduardo Valente na súa obra «153 Problemas do Livro “Jogo de Damas” de José Syder».


O lector debe notar que unha vez construída a fortaleza, o empate está sempre garantido, independentemente da cal sexa a vantaxe material do rival.

sábado, 16 de decembro de 2023

venres, 15 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 15

 


1.23-27, 31x22; 2.14-19, 22x15; 3.07-11, 15x06; 4.08-12, 16x07; 5.30x01, [GB].

Remate por "circuito sinuoso" que se presenta ben camuflado.

No xogo real había un peón negro figurante na casa "17" e a posición apareceu coas cores trocadas.

xoves, 14 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 14

 

1.25-11 …

Chave que dá lugar a unha bonita bifurcación co tema: «Sacrificio alterno de damas». Agora se:

a) 1. … 06-02; 2.07-03, 02x26; 3.03x30, [GB].

b) 1. … 06-03; 2.11-06, 03x26; 3.06x30, [GB].


Esta é unha versión limpa do problema orixinal que tiña dobre solución na nosa modalidade. Por contra, presenta o inconveniente de que non reflicte unha terceira variante que si aparecía no de Shoshin.

 

Fixemos tamén outra adaptación máis fidedigna, pero tivemos que valernos do recurso de ter que utilizar unha chave agresiva que quita moita elegancia ao problema, pero que semella xustificada porque é a única forma de conservar todo o contido do orixinal. Vexamos:



1.31-18, 17x10; 2.18x07 ...

Temos así a posición exacta do orixinal despois de efectuada a chave [Que nese caso era 1.12-15. Nótese que na nosa modalidade ao estar de inicio as damas en «7» e «12» tería dual con 1.07-11 (Porque o peón non come para atrás como nas damas rusas)]. Agora si se produce a trifurcación:

a) 2. ... 06-02; 3.07-03, 02x27; 4.03x31, [GB].

b) 2. … 06-03; 3.15-06, 03x27; 4.06x31, [GB].

c) 2. … 30-27; 3.15x02, 27x20; 4.02x24, 10-05; 5.07-14, e se:

5. … 05-01; 6.14-32, [GB].

5. … 05-02; 6.14-11, [GB].