1.21-26, 32-14; 2.17-21, 14-19; 3.25-29, [EMP].
Agora dá igual o que xoguen as negras pois o primeiro bando ten construida unha «Fortaleza Inexpugnábel» e movendo sempre a dama de «29» a «25» e viceversa teñen garantido o empate. Só resta contar ata que o rival teña efectuado os 20 lances que estipula o regulamento.
Este adaptación está baseada na que, para corrixir a inverosímil posición orixinal de A. Adelaide, presenta Eduardo Valente na súa obra «153 Problemas do Livro “Jogo de Damas” de José Syder».
O lector debe notar que unha vez construída a fortaleza, o empate está sempre garantido, independentemente da cal sexa a vantaxe material do rival.
Ningún comentario:
Publicar un comentario