luns, 18 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 18

1.31-27, 23-19; 2.27-22, 19-14; 3.22-18 ... [O último ataque necesario. Se 3.22-15�,* 01-10; 4.15-02, 10-13; 5.02-15, 09-05; 6.15-19, 14-10; GN.] 3. ... 14-10; [Tras 3 ataques directos agora o peón auto-obstrúe a liña impedindo á dama ocupar unha casa gañadora] 4.18-11, 01-05; 5.11-02, 05-01; 6.02-11, [EMP].


A característica fundamental deste blog é que en cada entrada debe aparecer algo novo de interese. Moitos dos nosos lectores estarán pensando no motivo da publicación deste final se aparece nos tratados de iniciación e resulta sobradamente coñecido.


A explicación reside en que sempre se amosa como un caso xeral e nunca vimos indicada a súa autoría, que como se pode ver no diagrama pertence ao autor clásico español, Pedro Ruiz Montero. Por engadidura, a este autor pertence tamén a honra de ser o primeiro en presentar o tema «Ataque directo» que consiste en repetir un mínimo de 3 veces un ataque a un ou máis peóns e despois conseguir o obxectivo tras un lance libre das negras.


Ningún comentario: