As negras van tratar de defenderse cortando o pase do peón, ou permitindo que saía para despois atacalo directamente ou previo desvío da dama branca de "28".
Outras xogadas non impiden o avance do peón.
Por exemplo 3. ... , 31-27; 4. 06-11, 27-20; 5. 11-14, e se agora continúan con 5. ... , 20-11; segue 6. 07-04, 11×25; 7. 01-14 e 8. 04×14 G.B.
Esta mesma posición foi proposta polo campión lisboeta de 1943 Fernando Martins, pero o desenvolvemento que nós aquí indicamos é diferente.
1. ... 22-13;
As negras ocupan a diagonal de corte 3/17. Outras opcións son:a) 1. ... 22-31; 2.28-24, 31-27; [Se vai a 22 segue o mesmo proceso, e se fai 1. ... 31-13; perden por envío a dama con 2.02-05, 09×02; 3.07-11 e 24×17 G.B.] 3.07-14, 27-22; [Se 3. ... 27-31; 4.2-6, 31-22; (non vale 4. ... 31-13; polo envío a dama con 14-05, seguido de 06-11 G.B. -Ver nota ao final desta entrada-) 5.24-31, 22-29; 6.14-01, 29-25; 7.31-22 e remate de Valls] 4.24-31, 22-29; [Se 4. ... , 22-12; 5.2-6 e traspón. Ou se 4. ... , 22-26; 5.02-06, 26-17; 6.06-11 volve a traspoñer. No caso de 4. ... 22-15; 5.14-11, 15x06; 6.02x11, 09-05; 7.31-28 G.B.] 5.02-06, 29-12; 6. 14-01, 12-07; [non vale 6. ... , 12-15; por 7. 31-24, 15×2 e 8.01-05 G.B con prisión.] 7.31-22, 07-21; 8.22-08, 21-04; 9.01-28 e G.B. polo remate de Valls.
b) 1. ... 22-27; 2.- 02-06, 27-31; (Non vale 2. ... 27-20 por 3. 28-24 G.B. e se xogan 3. ... 27-22 ou 27-13; segue 4.6-11 pasando o peón con facilidade.) 3. 28-01, e traspoñemos a mesma posición e idéntica xogada da "Base 1".
c) 1. ... 22-26 ou 22-29 ou 22-8; 2.02-06 con pase sen dificultades.
2.07-21, 13-17;
a) 2. ... 13-3; 3.21-17, 03-12; 4.02-06, 12-07; 5.28-01, ... (Non valía directamente 5.17-26, 7-3; 7.06-11, 3-7; 8.11-15, porque agora 07-12 gaña material) 5. ... 7-18; 6.17-26 para ir a 8 e chegar á posición de remate de Valls.
b) 2. ... 13-27; 3.02-06, 27-30; (outras traspoñen á variante seguinte. Ver "c") 4.21-17 e acabáronse os problemas.
c) 2. ... , 13-22; 3.- 02-06, 22-31; (Se 3. ... , 22-27 xa vale 4.06-11. Se 3. ... , 22-13 ou 22-15 perden a dama. E se 3. ... 22-29 ou 22-12 ou 22-8; segue 4.21-4, ?-22; 5.06-11 e pase fácil) 4.28-01, 31-24; (Se 4. ... 31-13; 5.21-17 gaña a dama ou se 4. ... , 31-22 ou 31-27; 5.06-11) 5.21-11 traspón a xogada seis do remate de Valls.
d) 2.- ... 13-31; 3.28-24 e traspón á variante "a" da primeira xogada. Utiliza un movemento máis para coroar.
3.- 21-30, 17-13;
Se 3. ... , 17-03; 4.30-17, traspón á variante "a" da segunda xogada. Utiliza un movemento máis para coroar.
4.- 30-17, 13-22; Se 4. ... 13-31 con 5.28-14 capturan a dama.5.02-06, 22-31; 6.28-10 ...
Para defender o peón cun gancho. Esta idea aparece por primeira vez no tratado de Alonso Guerra (1595).
6. ... 31-18;
Non vale 6. ... 31-13 porque se perde a dama. O mesmo acontece se 6. ... 31-24; xa que con 7.06-11 funcionaría o gancho.
7.10-01, 18-07; 8.17-26 , 07-18; 9.26-08 ...
E estamos no remate de Valls despois da segunda xogada do branco. Precisaremos para coroar 22 movementos en total.
...............................................................................
BASE 3XOGAN NEGRAS
As brancas ameazan 14-18 polo que a dama negra debe abandonar a diagonal 9/31.
1. ... 22-26;
Se xogan para 8 ou para 29 a continuación é a mesma.
2.14-28 ...
E agora para impedir o avance do peón as negras só dispoñen de dúas alternativas que van traspoñer a posicións xa coñecidas:
a) 2. ... 26-15; 3.03-07, "Base 1".
b) 2. ... 26-22; 3.03-07, "Base 2".
................................................................................
NOTA REFERIDA Á BASE 2:
No apartado "a" da primeira xogada segue 1. ... 22-31; 2.28-24, 31-27; 3.07-14, 27-22. E no desvío con 3. ... 27-31, 4.02-06 indícase que non vale 4. ... 31-13; polo envío a dama con 14-05, seguido de 06-11 G.B.
Con todo cómpre aclarar que os clásicos españois non contemplaban a lei da calidade polo que nese caso poderían seguir con 5.06-11, 13-31; 6.14-19, 31-18; 7.11-15, 18-31; (7. ... 18-25; contéstase con 8.19-14 G.B.; tampouco resulta 7. ... 18-07 porque as brancas non avanzan o peón e gañan xogando primeiro a dama para "31") 8.24-20, 31-24; (se van a 18 ou 13 perden por envío a dama) 9.19-01, 24-31; 10.15-19 e as brancas gañan igualmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario