Manuel Cárceles Sabater (1850-1933)
foi un afamado médico madrileño e ao mesmo tempo un afervoado damista que contaba cunha estupenda biblioteca especializada no noso xogo. Considerado o último dos grandes clásicos, publicou en 1904 o "Tratado del Juego de Damas" dedicado integramente á "Apertura do Río". Na parte introdutoria presenta unha serie de instrutivas posicións, como a do "saque de peón", que nos poden servir de grande axuda para aprender a rematar os xogos.Pablo Cecina Rica (1718)
XOGAN NEGRAS E EMPATAN
12. ... 18-13!; 13.06-11, 13-18!;
O comezo da nosa manobra defensiva. O Dr. Cárceles Sabater [Lance 46 - apartado 5] continuaba con 13. ... 13-06; 14.11-15, 06-03; 15.20-24, 03-16; 16.24-31, 16-12; 17.19-29, 12x19; 18.29x15, 09-05; 19.31-28 [G.B.]
14.11-15, 18-25!!;
A clave da manobra defensiva.
15.20-30 ...
Para impedir 15. ... 25-11; debido ao gancho con 16.19-23, [G.B.] pero ....
15. ... 25-29!; EMP.
O cambio de damas nada arranxa e non se pode impedir a perda do peón "15" despois de 09-05.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
PASE DE LORENZO VALLS
O máis difícil deste final e efectuar a saída do peón sen comprometelo, algo que estudaremos nas dúas próximas semanas.
Para completar o tema dos autores clásicos imos examinar agora a situación á que aludimos cando comentamos a xogada 12. As brancas xa superaron a primeira fase e teñen o peón avanzado un paso. Vexamos como Lorenzo Valls levaba este peón a dama.
Lorenzo Valls (1597)
XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN
1. 03-12, 18-21;
As negras non abandonan a paralela 4/25 para manter cortado o paso do peón. Se decidisen atacalo con 1. ... 18-13; segue 2. 06-11, 13-06; 3. 12-15! (nótese que non vale 3. 11-14 porque despois de 3. ... 06-03; perden unha das dúas damas debido á ameaza 09-05.) 3. ... 06-03; 4. 15-29 e o peón pasa sen máis problemas, pois se 4. ... 03-06; as brancas gañan co gancho 5.01-19.
2. 12-08, 21-04;
Para impedir que a dama branca apoie o peón desde a casa 4. O atranco é momentáneo pero ao menos conseguen descolocar a outra dama.
3. 01-28, 04-18;
As brancas escollen a mellor casiña, pois desde 28 poden defender calquera ataque sobre o peón. O bando rival non consegue retrasar por máis tempo a desaloxe da paralela 4/25 e busca impedir o avance de peón de forma indirecta co ataque en 31.
4. 08-04, 18-31;
Non hai nada mellor. Se 4. ... 18-27; con 5. 06-11 o peón avanza de forma imparable xa que o intento de obrigar ás brancas a autotaponar o río con 5. ... 27-20; fracasa fulminantemente. Pérdese a dama despois de 6. 28-24 seguido de 7. 04-11.
Pedro Ruíz Montero presenta unha situación moi similar á da liña principal. El desaloxa á dama branca, non desde 4, senón desde a casiña 25, que para os efectos é o mesmo; pero logo ao contestar ao ataque 4. ... 18-31; obcécase con que a dama ten que ir a 10 e non consegue progresar, polo que considera este final como empatado. Posteriormente Lorenzo Valls revisa o método e consegue dar coa idea que permite rematar esta posición.
5. 28-01, 31-24;
A continuación máis resistente. Ao ter o branco a dama en "1", só esta xogada retrasa o avance inmediato do peón.
6. 04-11, 24-31; 7. 06-10, 31-24;
De nada serviría 7. ... 09-05; por 8. 11-02, 31-09; e 9. 10-14 [G.B.] pola “forzosa".
8. 11-02, 24-31; 9. 10-14, 31-22;
A situación xa esta clara. Só vamos a comprobar o número de movementos que se necesitan para levar o peón a dama.
10. 02-24, 22-29; 11. 14-18, 29-26; 12. 24-02, 26-12; 13. 18-21, 12-08; 14. 21-25, 08-29; 15. 02-11, 29-22; 16. 25-29 ...
E o peón coroou en 16 movementos. [G.B.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario