Antes de comezar
pensamos que é importante aclarar que neste tipo de
finais existen moitas posicións que se poden resolver con procesos similares
tanto nas «Damas Clásicas» como nas modalidades nas que o peón pode capturar
para atrás, como é o caso das «Damas Rusas», das «Pool Checkers», ou das «Damas
Brasileiras». Por este motivo decidimos revisar os estudos fundamentais
realizados nas catro modalidades para poder elixir o mellor método e tamén para
contrastar posíbeis coincidencias e clarificar autorías.
Dando por feito que
o bando forte domina o río, no estudo deste final debemos distinguir 2 grandes
casos segundo que a paralela «8&29» estea ocupada por un ou por
outro bando.
Neste caso, se o bando
forte domina o «río» e consegue tamén manter o control desta diagonal «08↗29», gaña sempre. Para iso necesita ademais conquistar o «circuíto
medio» [2→9→31→24] e construír unha BASE coa que poida reducir as casas de escape e así
atrapar a dama defensora ou forzar a entrega dalgún dos peóns.
Despois de realizar
un minucioso estudo decidimos escoller unha BASE na que se colocan as damas nas
casas «1», «15» e «22». Podendo incluso a dama do «río» estar en «32» pois o
proceso sería o mesmo.
Esta BASE é a mesma
que emprega o Dr. Cándido Sena Carneiro na 2ª edición dos seus «Finais
Prácticos Básicos», unha obra realizada en colaboración con Manuel Melo e
publicada a partir de setembro do ano 1986. Curiosamente coincide tamén coa publicada
no noso anterior artigo nun histórico final do Cap. Evaristo Borges [Non na altura que el a menciona,
senón no movemento anterior] e aparece
igualmente nalgúns traballos que damistas brasileiros publicaron no desaparecido
«Diário Carioca» a comezos dos anos 60 do século pasado.
A pesar destas
coincidencias na BASE, o método que aquí imos expoñer presenta procesos
diferentes nalgunha das posíbeis hipóteses e engade tamén variantes novas. Con
todo, no desenvolvemento do estudo indicaremos sempre a autoría das posicións e
das respectivas análises cando estas non nos pertenzan.
CONSTRUCIÓN DA BASE FUNDAMENTAL
A mellor forma para
tratar de resistir en defensa é colocar a dama nunha das casas do circuíto
medio [2→9→31→24]. Para realizar a súa expulsión o bando forte debe entrar por unha casa
dispoñíbel empregando a dama que non está no «río» nin na diagonal «08&29». Por motivos didácticos, consideraremos que esta
entrada vaise facer polas casas «6» ou «13» [Aínda que tamén se podería facer por «11» ou
«18» ou incluso por «20» ou «27», seguindo despois o proceso sempre de forma
idéntica]. Unha vez dentro os pasos serán:
➤ Se a dama está colocada na casa «6»:
As brancas continúan
con 2.06-02 ... [Se
a casa «2» estivese ocupada o proceso máis curto sería replicando con 2.06-24,
seguido de 3.08-15, e 4.24-31. Aínda que se queremos facer unha máis sinxela
sistematización a resposta máis práctica sería 2.06-13 ... (Traspoñendo para a liña do paso que explicaremos no
seguinte parágrafo) xa
que neste caso no valería 2. ... 02-09; pois as brancas dispoñen de «gancho»
gañador levando a dama do «río» para a casa «19»] seguido de 3.08-15, e 4.02-09 ... [Se a casa «9» estivese ocupada, faise previamente un movemento de espera
cambiando de canto a dama do río].
➤ Se a dama está colocada na casa «13»:
As brancas
continúan con 2.13-09 ... [O
sistema, que con dama procedente da casa «18», emprega no «Curso de Finais» de V. Malamed e Y. Barsky
publicado en Moscú no ano 1989] seguido de 3.08-22, e 4.09-02 ... [Se a casa «2» estivese ocupada,
faise previamente un movemento de espera cambiando de canto a dama do río].
REMATES NA POSICIÓN BASE
SEGUNDO A COLOCACIÓN DA DAMA NEGRA
Seguidos estes
pasos, a formación da BASE non ofrece ningunha dificultade. Unha vez
construída, a dama negra non pode estar na casa «8»
pois cae tras 1.22-29, [GB]. Tampouco, en ningunha das casas do «circuíto
medio» [2→9→31→24] do que, como acabamos de explicar, debe ser expulsada previamente. Imos
ver pois como se gaña se está situada nalgunha das outras casas nas que pode
buscar refuxio [As
marcadas cun «x» nos dous diagramas ilustrativos que reflectimos
ao principio do estudo].
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «4»
1.15-06 …
Para ir á casa «17»
construíndo un «niño» típico das hipóteses nas que a dama negra defende na
diagonal «04↗25».
O primeiro autor do
que coñecemos un estudo desta hipótese foi o Dr. Bolivar Mascarenhas, forte
damista de Curvelo no estado brasileiro de Minas Gerais, que
forma a posición coa dama procedente da casa «20». Aparece na «variante 6» das
súas análises publicadas no «Diario Carioca» no ano 1963.
1. … 04-08;
A única
continuación indicada polo damista brasileiro. Outras posibilidades poderían
ser:
a) 1. ... 04-07; 2.06-17, 07-03; [Escapando da ameaza 22-18] 3.22-12, 16x07; 4.01-10, 03x13; 5.17x12, [GB]. Análise
do Dr. Sena Carneiro.
b) 1. ... 04-21; 2.06-17, 21-30; [Se continúa na paralela, remátese
con 3.22-18, seguido de 4.17x26, GB.] 3.22-26, 30x21;
4.17x26, [GB]. Análise do Dr. Sena Carneiro.
c) 1. ... 25-21; [Continuación non contemplada no mencionado
volume do tratadista portugués, aínda que curiosamente é a defensa que prolonga
máis o desenlace] 2.06-15 ... [Non 2.06-17�, *21-18; 3.22x13,
16-12; EMP.] e agora se:
➤ 2. ... 04-07; 3.15-08, 07-04; [Se 3. ... 21-17; dispara a batería con 4.22-13,
17x10; 5.01x04, GB. Se 3. ... 07-11; 4.08-04, e cae o peón. Ou se 3.
... 07-03; 4.08-04, 21-17; 5.22-09, e as negras tamén terían que entregar
material] 4.22-09! ... [Ameazando capturar a dama con 5.10-14. Coa mesma
idea tamén vale 4.22-31, pero esta alternativa demoraría o final dous lances
máis] 4. ... 21-17; 5.01-19! ... [O modo máis rápido. Aínda que
aparentemente semella mellor 5.09-22 ... (O proceso habitual
cando a base é formada coa dama na casa «31») 5. ... 04-25; 6.08-04, e a dama queda atrapada,
pero realmente aquí despois de 6. ... 17-13; 7.22x09, 25-29; o final prolóngase
un pouquiño máis como se pode comprobar na seguinte opción con 2. ... 21-17; na
que se alcanza esta mesma posición] 5. ... 04-11; [Se 5. ... 04-07; ou 5.
... 04-21; segue 6.08-04, e a dama cae. Do mesmo xeito se 5. ... 04-25;
con 6.08-04; a dama queda atrapada. O lector debe notar que se aquí as negras
xa entregan o peón con 5. ... 17-13; despois de 6.09x22, 04-11; 7.08-04,
11-02; 8.22-09, a dama non ten escapatoria e o final resulta máis curto que na
variante alternativa con 5.09-22] 6.08-04, 11-02; [Se 6. ... 11-24; segue 7.19-28,
24x31; 8.04-18, 31x13; 9.*09x22, GB. Ou se 6. ... 11-06; ou 6. ...
11-20; quedando no aire, decide o disparo con 7.19-12, GB.] 7.04-14, 02-20; [Se 7. ... 02-06; 8.14-10, GB. Ou se 7. ... 02-24; 8.19-28,
24x31; 9.14-18, 31x13; 10.*09x22, GB.] 8.09-02, 20-27; [Se 8. ... 20-30; segue o
mesmo desenlace tras 9.19-23. Ou se 8. ... 20-24; 9.14-11, GB.] 9.19-23, 27x20; 10.02x24, [GB].
➤ 2. ... 21-17; 3.15-08, 04-25; [A dama non pode colocarse no aire debido ao disparo da «batería» con
4.22-13] 4.08-04, 17-13; [A mellor, para liberar a dama do encerro nas
paralelas] 5.22x09, 25-29; [Formando unha posición á que nos referimos nas
notas da opción anterior 2. ... 04-07] 6.09-02!, 29-22; [Se 6. ... 16-12; 7.01-19,
29x15; 8.02x20, GB. Se 6. ... 29-26; 7.04-08!, 26-21; (Agora se 7. ... 26-17; segue o mesmo proceso. Ou
se 7. ... 26-30; xa directamente 8.01-23, 30x20; 9.02x24, GB.) 8.08-26, 21x30; 9.01-23, 30x20;
10.02x24, GB. Se 6. ... 29-12; 7.01-14, 12-03; (No caso de 7. ... 12-08; entronca na liña do desvío da opción
principal con 7. ... 22-08; Se 7. ... 12-22; 8.04-08, 22-09; entronca na
opción principal {Ou nos respectivos desvíos se as negras escollen 8.
... 22-13; 8. ... 22-27; ou 8. ... 22-31}. Se 7. ... 12-26; segue 8.04-08, entroncando na
liña do desvío da opción principal con 7. ... 22-26. Ou se 7. ... 12-29;
8.14-25!, como na liña do desvío da opción principal con 7. ... 22-29) 8.04-08, 03-13; (Se 8. ... 03-17; segue o mesmo proceso) 9.02-06, 13x03; 10.14-07, 03x12;
11.08x15, GB. Ou se 6. ... 29-08; 7.02-24, 08-22; (Se 7. ... 08-12; ou 7. ... 08-26; ou se 7. ... 08-29;
8.01-14, nos tres casos segue como nas respectivas posicións nas que a dama de
«24» está na casa «2») 8.01-14,
22-31; 9.04-08, 31-09; (Se 9. ... 31-27;
10.14-23, 27x20; 11.24x11, GB. Ou se 9. ... 31-13; 10.24-06, 13x03;
11.14-07, 03x12; 12.08x15, GB.) 10.14-05, 09x02; 11.08-15, 02x20; 12.24x15, GB.] 7.01-14 ... [Aproveitando
que non vale o avance de peón. Neste final as brancas deben dominar as dúas
paralelas para poder construír a base de remate que se formaría colocando as
damas nas casas «8», «14» e «24»] 7. ... 22-13; [Se 7. ... 22-08; 8.14-25,
08-19; 9.*02-15, 19x12; 10.25-29, 12-08; 11.04-14, 16-12; 12.14-25, GB. Se 7.
... 22-09; 8.04-08, 09-13; (Tampouco vale 8.
... 09-27; por 9.14-23, 27x20; 10.02x24, GB. Nin 8. ... 09-31; por 9.14-28,
31x24; 10.08-15, 24x11; 11.02x15, GB.) 9.02-06, 13x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, 16-12; 12.15x08, GB. Se 7.
... 22-12; 8.04-08, 12-03; 9.14-07, 03x12; 10.08x15, GB. Se 7. ... 22-26;
8.04-08, 26-17; (Os retrocesos ás casas
«29» ou «30» permiten a troca pola dama de «14» e GB.) 9.02-06, 17x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, GB. Se 7. ... 22-27; 8.14-23, 27x20; 9.02x24, GB. Se 7.
... 22-31; 8.14-28, 31x24; 9.04-11, 24x06; 10.02x15, GB. Ou se 7. ...
22-29; 8.14-25!, 29-19; (Se 8. ... 16-12;
9.04-08, GB. Se 8. ... 29-12; 9.04-08, e cae a dama. Ou se 8. ... 29-08; 9.25-29, 16-12;
10.02-11, 12-07; 11.11-15, GB.) 9.02-15, 19x12; 10.25-29, 12-08; 11.04-14, 16-12; 12.14-25, GB.] 8.04-08, 13-09; [Se 8. ... 13-03; 9.14-07, 03x12; 10.08x15, GB. Se 8. ... 13-17;
9.02-06, 17x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, GB. Se 8. ... 13-27; 9.14-23,
27x20; 10.02x24, GB. Ou se 8. ...13-31; 9.14-28, 31x24; 10.08-15, 24x11; 11.02x15, GB.]
9.02-24 ... [Formando a Base] 9. ... 09-31; [Evidentemente
se van ás casas «2» ou «27» perden ao permitir a troca coa dama de «14». Ou se
moven 9. ... 09-13; segue 10.24-06, 13x03; 11.14-07, GB.] 10.14-23! ... [Proposta
de Manuel Melo para simplificar o desenlace. Antes os libros seguían co lance
de espera 10.08-29; orixinando unha maior cantidade de variantes] 10. ... 31-13; 11.08-22, 13x20; 12.24x15, [GB].
2.01-19 ...
Necesaria para poder
progresar. Se 2.22-29, 08-04; obriga a repetir posición con 3.29-22.
2. ... 08-04;
Ou se 2. ... 16-12;
3.*06-17 ... [Non 3.06-03�, por
3. ... *25-21; 4.03x16, 21-18; EMP.] 3.
... 08-04; 4.19x08, 25-21; 5.17x30, 04-14; 6.*30-21, 14x25; 7.08-04, [GB].
Ambas as dúas análises do Dr, Sena Carneiro.
3.06-17 ...
Despois deste lance
o Dr. Bolivar Mascarenhas xa dá o xogo por gañado sen estender máis a análise.
3. ... 16-12;
Se 3. ... 04-07
ou 3. ... 04-11 as brancas rematan con 4.22-18, seguido de 5.17x30,
[GB]. Mesmamente evidente resulta 3. ... 04-08; ao que seguiría 4.19-29,
[GB]. As negras poderían sacrificar primeiro o peón «25» e despois o de «16,
pero a posición sería igual que na liña principal».
4.19x08, 25-21;
Desfacendo o «niño».
Pois a ameaza 5.18-22 persistía e as brancas seguen controlando o río de forma
indirecta.
5.17x30, 04-14; 6.30-21, 14x25; 7.08-04, [GB].
A dama cae atrapada
nas paralelas. Análise complementaria de Sena Carneiro.
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «7»
Posición do damista
brasileiro Pedro Augusto Diniz publicada no «Diário Carioca» do
17/06/1962 na sección de damas orientada polo comandante Cícero Rocha.
1.15-06! ...
Iniciando a
consabida manobra que permite ir á decisiva casa «17».
1. ... 07-04;
Así é como segue a
análise no citado diario. Outras posíbeis alternativas poderían ser:
a) 1. ... 07-21; 2.06-17, 21-30; [A dama esta atrapada. Se
permanece na paralela, segue 3.22-18, e 4.17x26, GB.] 3.22-26, 30x21; 4.17x26, [GB]. Análise do Dr. Sena Carneiro.
b) 1. ... 07-03; [A dama pasa ao «circuíto maior» no que ofrece
menos resistencia] 2.06-11, 03-17; 3.11-04
... [Entronca na Hipótese
de Dama Negra en «3» xusto despois do segundo movemento branco].
c) 1. ... 25-21; 2.22-08, 07-04; 3.06-17,
21-18; 4.17-21, 18-13; [Se
4. ... 18-14; 5.*01x19, 04x25; 6.08-04, GB.] 5.21-25, [GB].
2.06-17 ...
Ameazando o determinante
3.22-18.
2. ... 04-08; 3.01-19 ...
Aquí finaliza a
solución de Pedro Augusto Diniz publicada no mesmo «Diario Carioca» dúas
semanas despois con data 02/7/1962.
O Capitán Evaristo
Borges no seu estudo non analiza esta hipótese que estamos agora tratando. Pero
curiosamente, despois de dar algunha volta chega ata esta mesma posición [Ver no artigo anterior a posición
da «variante c» despois de 13.23-19] e remata igual que
imos ver aquí.
3. ... 16-12;
Evidentemente se 3.
... 08-04; segue 4.22-18, 04x21; 5.17x26, [GB].
4.17-30, 08-04; 5.19x08, 25-21;
Se 5. ... 04-14;
6.22-18, [GB].
6.30x17, 04-14; 7.17-21 ...
Agora temos a mesma
posición que na liña principal da Hipótese anterior, pero con un lance máis por
bando.
7. ... 14x25; 8.08-04, [GB].
Esta análise complementaria,
no libro dos «Finais Prácticos Básicos» é atribuída a Manuel Melo, pero como xa
dixemos arriba realmente pertence ao Cap. Evaristo Borges.
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «21»
Posición do Cap.
Evaristo Borges formada no seu final que publicamos no artigo anterior despois
de 7. ... 04-21.
1.15-06 ...
A típica manobra
seguindo a idea que vimos nas hipóteses precedentes. Aquí Borges continúa con
1.01-19, formando a que el considera como «Posición Base». Pero ese plan
retarda innecesariamente o desenlace.
1. ... 21-30;
Esta continuación
non é contemplada no libro de finais do Dr. Sena Carneiro que só indica as
seguintes variantes:
a) 1. .... 21-04; [Entronca nunha posición xa vista na liña principal da Hipótese Dama Negra
en «7»].
b) 1. ... 21-07; [Entronca nunha posición xa vista na variante 1.
... 04-07 da Hipótese Dama Negra en «4»].
c) 1. ... 21-17; 2.06-03! ... [Máis sinxelo que no libro dos
«Finais Prácticos Básicos» no que segue con 2.06-11] 2. ... 17-30; [Se
2. ... 17-21; 3.03-17, estamos nunha posición xa vista, con un tempo menos por
bando, na variante 1. ... 04-21 da
Hipótese Dama Negra en «4» na que entronca xusto despois do movemento 2.06-17] 3.01-23, 30x20; 4.22-12, 16x07; 5.03x30, [GB].
2.06-03, 30-20;
a) 2. ... 30-17; 3.01-10, 17x06; 4.03x17, [GB].
b) 2. ... 30-21; 3.03-17, [GB].
3.22-12, 16x07; 4.03x30, 25-21; 5.30x17, [GB].
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «3»
1.15-11 ...
Coa mesma idea,
tamén valería 1.22-18, 03-17; 2.18-04, 17-03; [Se 2. ... 17-13; 3.15-12, 16x07; 4.04x09,
GB. Ou se 2. ... 17-30; 3.01-10!, 30-27; (Se 3. ... 30-17; 4.15-08,
entronca na liña principal) 4.15-12,
16x07; 5.04x31, GB.] 3.15-08, entroncando.
1. ... 03-17; 2.11-04, 17-03;
a) 2. ... 17-30; permite o pequeno golpe
3.01-23, 30x20; 4.22-12, 16x07; 5.04x24, [GB].
b) 2. ... 17-06; [Cae baixos os efectos da «batería» formada polas
damas «22» e «11» e o complementario peón negro de «25»] 3.04-21 ... [Posíbel
tamén era 3.22-12, pero a textual é máis rápida] 3. ... 25x18; 4.22x03, [GB].
3.22-08 ...
Formando a que
denominamos como «Batería de remate do Cap. Borges» [Damas «4» e «8» e o complementario peón negro
de «16»], típica nos casos nos que a dama do bando
defensor está situada nunha das casas do «circuíto maior» [«3→17→30→16»]. Borges realmente forma a posición coa dama do río na casa «23« pero para
o caso a situación desta peza resulta indiferente.
3. ... 03-17;
Se a dama xoga en
falso, a «batería» dispara con 4.08-12, [GB].
4.01-10, 17x03;
De novo, se queda
no aire na casa «6» prodúcese o disparo 4.08-12,
[GB].
5.04-07, 03x12; 6.08x26, [GB].
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «17»
1.01-23! ...
Alcanzando unha
posición que tamén aparece no final do Cap. Evaristo Borges.
A alternativa
1.15-11, empregada polo Dr. Sena Carneiro nos «Finais Prácticos Básicos», con
idea de formar a famosa «Batería de remate» típica para os casos nos que a dama
negra se refuxia no «Circuíto Maior» retarda un pouco máis o desenlace. Coa
textual, no peor dos supostos, as brancas tan só precisan de 13 lances para
gañar, sendo este indubidabelmente o proceso máis rápido.
1. ... 17-03;
Outros posíbeis
intentos na defensa poderían ser:
a) 1. ... 17-30; 2.15-24, 30x20; 3.24x11,
[GB].
b) 1. ... 17-21; [Na análise do
Cap. Evaristo Borges está é a única continuación que contempla] 2.23-30! ... [Aquí Borges segue con 2.15-06, 21-17; 3.06-03, 17-21; 4.03-17, 21-30;
5.17-03, GB. ] 2. ... 21-17; [Así entronca na liña principal. Contra 2. ...
21-14; 2. ... 21-07; ou 2. ... 21-04; segue o evidente 3.22-18,
14x21; 4.30x17, GB].
c) 1. ... 25-21; [Perde este peón, pero é a defensa que fai gastar
máis lances ás brancas] 2.15-11, 17-03; 3.11x25,
03-06; [Se 3. ... 03-17;
4.25-04,] 4.25-18 ... [Neste caso este plan resulta máis rápido que o
habitual de formar a base triangular colocando as damas en «8», «14» e «24»] 4. ... 06-03; [Se 4. ... 06-17; 5.18-04, 17-03; (Contra 5. ... 17-06; 6.22-12, 16x07; 7.04x02, GB. E contra 5.
... 17-30; 6.22-19, 30x20; 7.19-12, GB.) 6.22-08, 03-17; (Se move en falso dispara a «batería») 7.23-10, 17x03; (De novo funcionaría a «batería» se comen para a casa «6») 8.04-07, 03x12; 9.08x15, GB. Se 4.
... 06-20; 5.18-09, GB. E finalmente, se 4. ... 06-02; ou 4. ...
06-24; a dama negra cae despois do sacrificio da branca de «23»] 5.18-04, 03-17; [Aquí ceder xa o peón para ir á «Forzosa» sería o que máis prolonga o desenlace.
Concretamente 9 lances máis. Se 5. … 03-06; 6.22-12, 16x07; 7.04x02, GB.] 6.22-08, 17-30; [Se 6. ... 17-03; 7.04-07, GB. Ou se a dama move en falso con 6.
... 17-13; ou 6. ... 17-06; dispara a «batería» e tamén GB.] 7.08-19 .. [Espera] 7. ... 30x20; 8.19-12, 16x07;
9.04x24, [GB].
2.23-30, 03-17;
A que máis
resistencia ofrece.
a) 2. ...
03-10; 3.30-21 ... [A
«batería» dispara] 3 ... 25x18; 4.22x03, [GB].
b) 2. ... 03-07; 3.22-18, 07x21; 4.30x17, [GB].
3.15-19 ...
Movemento de espera
para descolocar a dama negra. De modo similar, podíase xogar tamén 3.15-08, para
contestar a 3. ... 17-03; con 4.30-26. Pois agora se 4. ... 03-17; segue 5.26-21, [GB]. Como na liña
principal.
3. ... 17-03;
Se move en falso
para a casa «6» remata a «batería» con 4. ... 30-21; seguido de 5.22x03, [GB].
4.19-08! ...
Agora no momento
exacto as brancas forman a «armadilla decisiva». Nótese que non vale 4.30-17�, por 4. ... 25-21; 5.17x26, 16-12; 6.19x08, 03-10; [EMP].
4. ... 03-17;
a) 4. ... 03-07; 5.22-18, 07x21; 6.30x17, [GB].
b) 4. ... 03-10; [Se 4. ... 03-06; as brancas gañan co mesmo proceso] 5.30-21, 25x18; 6.22x03, [GB].
5.30-21 ...
E o «gancho» funciona
para atrapar a dama negra.
5. ... 17x19; 6.08x26, [GB].
HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «30»
1.01-10! ...
De novo máis
preciso que o 1.15-11; indicado nos «Finais Prácticos Básicos».
Esta posición tamén
aparece na liña principal do final de Evaristo Borges xusto despois de 9.19-10.
1. ... 30-17;
Neste punto tamén
se podería optar por:
a) 1. ... 30-21; 2.10-17 ... [Borges seguía movendo a dama para
a casa «23» sen decatarse que a textual decide de modo fulminante]. Máis unha vez repítese o desenlace. No caso de que a
dama volva para «30» segue 3.22-26, [GB]. Se permanece na paralela o desenlace
sería con 3.22-18, [GB].
b) 1. ... 25-21; 2.10-17, 21-18; 3.22x13, 30-23; 4.13-27, 23x30;
5.15-26, 30x21; 6.17x26, [GB].
c) 1. ... 16-12; [A continuación que máis retrase o desenlace pero
conduce a un final moi coñecido que se adoita resolver con «BASE» formada polas
damas nas casas «17», «18» e «19»]. Podería seguir 2.15x08,
30-20; 3.08-04, 20-30; 4.04-11, 30-16; 5.10-19, 16-30; 6.11-06, 30-16; 7.06-17,
16-03; 8.22-18, 03-16; 9.19-12, 16x21; 10.17x26, 25-21; 11.26x17, [GB].
2.10-03! ...
Máis rápida que a
continuación 2.10-23, usada por Borges.
2. ... 17-30;
Sobra dicir que se 2.
... 17-21; segue 3.03-17, e as brancas gañan como vimos na nota anterior.
3.15-08, 30-21;
a) Se 3. ... 30-23; ou 3. ...
30-20; segue 4.08-12, 16x07; 5.03x30, [GB].
b) Se 3. ... 30-17; 4.22-13, 17x10;
5.03x17, [GB].
4.03-17, [GB].
Máis unha vez a
dama cae atrapada no «niño».
RESUMINDO
O bando forte gaña sempre. A mellor
forma para prolongar a resistencia é defender coa dama nunha das casas do
«circuíto medio» [2g9g31g24] e, segundo se pode deducir do estudo das diferentes
hipóteses, cando sexa expulsada debe preferirse facelo para unha casa da
diagonal «4&25».
Neste caso existen
posicións moi particulares nas que se pode presentar algún empate, pero polo
xeral o bando forte conserva aínda moitas posibilidades de vitoria se consegue
obstaculizar o desprazamento do peón «16», ben de forma directa colocando unha dama
en «3» ou «7», ou ben de forma indirecta construíndo unha «armadilla
anti-avance». Deste modo pode prepararse para posteriormente expulsar a dama
defensora desa diagonal e gañar coa BASE fundamental estudada no anterior
capítulo.
Para poder realizar
a expulsión desta diagonal, coñecida como a «transversal» ou «paralela
superior», poden utilizarse tres BASES que representamos a continuación no
seguinte diagrama. As tres son válidas, pero case sempre algunha delas permite
rematar usando menos lances. Todo depende da posición de partida.
Deseguido imos ver
3 exemplos nos que podemos apreciar a conveniencia de cada unha delas.
Este traballoso
final do Dr. Bolivar Mascarenhas veu a luz o 17/2/1963 na columna que orientaba
o comandante Cícero Rocha no desaparecido «Diário Carioca». Debido á súa
extrema dificultade o autor bautizouno como o «Final Diabólico» ofrecendo como
premio un taboleiro de damas para o lector que lle enviase a mellor análise. O
concurso alcanzou unha gran difusión pois o abanico de participantes aumentou
notabelmente ao ser anunciado de novo por Geraldino Izidoro na súa sección do «Correio
da Manhã» por dúas veces, unha no 24/2/1963, coa colocación das pezas
errada, e outra no do 3/3/1963, xa ben presentado. Tras os 3 meses que había de
prazo, ningún concursante deu a solución exacta, aínda que houbo algún que
moito se aproximou.
1.02-11
...
O plan das brancas
consiste en colocar esta dama na casa «4» para no momento oportuno poder desde
o cadro «8» expulsar á dama negra da «paralela superior».
Como curiosidade
podemos engadir, que aínda que non foi contemplado polo autor, as brancas tamén
poderían seguir con 1.03-07, xa que tras 1. ... 29-26; 2.07-04, 26-08; 3.01-32,
08-29; 4.02-20, 29-08; 5.20-23, [Formando a BASE de expulsión do «gancho superior»] as brancas gañan no mesmo número de lances.
1. ...
29-22;
Aquí poderían optar
igualmente por 1. … 29-26; ou por 1. … 29-08; para despois de
2.11-04, defender na casa «12», como na liña principal.
2.11-04,
22-12!;
A mellor defensa.
Se moven en falso para as casas «15» ou «26», segue 3.04-08, e a dama negra é
obrigada a abandonar a prezada diagonal. Malo seria 2. ... 22-29; porque
despois do mesmo lance 3.04-08, a dama queda atrapada. E finalmente se 2.
... 22-08; segue 3.01-14!, alcanzando a situación pretendida cun tempo de
menos [Nesta última
variante tamén valería 3.03-10, formando a base de expulsión con «gancho inferior»].
3.01-05
...
Movemento de
espera. Pois non vale directamente 3.04-08, por 3. ... *12-07; 4.03x12, 16x07; [EMP]. As brancas pretenden ir á casa «14» xusto
despois de que as negras coloquen a dama en «8» e así evitar a manobra
defensiva que acabamos de indicar. Coa dama en «14» pódese impedir a mencionada
troca da casa «7».
O Dr. Bolivar di
que o movemento de espera pode ser en varias casas do «río», o que é certo,
pero resulta curioso que na súa análise opta por 3.01-10 e nese caso as negras
en vez de 3. ... 12-08; [Como na variante principal] poderían defender
con 3. ... 12-15!; e se 4.04-08 ... [Para expulsar a dama da «paralela superior»] seguir con 4. ... 15-11; [Ameazando a troca] o que obrigaría ás brancas a recuar con 5.*08-04, sen facer ningún
progreso.
3. ...
12-08;
Impedindo entrar na
casa de expulsión.
4.05-14 ...
Formando a Posición «BASE de EXPULSIÓN».
Unha «armadilla antitroca» que despistou a
moitos solucionistas e que o autor xulga ser imprescindibel. Neste caso as
BASES en «gancho» retardarían o proceso, aínda que naquel momento eran
descoñecidas.
O Dr. Sena Carneiro
na súa 1ª edición dos «Finais Práticos» explica o caso de forma moi
confusa, pois na páxina 470 considera erroneamente que o final é de empate,
pero máis adiante, na 492, volve ao tema e presenta unha solución [Que asegura ser gañadora] na que previamente xoga 3.03-06, pero por erro os lances seguintes
saen de forma incongruente, aínda que se pode descifrar que pretendía seguir con
3. ... 12-08; [Pouco varia se
3. ... 12-29; pois con 4.01-14, 29-08; 5.06-03, chégase á posición pretendida
de forma máis rápida] 4.01-14, 08-29; 5.06-10,
29-08; 6.10-03, alcanzando a mesma «Posición de Expulsión» do Dr. Bolivar Mascarenhas. Anos máis tarde, na 2ª edición, presenta o
proceso de modo moi similar ao do damista brasileiro facendo a espera con
3.01-32 ... [Xa antes explicamos
que se pode facer en varias casas] e despois de 3.
... 12-08; segue colocando a dama do «río» na casa «14», indicando que é o
habitual pero sen mencionar ningunha autoría.
4. ... 08-15;
Tanto este lance
como 4. ... 08-22; [Refuxiándose
no «circuíto medio» («2↗9↗31↗24»)] son as respostas máis resistentes. Nese caso pódese responder
con 5.04-08, seguido de 6.14-32 ... [Asegurando o control do «río»] para despois
entrar no «circuíto medio» e formar a BASE tal como xa anteriormente
explicamos.
As negras perderían
facilmente se continuasen con:
a) 4. ... 08-29; 5.04-08, 25-21;
6.14x25, 16-12; 7.*03x16, [GB].
b) 4. ... 08-12; 5.04-08, 12-29; 6.14-19,
[GB].
c) 4. ... 08-26; indicada como frouxa
polo Dr. Bolivar Mascarenhas que despois de 5.04-08, da por finalizada esta
análise. Podería seguir 5. ... 26-30; 6.14-23, 30x20; 7.08-12, 16x07; 8.03x30,
[GB].
d) 4. ... 16-12; 5.03x16, 25-21; 6.14x25,
08-19; 7.16-12, 19x08; 8.25-29, [GB].
5.04-08
...
As brancas
conquistan a «paralela superior» e, como xa explicamos ao estudar este caso,
agora o seguinte paso sería formar a BASE con damas nas casas «15», «22» e «1»,
podendo esta última estar tamén na «32».
5. ... 15-02;
Se 5. ... 15-20; perden
inmediatamente con 6.08-12, [GB]. Pero si poderían igualmente escapar para a
casa «24». O proceso sería similar.
6.14-32
...
As brancas agora
teñen que expulsar a dama negra do «circuíto medio» entrando pola diagonal
desocupada, pero antes deben evitar perder o dominio do río, pois as negras
ameazaban con sacrificar o peón «25». O resto do proceso efectúase tal como xa
foi explicado anteriormente nos apartados correspondentes.
1. ...29-08;
As brancas teñen
preparada unha «armadilla» coa que están obstaculizando o avance do peón «16»
de forma indirecta. Nótese que no valía 1. ...16-12; por 2.01-19, e a dama cae atrapada.
A textual impide momentaneamente
2.04-08 que sería a resposta para expulsar a dama se vai a «26», «22» ou «12».
2.01-32
...
As brancas poderían
empregar a «Base de Expulsión» do Dr. Bolivar [Con 2.24-06, 08-29; 3.01-14 ... (Evidentemente, se 3.06-03, para formar a posición
orixinal segue 3. ... 29-12; 4.01-05, 12-08; 5.05-14, gastando aínda máis
lances) 3. ... 29-08;
4.06-03], pero nesta posición gaña de forma máis
rápida a BASE que consiste en formar un «gancho» colocando unha dama na casa
«32» e outra na «23».
A súa formación
tamén se podería construír con 2.01-23, 08-29; 3.24-28, 29-08; 4.28-32,
ou con 2.24-20, 08-29; 3.01-32, 29-08; 4.20-23.
2. ... 08-29;
3.24-20, 29-08; 4.20-23 ...
O lance co que o «gancho»
queda configurado.
4. ...
08-29;
A continuación temática,
aínda que máis resistentes serían 4. ... 08-15; ou 4. ... 08-22; para
despois de 5.04-08, poder defender no «circuíto medio».
5.04-08,
16-12; 6.08x22, 29x28; 7.32x14, [GB].
A mesma posición
vista no exemplo anterior, pero co lance trocado.
1.24-06! ...
A mellor. Nos «Finais
Práticos Básicos» prepara o «gancho» na parte superior con 1.01-32 e
despois de 1. ... 29-08; 2.24-20, 08-29; 3.20-27 ... [Ten que perder aquí un tempo retardando o proceso] 3. ... 29-08;
4.27-23, 08-15; 5.04-08, 15-02; [GB].
1. ... 29-08;
Outras posibilidades
son:
a) 1. ... 16-12; 2.06-03, 12-08;
3.03-12, [GB]. Bloqueo.
b) Se a dama se coloca en posición
flutuante con 1. ... 29-26; 1. ... 29-22; ou 1. ... 29-12;
permite 2.04-08, coa correspondente expulsión.
2.06-10 ...
Ao conseguir formar
xa o «gancho», esta é a solución máis rápida. As brancas poderían tamén
empregar o método «antitroca» do Dr. Bolivar Mascarenhas con 2.06-03 ... [Ou a transposición 2.01-14, 08-29;
3.06-10 ... (3.06-17, tamén vale) 3. ... 29-08; 4.10-03] 2. ... 08-12; 3.01-05, 12-08; 4.05-14, pero nese caso a
expulsión produciríase gastando dous lances de máis.
2. ... 08-29;
A continuación
temática. Outras alternativas nesta altura serían:
a) 2. ... 16-12; 3.10-17! ... [O máis sinxelo, sen necesidade de
atacar na casa «3»] 3. ... 12-07; 4.04x18 ...
[E temos un novo
final práctico que nos libros de iniciación solucionan coa BASE formada con
damas en «17», «18» e «19», pero que neste caso pode acurtarse sen necesidade
de ter que chegar a empregala] 4. ... 08-15; [Se 4. ... 08-12; 5.18-07,
12x03; 6.01-10, 03x13; 7.17x10, GB. Ou se 4. ... 08-29; 5.17-21, 29-08;
6.01-05, 08-29; 7.05-02, 29-08; 8.02-09, GB.] 5.01-10 ... [Formando
un «gancho»] 5. ... 15-29; [Se 5. ... 15-08; 6.17-21, 08-29; 7.10-05,
29-08; 8.05-09, GB. Se a dama vai a outra casa calquera cae baixo a acción do
gancho. Así se 5. ... 15-02; segue 6.10-06, GB. Ou se 5. ... 15-20;
ou 5. ... 15-24; ou 5. ... 15-12; coa correspondente troca nas
casas «11» ou «7», GB.] 6.17-21, 29-08; 7.10-06
... [Máis rápido que 7.10-05,
08-29; 8.05-02, 29-08; 9.02-09,] 7. ... 08-29;
8.06-11, 29-08; 9.11-04, [GB].
b) 2. ... 08-26; 2. ... 08-22;
2. ... 08-15; ou 2. ... 08-12; segue 3.04-08, e a dama é
expulsada.
3.04-08, 16-12; 4.08x22,
29x05; 5.01x14, [GB].
13 comentarios:
Curso de Finais» de V. Malamed e Y. Barsky publicado en Moscú no ano 1989
grazas polo aviso
Estudo Pankratov N. N. 1899 https://online.pubhtml5.com/hoaw/uplb/#p=12 Позиция XXIII DB 3 30 32 DP 4 P 16 25
Mascarenhas A Cigarra
1954 marco http://memoria.bn.br/DocReader/cache/4941202668726/I0054185-20Alt=001375Lar=000890LargOri=002092AltOri=003233.JPG
1954 abril http://memoria.bn.br/DocReader/cache/4941202668726/I0054350-20Alt=001351Lar=000890LargOri=002090AltOri=003173.JPG
Mascarenhas A Cigarra
1954 meio http://memoria.bn.br/DocReader/cache/1934404275874/I0054514-20Alt=001358Lar=000890LargOri=002046AltOri=003123.JPG
Pedro A. Diniz http://memoria.bn.br/DocReader/DocReader.aspx?bib=093092_05&pagfis=9981
http://memoria.bn.br/DocReader/DocReader.aspx?bib=093092_05&pagfis=10115
c) 1. ... 16-12; [A continuación que máis retrase o desenlace pero conduce a un final moi coñecido que se adoita resolver con «BASE» formada polas damas nas casas «17», «18» e «19»]. Podería seguir 2.15x08, 30-20; 3.08-04, 20-30; 4.04-11, 30-16; 5.10-19, 16-30; 6.11-06, 30-16; 7.06-17, 16-03; 8.22-18, 03-16; 9.19-12, 16x21; 10.17x26, 25-21; 11.26x17, [GB].
Máis rápido será
3.10-17 e se:
3. … 20-02 4.08-19 e se:
4. … 02-11 5.22-18 GB.
4. … 02-20 5.22-27 20x30 6.19-26 GB.
4. … 02-24 5.22-31 e se:
5. … 24-02 6.19-5 02x09 7.17-13 GB.
5. … 24-11 6.31-18 GB.
5. … 24-20 6.31-27 20x30 7.19-26 GB.
3. … 20-11 4.22-18 GB.
3. … 20-16 ou 3. … 2023 4.22-27 16 ou 23x30 5.08-26 GB.
3. … 20-24 4.08-19 e se:
4. … 24-02 5.22-09 e se:
5. … 02-11 6.31-18 GB.
5. … 02-20 6.31-27 20x30 7.19-26 GB.
5. … 02-24 6.09-31 e se:
6. … 24-02 7.19-5 02x09 8.17-13 GB.
6. … 24-11 7.31-18 GB.
6. … 24-20 7.31-27 20x30 8.19-26 GB.
4. … 24-11 5.22-18 GB.
4. … 24-20 5.22-27 20x30 6.19-26 GB.
3. … 20-30 4.22-26 GB.
Nos Damas rusos e brasileiros non é posible construír o gancho inferior, pero o gancho superior é posible. Na 2a posición do Dr. Sen Carneiro despois do 1.24-06 as negras teñen que mover o 1. ... 25-21 EMP. 1.01-32 29-08 2.24-28 08-29 3.28-14 29-08 4.14-23.
A continuación temática, aínda que máis resistentes serían 4. ... 08-15; ou 4. ... 08-22; para despois de 5.04-08, poder defender no «circuíto medio».
4. ... 08-15 5.04-08 15-24 6.23-27 24-02 7.08-22 02-06 8.27-31 06-24! 9.32-01 24-11! 10.31-24 11-04 (p.e.) 11.24-06! — 7 lances.
4. ... 08-22 5.04-08 22-13 6.23-20 13-31 7.08-15 31-09 8.20-24 09-31 9.32-01 31-13 10.24-31 13-21 (p.e.) 11.31-22 21-04 12.15-06 — 8 lances. 8 nao equalimente 7!
O Dr. Bolivar di que o movemento de espera pode ser en varias casas do «río», o que é certo, pero resulta curioso que na súa análise opta por 3.01-10 e nese caso as negras en vez de 3. ... 12-08; [Como na variante principal] poderían defender con 3. ... 12-15!; e se 4.04-08 ... [Para expulsar a dama da «paralela superior»] seguir con 4. ... 15-11; [Ameazando a troca] o que obrigaría ás brancas a recuar con 5.*08-04, sen facer ningún progreso.
No Damas Brasileiras ou rusas
5.10-19! 11-07?? 6.03x12 16x07 7.08-12 07x16 8.19-26 GB.
CONSTRUCIÓN DA BASE FUNDAMENTAL
Se a dama está colocada na casa «6»:
Tudo é simples para você 2.06-02 3.08-15 4.01-32 5.02-09 6.09-22.
E se 2.06-02 09-18 3.08-15 18-04 4.02-09 04-08 então 5.01-19 08-04 (se 16-12 6.09-31 25-21 [12-07 7.19-29 GB] 7.31-09 21-17 8.09-31 GB) 6.09-22 04-07 ou 04-21 (se 04-08 7.15-12! 16x07 8.22-29 08x22 9.29x19 GB) 7.19-01 ou 19-32. No 7 lances, não no 6 lances.
Publicar un comentario