venres, 30 de outubro de 2020

Finais de 3 DAMAS vs. DAMA e PEÓNS en «16» e «25»

Antes de comezar pensamos que é importante aclarar que neste tipo de finais existen moitas posicións que se poden resolver con procesos similares tanto nas «Damas Clásicas» como nas modalidades nas que o peón pode capturar para atrás, como é o caso das «Damas Rusas», das «Pool Checkers», ou das «Damas Brasileiras». Por este motivo decidimos revisar os estudos fundamentais realizados nas catro modalidades para poder elixir o mellor método e tamén para contrastar posíbeis coincidencias e clarificar autorías.
 
Dando por feito que o bando forte domina o río, no estudo deste final debemos distinguir 2 grandes casos segundo que a paralela «8&29» estea ocupada por un ou  por outro bando.


Neste caso, se o bando forte domina o «río» e consegue tamén manter o control desta diagonal «0829», gaña sempre. Para iso necesita ademais conquistar o «circuíto medio» [2→9→31→24] e construír unha BASE coa que poida reducir as casas de escape e así atrapar a dama defensora ou forzar a entrega dalgún dos peóns.
 
Despois de realizar un minucioso estudo decidimos escoller unha BASE na que se colocan as damas nas casas «1», «15» e «22». Podendo incluso a dama do «río» estar en «32» pois o proceso sería o mesmo.

     
     
Esta BASE é a mesma que emprega o Dr. Cándido Sena Carneiro na 2ª edición dos seus «Finais Prácticos Básicos», unha obra realizada en colaboración con Manuel Melo e publicada a partir de setembro do ano 1986. Curiosamente coincide tamén coa publicada no noso anterior artigo nun histórico final do Cap. Evaristo Borges [Non na altura que el a menciona, senón no movemento anterior] e aparece igualmente nalgúns traballos que damistas brasileiros publicaron no desaparecido «Diário Carioca» a comezos dos anos 60 do século pasado.
 
A pesar destas coincidencias na BASE, o método que aquí imos expoñer presenta procesos diferentes nalgunha das posíbeis hipóteses e engade tamén variantes novas. Con todo, no desenvolvemento do estudo indicaremos sempre a autoría das posicións e das respectivas análises cando estas non nos pertenzan.

 

CONSTRUCIÓN DA BASE FUNDAMENTAL

A mellor forma para tratar de resistir en defensa é colocar a dama nunha das casas do circuíto medio [293124]. Para realizar a súa expulsión o bando forte debe entrar por unha casa dispoñíbel empregando a dama que non está no «río» nin na diagonal «08&29». Por motivos didácticos, consideraremos que esta entrada vaise facer polas casas «6» ou «13» [Aínda que tamén se podería facer por «11» ou «18» ou incluso por «20» ou «27», seguindo despois o proceso sempre de forma idéntica]. Unha vez dentro os pasos serán:
 
 Se a dama está colocada na casa «6»:


As brancas continúan con 2.06-02 ... [Se a casa «2» estivese ocupada o proceso máis curto sería replicando con 2.06-24, seguido de 3.08-15, e 4.24-31. Aínda que se queremos facer unha máis sinxela sistematización a resposta máis práctica sería 2.06-13 ... (Traspoñendo para a liña do paso que explicaremos no seguinte parágrafo) xa que neste caso no valería 2. ... 02-09; pois as brancas dispoñen de «gancho» gañador levando a dama do «río» para a casa «19»] seguido de 3.08-15, e 4.02-09 ... [Se a casa «9» estivese ocupada, faise previamente un movemento de espera cambiando de canto a dama do río].
 
➤ Se a dama está colocada na casa «13»:


As brancas continúan con 2.13-09 ... [O sistema, que con dama procedente da casa «18», emprega no «Curso de Finais» de V. Malamed e Y. Barsky publicado en Moscú no ano 1989] seguido de 3.08-22, e 4.09-02 ... [Se a casa «2» estivese ocupada, faise previamente un movemento de espera cambiando de canto a dama do río].

 

REMATES NA POSICIÓN BASE
SEGUNDO A COLOCACIÓN DA DAMA NEGRA
 
Seguidos estes pasos, a formación da BASE non ofrece ningunha dificultade. Unha vez construída, a dama negra non pode estar na casa «8» pois cae tras 1.22-29, [GB]. Tampouco, en ningunha das casas do «circuíto medio» [293124] do que, como acabamos de explicar, debe ser expulsada previamente. Imos ver pois como se gaña se está situada nalgunha das outras casas nas que pode buscar refuxio [As marcadas cun «x» nos dous diagramas ilustrativos que reflectimos ao principio do estudo].

 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «4»


 
1.15-06 …
 
Para ir á casa «17» construíndo un «niño» típico das hipóteses nas que a dama negra defende na diagonal «0425».
 
O primeiro autor do que coñecemos un estudo desta hipótese foi o Dr. Bolivar Mascarenhas, forte damista de Curvelo no estado brasileiro de Minas Gerais, que forma a posición coa dama procedente da casa «20». Aparece na «variante 6» das súas análises publicadas no «Diario Carioca» no ano 1963.
 
1. … 04-08;
 
A única continuación indicada polo damista brasileiro. Outras posibilidades poderían ser:
 
a) 1. ... 04-07; 2.06-17, 07-03; [Escapando da ameaza 22-18] 3.22-12, 16x07; 4.01-10, 03x13; 5.17x12, [GB]. Análise do Dr. Sena Carneiro.
 
b) 1. ... 04-21; 2.06-17, 21-30; [Se continúa na paralela, remátese con 3.22-18, seguido de 4.17x26, GB.] 3.22-26, 30x21; 4.17x26, [GB]. Análise do Dr. Sena Carneiro.
 
c) 1. ... 25-21; [Continuación non contemplada no mencionado volume do tratadista portugués, aínda que curiosamente é a defensa que prolonga máis o desenlace] 2.06-15 ... [Non 2.06-17�, *21-18; 3.22x13, 16-12; EMP.] e agora se:
 
2. ... 04-07; 3.15-08, 07-04; [Se  3. ... 21-17; dispara a batería con 4.22-13, 17x10; 5.01x04, GB. Se 3. ... 07-11; 4.08-04, e cae o peón. Ou se 3. ... 07-03; 4.08-04, 21-17; 5.22-09, e as negras tamén terían que entregar material] 4.22-09! ... [Ameazando capturar a dama con 5.10-14. Coa mesma idea tamén vale 4.22-31, pero esta alternativa demoraría o final dous lances máis] 4. ... 21-17; 5.01-19! ... [O modo máis rápido. Aínda que aparentemente semella mellor 5.09-22 ... (O proceso habitual cando a base é formada coa dama na casa «31») 5. ... 04-25; 6.08-04, e a dama queda atrapada, pero realmente aquí despois de 6. ... 17-13; 7.22x09, 25-29; o final prolóngase un pouquiño máis como se pode comprobar na seguinte opción con 2. ... 21-17; na que se alcanza esta mesma posición] 5. ... 04-11; [Se 5. ... 04-07; ou 5. ... 04-21; segue 6.08-04, e a dama cae. Do mesmo xeito se 5. ... 04-25; con 6.08-04; a dama queda atrapada. O lector debe notar que se aquí as negras xa entregan o peón con 5. ... 17-13; despois de 6.09x22, 04-11; 7.08-04, 11-02; 8.22-09, a dama non ten escapatoria e o final resulta máis curto que na variante alternativa con 5.09-22] 6.08-04, 11-02; [Se 6. ... 11-24; segue 7.19-28, 24x31; 8.04-18, 31x13; 9.*09x22, GB. Ou se 6. ... 11-06; ou 6. ... 11-20; quedando no aire, decide o disparo con 7.19-12, GB.] 7.04-14, 02-20; [Se 7. ... 02-06; 8.14-10, GB. Ou se 7. ... 02-24; 8.19-28, 24x31; 9.14-18, 31x13; 10.*09x22, GB.] 8.09-02, 20-27; [Se 8. ... 20-30; segue o mesmo desenlace tras 9.19-23. Ou se 8. ... 20-24; 9.14-11, GB.] 9.19-23, 27x20; 10.02x24, [GB].
 
 2. ... 21-17; 3.15-08, 04-25; [A dama non pode colocarse no aire debido ao disparo da «batería» con 4.22-13] 4.08-04, 17-13; [A mellor, para liberar a dama do encerro nas paralelas] 5.22x09, 25-29; [Formando unha posición á que nos referimos nas notas da opción anterior 2. ... 04-07] 6.09-02!, 29-22; [Se 6. ... 16-12; 7.01-19, 29x15; 8.02x20, GB. Se 6. ... 29-26; 7.04-08!, 26-21; (Agora se 7. ... 26-17; segue o mesmo proceso. Ou se 7. ... 26-30; xa directamente 8.01-23, 30x20; 9.02x24, GB.) 8.08-26, 21x30; 9.01-23, 30x20; 10.02x24, GB. Se 6. ... 29-12; 7.01-14, 12-03; (No caso de 7. ... 12-08; entronca na liña do desvío da opción principal con 7. ... 22-08; Se 7. ... 12-22; 8.04-08, 22-09; entronca na opción principal {Ou nos respectivos desvíos se as negras escollen 8. ... 22-13; 8. ... 22-27; ou 8. ... 22-31}. Se 7. ... 12-26; segue 8.04-08, entroncando na liña do desvío da opción principal con 7. ... 22-26. Ou se 7. ... 12-29; 8.14-25!, como na liña do desvío da opción principal con 7. ... 22-29) 8.04-08, 03-13; (Se 8. ... 03-17; segue o mesmo proceso) 9.02-06, 13x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, GB. Ou se 6. ... 29-08; 7.02-24, 08-22; (Se 7. ... 08-12; ou 7. ... 08-26; ou se 7. ... 08-29; 8.01-14, nos tres casos segue como nas respectivas posicións nas que a dama de «24» está na casa «2») 8.01-14, 22-31; 9.04-08, 31-09; (Se 9. ... 31-27; 10.14-23, 27x20; 11.24x11, GB. Ou se 9. ... 31-13; 10.24-06, 13x03; 11.14-07, 03x12; 12.08x15, GB.) 10.14-05, 09x02; 11.08-15, 02x20; 12.24x15, GB.] 7.01-14 ... [Aproveitando que non vale o avance de peón. Neste final as brancas deben dominar as dúas paralelas para poder construír a base de remate que se formaría colocando as damas nas casas «8», «14» e «24»] 7. ... 22-13; [Se 7. ... 22-08; 8.14-25, 08-19; 9.*02-15, 19x12; 10.25-29, 12-08; 11.04-14, 16-12; 12.14-25, GB. Se 7. ... 22-09; 8.04-08, 09-13; (Tampouco vale 8. ... 09-27; por 9.14-23, 27x20; 10.02x24, GB. Nin 8. ... 09-31; por 9.14-28, 31x24; 10.08-15, 24x11; 11.02x15, GB.) 9.02-06, 13x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, 16-12; 12.15x08, GB. Se 7. ... 22-12; 8.04-08, 12-03; 9.14-07, 03x12; 10.08x15, GB. Se 7. ... 22-26; 8.04-08, 26-17; (Os retrocesos ás casas «29» ou «30» permiten a troca pola dama de «14» e GB.) 9.02-06, 17x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, GB. Se 7. ... 22-278.14-23, 27x20; 9.02x24, GB. Se 7. ... 22-31; 8.14-28, 31x24; 9.04-11, 24x06; 10.02x15, GB. Ou se 7. ... 22-29; 8.14-25!, 29-19; (Se 8. ... 16-12; 9.04-08, GB. Se 8. ... 29-12; 9.04-08, e cae a dama. Ou se 8. ... 29-089.25-29, 16-12; 10.02-11, 12-07; 11.11-15, GB.) 9.02-15, 19x12; 10.25-29, 12-08; 11.04-14, 16-12; 12.14-25, GB.] 8.04-08, 13-09; [Se 8. ... 13-03; 9.14-07, 03x12; 10.08x15, GB. Se 8. ... 13-17; 9.02-06, 17x03; 10.14-07, 03x12; 11.08x15, GB. Se 8. ... 13-27; 9.14-23, 27x20; 10.02x24, GB. Ou se 8. ...13-319.14-28, 31x24; 10.08-15, 24x11; 11.02x15, GB.] 9.02-24 ... [Formando a Base] 9. ... 09-31; [Evidentemente se van ás casas «2» ou «27» perden ao permitir a troca coa dama de «14». Ou se moven 9. ... 09-13; segue 10.24-06, 13x03; 11.14-07, GB.] 10.14-23! ... [Proposta de Manuel Melo para simplificar o desenlace. Antes os libros seguían co lance de espera 10.08-29; orixinando unha maior cantidade de variantes] 10. ... 31-13; 11.08-22, 13x20; 12.24x15, [GB].
 
2.01-19 ...
 
Necesaria para poder progresar. Se 2.22-29, 08-04; obriga a repetir posición con 3.29-22.
 
2. ... 08-04;
 
Ou se 2. ... 16-12; 3.*06-17 ... [Non 3.06-03�, por 3. ... *25-21; 4.03x16, 21-18; EMP.] 3. ... 08-04; 4.19x08, 25-21; 5.17x30, 04-14; 6.*30-21, 14x25; 7.08-04, [GB]. Ambas as dúas análises do Dr, Sena Carneiro.
 
3.06-17 ...
 
Despois deste lance o Dr. Bolivar Mascarenhas xa dá o xogo por gañado sen estender máis a análise.
 
3. ... 16-12;
 
Se 3. ... 04-07 ou 3. ... 04-11 as brancas rematan con 4.22-18, seguido de 5.17x30, [GB]. Mesmamente evidente resulta 3. ... 04-08; ao que seguiría 4.19-29, [GB]. As negras poderían sacrificar primeiro o peón «25» e despois o de «16, pero a posición sería igual que na liña principal».
 
4.19x08, 25-21;
 
Desfacendo o «niño». Pois a ameaza 5.18-22 persistía e as brancas seguen controlando o río de forma indirecta.
 
5.17x30, 04-14; 6.30-21, 14x25; 7.08-04, [GB].
 
A dama cae atrapada nas paralelas. Análise complementaria de Sena Carneiro.
 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «7»



Posición do damista brasileiro Pedro Augusto Diniz publicada no «Diário Carioca» do 17/06/1962 na sección de damas orientada polo comandante Cícero Rocha.
 
1.15-06! ...
 
Iniciando a consabida manobra que permite ir á decisiva casa «17».
 
1. ... 07-04;
 
Así é como segue a análise no citado diario. Outras posíbeis alternativas poderían ser:
 
a) 1. ... 07-21; 2.06-17, 21-30; [A dama esta atrapada. Se permanece na paralela, segue 3.22-18, e 4.17x26, GB.] 3.22-26, 30x21; 4.17x26, [GB]. Análise do Dr. Sena Carneiro.
 
b) 1. ... 07-03; [A dama pasa ao «circuíto maior» no que ofrece menos resistencia] 2.06-11, 03-17; 3.11-04 ... [Entronca na Hipótese de Dama Negra en «3» xusto despois do segundo movemento branco].
 
c) 1. ... 25-21; 2.22-08, 07-04; 3.06-17, 21-18; 4.17-21, 18-13; [Se 4. ... 18-14; 5.*01x19, 04x25; 6.08-04, GB.] 5.21-25, [GB].
 
2.06-17 ...
 
Ameazando o determinante 3.22-18.
 
2. ... 04-08; 3.01-19 ...
 
Aquí finaliza a solución de Pedro Augusto Diniz publicada no mesmo «Diario Carioca» dúas semanas despois con data 02/7/1962.
 
O Capitán Evaristo Borges no seu estudo non analiza esta hipótese que estamos agora tratando. Pero curiosamente, despois de dar algunha volta chega ata esta mesma posición [Ver no artigo anterior a posición da «variante c» despois de 13.23-19] e remata igual que imos ver aquí.
 
3. ... 16-12;
 
Evidentemente se 3. ... 08-04; segue 4.22-18, 04x21; 5.17x26, [GB].
 
4.17-30, 08-04; 5.19x08, 25-21;
 
Se 5. ... 04-14; 6.22-18, [GB].
 
6.30x17, 04-14; 7.17-21 ...
 
Agora temos a mesma posición que na liña principal da Hipótese anterior, pero con un lance máis por bando.
 
7. ... 14x25; 8.08-04, [GB].
 
Esta análise complementaria, no libro dos «Finais Prácticos Básicos» é atribuída a Manuel Melo, pero como xa dixemos arriba realmente pertence ao Cap. Evaristo Borges.
 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «21»



Posición do Cap. Evaristo Borges formada no seu final que publicamos no artigo anterior despois de 7. ... 04-21.
 
1.15-06 ...
 
A típica manobra seguindo a idea que vimos nas hipóteses precedentes. Aquí Borges continúa con 1.01-19, formando a que el considera como «Posición Base». Pero ese plan retarda innecesariamente o desenlace.
 
1. ... 21-30;
 
Esta continuación non é contemplada no libro de finais do Dr. Sena Carneiro que só indica as seguintes variantes:
 
a) 1. .... 21-04; [Entronca nunha posición xa vista na liña principal da Hipótese Dama Negra en «7»].
 
b) 1. ... 21-07; [Entronca nunha posición xa vista na variante 1. ... 04-07 da Hipótese Dama Negra en «4»].
 
c) 1. ... 21-17; 2.06-03! ... [Máis sinxelo que no libro dos «Finais Prácticos Básicos» no que segue con 2.06-11] 2. ... 17-30; [Se 2. ... 17-21; 3.03-17, estamos nunha posición xa vista, con un tempo menos por bando,  na variante 1. ... 04-21 da Hipótese Dama Negra en «4» na que entronca xusto despois do movemento 2.06-17] 3.01-23, 30x20; 4.22-12, 16x07; 5.03x30, [GB].
 
2.06-03, 30-20;
 
a) 2. ... 30-17; 3.01-10, 17x06; 4.03x17, [GB].
 
b) 2. ... 30-21; 3.03-17, [GB].
 
3.22-12, 16x07; 4.03x30, 25-21; 5.30x17, [GB].
 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «3»



1.15-11 ...
 
Coa mesma idea, tamén valería 1.22-18, 03-17; 2.18-04, 17-03; [Se 2. ... 17-13; 3.15-12, 16x07; 4.04x09, GB. Ou se 2. ... 17-30; 3.01-10!, 30-27; (Se 3. ... 30-17; 4.15-08, entronca na liña principal) 4.15-12, 16x07; 5.04x31, GB.] 3.15-08, entroncando.
 
1. ... 03-17; 2.11-04, 17-03;
 
a) 2. ... 17-30; permite o pequeno golpe 3.01-23, 30x20; 4.22-12, 16x07; 5.04x24, [GB].
 
b) 2. ... 17-06; [Cae baixos os efectos da «batería» formada polas damas «22» e «11» e o complementario peón negro de «25»] 3.04-21 ... [Posíbel tamén era 3.22-12, pero a textual é máis rápida] 3. ... 25x18; 4.22x03, [GB].
 
3.22-08 ...
 
Formando a que denominamos como «Batería de remate do Cap. Borges» [Damas «4» e «8» e o complementario peón negro de «16»], típica nos casos nos que a dama do bando defensor está situada nunha das casas do «circuíto maior» [«3
173016»]. Borges realmente forma a posición coa dama do río na casa «23« pero para o caso a situación desta peza resulta indiferente.
 
3. ... 03-17;
 
Se a dama xoga en falso, a «batería» dispara con 4.08-12, [GB].
 
4.01-10, 17x03;
 
De novo, se queda no aire na casa «6» prodúcese o disparo  4.08-12, [GB].
 
5.04-07, 03x12; 6.08x26, [GB].
 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «17»



1.01-23! ...
 
Alcanzando unha posición que tamén aparece no final do Cap. Evaristo Borges.
 
A alternativa 1.15-11, empregada polo Dr. Sena Carneiro nos «Finais Prácticos Básicos», con idea de formar a famosa «Batería de remate» típica para os casos nos que a dama negra se refuxia no «Circuíto Maior» retarda un pouco máis o desenlace. Coa textual, no peor dos supostos, as brancas tan só precisan de 13 lances para gañar, sendo este indubidabelmente o proceso máis rápido.
 
1. ... 17-03;
 
Outros posíbeis intentos na defensa poderían ser:
 
a) 1. ... 17-30; 2.15-24, 30x20; 3.24x11, [GB].
 
b) 1. ... 17-21; [Na análise do Cap. Evaristo Borges está é a única continuación que contempla] 2.23-30! ... [Aquí Borges segue con 2.15-06, 21-17; 3.06-03, 17-21; 4.03-17, 21-30; 5.17-03, GB. ] 2. ... 21-17; [Así entronca na liña principal. Contra 2. ... 21-14; 2. ... 21-07; ou 2. ... 21-04; segue o evidente 3.22-18, 14x21; 4.30x17, GB].
 
c) 1. ... 25-21; [Perde este peón, pero é a defensa que fai gastar máis lances ás brancas] 2.15-11, 17-03; 3.11x25, 03-06; [Se 3. ... 03-17; 4.25-04,] 4.25-18 ... [Neste caso este plan resulta máis rápido que o habitual de formar a base triangular colocando as damas en «8», «14» e «24»] 4. ... 06-03; [Se 4. ... 06-17; 5.18-04, 17-03; (Contra 5. ... 17-06; 6.22-12, 16x07; 7.04x02, GB. E contra 5. ... 17-30; 6.22-19, 30x20; 7.19-12, GB.) 6.22-08, 03-17; (Se move en falso dispara a «batería») 7.23-10, 17x03; (De novo funcionaría a «batería» se comen para a casa «6») 8.04-07, 03x12; 9.08x15, GB. Se 4. ... 06-20; 5.18-09, GB. E finalmente, se 4. ... 06-02; ou 4. ... 06-24; a dama negra cae despois do sacrificio da branca de «23»] 5.18-04, 03-17; [Aquí ceder xa o peón para ir á «Forzosa» sería o que máis prolonga o desenlace. Concretamente 9 lances máis. Se 5. … 03-06; 6.22-12, 16x07; 7.04x02, GB.] 6.22-08, 17-30; [Se 6. ... 17-03; 7.04-07, GB. Ou se a dama move en falso con 6. ... 17-13; ou 6. ... 17-06; dispara a «batería» e tamén GB.] 7.08-19 .. [Espera] 7. ... 30x20; 8.19-12, 16x07; 9.04x24, [GB].
 
2.23-30, 03-17;
 
A que máis resistencia ofrece.
 
a) 2. ...  03-10; 3.30-21 ... [A «batería» dispara] 3 ... 25x18; 4.22x03, [GB].
 
b) 2. ... 03-07; 3.22-18, 07x21; 4.30x17, [GB].
 
3.15-19 ...
 
Movemento de espera para descolocar a dama negra. De modo similar, podíase xogar tamén 3.15-08, para contestar a 3. ... 17-03; con 4.30-26. Pois agora se 4. ... 03-17; segue 5.26-21, [GB]. Como na liña principal.
 
3. ... 17-03;
 
Se move en falso para a casa «6» remata a «batería» con 4. ... 30-21; seguido de 5.22x03, [GB].
 
4.19-08! ...
 
Agora no momento exacto as brancas forman a «armadilla decisiva». Nótese que non vale 4.30-17�, por 4. ... 25-21; 5.17x26, 16-12; 6.19x08, 03-10; [EMP].
 
4. ... 03-17;
 
a) 4. ... 03-07; 5.22-18, 07x21; 6.30x17, [GB].
 
b) 4. ... 03-10; [Se 4. ... 03-06; as brancas gañan co mesmo proceso] 5.30-21, 25x18; 6.22x03, [GB].
 
5.30-21 ...
 
E o «gancho» funciona para atrapar a dama negra.
 
5. ... 17x19; 6.08x26, [GB].
 

HIPÓTESE CON DAMA NEGRA NA CASA «30»



1.01-10! ...
 
De novo máis preciso que o 1.15-11; indicado nos «Finais Prácticos Básicos».
 
Esta posición tamén aparece na liña principal do final de Evaristo Borges xusto despois de 9.19-10.
 
1. ... 30-17;
 
Neste punto tamén se podería optar por:
 
a) 1. ... 30-21; 2.10-17 ... [Borges seguía movendo a dama para a casa «23» sen decatarse que a textual decide de modo fulminante]. Máis unha vez repítese o desenlace. No caso de que a dama volva para «30» segue 3.22-26, [GB]. Se permanece na paralela o desenlace sería con 3.22-18, [GB].
 
b) 1. ... 25-21; 2.10-17, 21-18; 3.22x13, 30-23; 4.13-27, 23x30; 5.15-26, 30x21; 6.17x26, [GB].
 
c) 1. ... 16-12; [A continuación que máis retrase o desenlace pero conduce a un final moi coñecido que se adoita resolver con «BASE» formada polas damas nas casas «17», «18» e «19»]. Podería seguir 2.15x08, 30-20; 3.08-04, 20-30; 4.04-11, 30-16; 5.10-19, 16-30; 6.11-06, 30-16; 7.06-17, 16-03; 8.22-18, 03-16; 9.19-12, 16x21; 10.17x26, 25-21; 11.26x17, [GB].
 
2.10-03! ...
 
Máis rápida que a continuación 2.10-23, usada por Borges.
 
2. ... 17-30;
 
Sobra dicir que se 2. ... 17-21; segue 3.03-17, e as brancas gañan como vimos na nota anterior.
 
3.15-08, 30-21;
 
a) Se 3. ... 30-23; ou 3. ... 30-20; segue 4.08-12, 16x07; 5.03x30, [GB].
 
b) Se 3. ... 30-17; 4.22-13, 17x10; 5.03x17, [GB].
 
4.03-17, [GB].
 
Máis unha vez a dama cae atrapada no «niño».
 
 
RESUMINDO
 

O bando forte gaña sempre. A mellor forma para prolongar a resistencia é defender coa dama nunha das casas do «circuíto medio» [2g9g31g24] e, segundo se pode deducir do estudo das diferentes hipóteses, cando sexa expulsada debe preferirse facelo para unha casa da diagonal «4&25».

 
 


Neste caso existen posicións moi particulares nas que se pode presentar algún empate, pero polo xeral o bando forte conserva aínda moitas posibilidades de vitoria se consegue obstaculizar o desprazamento do peón «16», ben de forma directa colocando unha dama en «3» ou «7», ou ben de forma indirecta construíndo unha «armadilla anti-avance». Deste modo pode prepararse para posteriormente expulsar a dama defensora desa diagonal e gañar coa BASE fundamental estudada no anterior capítulo.
 
Para poder realizar a expulsión desta diagonal, coñecida como a «transversal» ou «paralela superior», poden utilizarse tres BASES que representamos a continuación no seguinte diagrama. As tres son válidas, pero case sempre algunha delas permite rematar usando menos lances. Todo depende da posición de partida.

 
Deseguido imos ver 3 exemplos nos que podemos apreciar a conveniencia de cada unha delas.


Este traballoso final do Dr. Bolivar Mascarenhas veu a luz o 17/2/1963 na columna que orientaba o comandante Cícero Rocha no desaparecido «Diário Carioca». Debido á súa extrema dificultade o autor bautizouno como o «Final Diabólico» ofrecendo como premio un taboleiro de damas para o lector que lle enviase a mellor análise. O concurso alcanzou unha gran difusión pois o abanico de participantes aumentou notabelmente ao ser anunciado de novo por Geraldino Izidoro na súa sección do «Correio da Manhã» por dúas veces, unha no 24/2/1963, coa colocación das pezas errada, e outra no do 3/3/1963, xa ben presentado. Tras os 3 meses que había de prazo, ningún concursante deu a solución exacta, aínda que houbo algún que moito se aproximou.
 
1.02-11 ...
 
O plan das brancas consiste en colocar esta dama na casa «4» para no momento oportuno poder desde o cadro «8» expulsar á dama negra da «paralela superior».

Como curiosidade podemos engadir, que aínda que non foi contemplado polo autor, as brancas tamén poderían seguir con 1.03-07, xa que tras 1. ... 29-26; 2.07-04, 26-08; 3.01-32, 08-29; 4.02-20, 29-08; 5.20-23, [Formando a BASE de expulsión do «gancho superior»] as brancas gañan no mesmo número de lances.
 
1. ... 29-22;
 
Aquí poderían optar igualmente por 1. … 29-26; ou por 1. … 29-08; para despois de 2.11-04, defender na casa «12», como na liña principal.
 
2.11-04, 22-12!;
 
A mellor defensa. Se moven en falso para as casas «15» ou «26», segue 3.04-08, e a dama negra é obrigada a abandonar a prezada diagonal. Malo seria 2. ... 22-29; porque despois do mesmo lance 3.04-08, a dama queda atrapada. E finalmente se 2. ... 22-08; segue 3.01-14!, alcanzando a situación pretendida cun tempo de menos [Nesta última variante tamén valería 3.03-10, formando a base de expulsión con «gancho inferior»].
 
3.01-05 ...
 
Movemento de espera. Pois non vale directamente 3.04-08, por 3. ... *12-07; 4.03x12, 16x07; [EMP]. As brancas pretenden ir á casa «14» xusto despois de que as negras coloquen a dama en «8» e así evitar a manobra defensiva que acabamos de indicar. Coa dama en «14» pódese impedir a mencionada troca da casa «7».
 
O Dr. Bolivar di que o movemento de espera pode ser en varias casas do «río», o que é certo, pero resulta curioso que na súa análise opta por 3.01-10 e nese caso as negras en vez de 3. ... 12-08; [Como na variante principal] poderían defender con 3. ... 12-15!; e se 4.04-08 ... [Para expulsar a dama da «paralela superior»] seguir con 4. ... 15-11; [Ameazando a troca] o que obrigaría ás brancas a recuar con 5.*08-04, sen facer ningún progreso.
 
3. ... 12-08;
 
Impedindo entrar na casa de expulsión.
 
4.05-14 ...

 
Formando a Posición «BASE de EXPULSIÓN». Unha «armadilla antitroca» que despistou a moitos solucionistas e que o autor xulga ser imprescindibel. Neste caso as BASES en «gancho» retardarían o proceso, aínda que naquel momento eran descoñecidas.
 
O Dr. Sena Carneiro na súa 1ª edición dos «Finais Práticos» explica o caso de forma moi confusa, pois na páxina 470 considera erroneamente que o final é de empate, pero máis adiante, na 492, volve ao tema e presenta unha solución [Que asegura ser gañadora] na que previamente xoga 3.03-06, pero por erro os lances seguintes saen de forma incongruente, aínda que se pode descifrar que pretendía seguir con 3. ... 12-08; [Pouco varia se 3. ... 12-29; pois con 4.01-14, 29-08; 5.06-03, chégase á posición pretendida de forma máis rápida] 4.01-14, 08-29; 5.06-10, 29-08; 6.10-03, alcanzando a mesma «Posición de Expulsión» do Dr. Bolivar Mascarenhas. Anos máis tarde, na 2ª edición, presenta o proceso de modo moi similar ao do damista brasileiro facendo a espera con 3.01-32 ... [Xa antes explicamos que se pode facer en varias casas] e despois de 3. ... 12-08; segue colocando a dama do «río» na casa «14», indicando que é o habitual pero sen mencionar ningunha autoría.
 
4. ... 08-15;
 
Tanto este lance como 4. ... 08-22; [Refuxiándose no «circuíto medio» («2↗9↗31↗24»)] son as respostas máis resistentes. Nese caso pódese responder con 5.04-08, seguido de 6.14-32 ... [Asegurando o control do «río»] para despois entrar no «circuíto medio» e formar a BASE tal como xa anteriormente explicamos.
 
As negras perderían facilmente se continuasen con:
 
a) 4. ... 08-29; 5.04-08, 25-21; 6.14x25, 16-12; 7.*03x16, [GB].
 
b) 4. ... 08-12; 5.04-08, 12-29; 6.14-19, [GB].
 
c) 4. ... 08-26; indicada como frouxa polo Dr. Bolivar Mascarenhas que despois de 5.04-08, da por finalizada esta análise. Podería seguir 5. ... 26-30; 6.14-23, 30x20; 7.08-12, 16x07; 8.03x30, [GB].
 
d) 4. ... 16-12; 5.03x16, 25-21; 6.14x25, 08-19; 7.16-12, 19x08; 8.25-29, [GB].
 
5.04-08 ...
 
As brancas conquistan a «paralela superior» e, como xa explicamos ao estudar este caso, agora o seguinte paso sería formar a BASE con damas nas casas «15», «22» e «1», podendo esta última estar tamén na «32».
 
5. ... 15-02;
 
Se 5. ... 15-20; perden inmediatamente con 6.08-12, [GB]. Pero si poderían igualmente escapar para a casa «24». O proceso sería similar.
 
6.14-32 ...
 
As brancas agora teñen que expulsar a dama negra do «circuíto medio» entrando pola diagonal desocupada, pero antes deben evitar perder o dominio do río, pois as negras ameazaban con sacrificar o peón «25». O resto do proceso efectúase tal como xa foi explicado anteriormente nos apartados correspondentes.

1. ...29-08;
 
As brancas teñen preparada unha «armadilla» coa que están obstaculizando o avance do peón «16» de forma indirecta. Nótese que no valía 1. ...16-12; por 2.01-19, e a dama cae atrapada.
 
A textual impide momentaneamente 2.04-08 que sería a resposta para expulsar a dama se vai a «26», «22» ou «12».
 
2.01-32 ...
 
As brancas poderían empregar a «Base de Expulsión» do Dr. Bolivar [Con 2.24-06, 08-29; 3.01-14 ... (Evidentemente, se 3.06-03, para formar a posición orixinal segue 3. ... 29-12; 4.01-05, 12-08; 5.05-14, gastando aínda máis lances) 3. ... 29-08; 4.06-03], pero nesta posición gaña de forma máis rápida a BASE que consiste en formar un «gancho» colocando unha dama na casa «32» e outra na «23».
 
A súa formación tamén se podería construír con 2.01-23, 08-29; 3.24-28, 29-08; 4.28-32, ou con 2.24-20, 08-29; 3.01-32, 29-08; 4.20-23.
 
2. ... 08-29; 3.24-20, 29-08; 4.20-23 ...
 
O lance co que o «gancho» queda configurado.
 
4. ... 08-29;
 
A continuación temática, aínda que máis resistentes serían 4. ... 08-15; ou 4. ... 08-22; para despois de 5.04-08, poder defender no «circuíto medio».
 
5.04-08, 16-12; 6.08x22, 29x28; 7.32x14, [GB].

A mesma posición vista no exemplo anterior, pero co lance trocado.
 
1.24-06! ...
 
A mellor. Nos «Finais Práticos Básicos» prepara o «gancho» na parte superior con 1.01-32 e despois de 1. ... 29-08; 2.24-20, 08-29; 3.20-27 ... [Ten que perder aquí un tempo retardando o proceso] 3. ... 29-08; 4.27-23, 08-15; 5.04-08, 15-02; [GB].
 
1. ... 29-08;
 
Outras posibilidades son:
 
a) 1. ... 16-12; 2.06-03, 12-08; 3.03-12, [GB]. Bloqueo.
 
b) Se a dama se coloca en posición flutuante con 1. ... 29-26; 1. ... 29-22; ou 1. ... 29-12; permite 2.04-08, coa correspondente expulsión.
 
2.06-10 ...
 
Ao conseguir formar xa o «gancho», esta é a solución máis rápida. As brancas poderían tamén empregar o método «antitroca» do Dr. Bolivar Mascarenhas con 2.06-03 ... [Ou a transposición 2.01-14, 08-29; 3.06-10 ... (3.06-17, tamén vale) 3. ... 29-08; 4.10-03] 2. ... 08-12; 3.01-05, 12-08; 4.05-14, pero nese caso a expulsión produciríase gastando dous lances de máis.
 
2. ... 08-29;
 
A continuación temática. Outras alternativas nesta altura serían:
 
a) 2. ... 16-12; 3.10-17! ... [O máis sinxelo, sen necesidade de atacar na casa «3»] 3. ... 12-07; 4.04x18 ... [E temos un novo final práctico que nos libros de iniciación solucionan coa BASE formada con damas en «17», «18» e «19», pero que neste caso pode acurtarse sen necesidade de ter que chegar a empregala] 4. ... 08-15; [Se 4. ... 08-12; 5.18-07, 12x03; 6.01-10, 03x13; 7.17x10, GB. Ou se 4. ... 08-29; 5.17-21, 29-08; 6.01-05, 08-29; 7.05-02, 29-08; 8.02-09, GB.] 5.01-10 ... [Formando un «gancho»] 5. ... 15-29; [Se 5. ... 15-08; 6.17-21, 08-29; 7.10-05, 29-08; 8.05-09, GB. Se a dama vai a outra casa calquera cae baixo a acción do gancho. Así se 5. ... 15-02; segue 6.10-06, GB. Ou se 5. ... 15-20; ou 5. ... 15-24; ou 5. ... 15-12; coa correspondente troca nas casas «11» ou «7», GB.] 6.17-21, 29-08; 7.10-06 ... [Máis rápido que 7.10-05, 08-29; 8.05-02, 29-08; 9.02-09,] 7. ... 08-29; 8.06-11, 29-08; 9.11-04, [GB].
 
b) 2. ... 08-26; 2. ... 08-22; 2. ... 08-15; ou 2. ... 08-12; segue 3.04-08, e a dama é expulsada.

3.04-08, 16-12; 4.08x22, 29x05; 5.01x14, [GB].

13 comentarios:

Сергій Казнадей dixo...

Curso de Finais» de V. Malamed e Y. Barsky publicado en Moscú no ano 1989

Henrique Guerra dixo...

grazas polo aviso

Сергій Казнадей dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Сергій Казнадей dixo...

Estudo Pankratov N. N. 1899 https://online.pubhtml5.com/hoaw/uplb/#p=12 Позиция XXIII DB 3 30 32 DP 4 P 16 25

Сергій Казнадей dixo...

Mascarenhas A Cigarra
1954 marco http://memoria.bn.br/DocReader/cache/4941202668726/I0054185-20Alt=001375Lar=000890LargOri=002092AltOri=003233.JPG
1954 abril http://memoria.bn.br/DocReader/cache/4941202668726/I0054350-20Alt=001351Lar=000890LargOri=002090AltOri=003173.JPG

Сергій Казнадей dixo...

Mascarenhas A Cigarra
1954 meio http://memoria.bn.br/DocReader/cache/1934404275874/I0054514-20Alt=001358Lar=000890LargOri=002046AltOri=003123.JPG

Сергій Казнадей dixo...

Pedro A. Diniz http://memoria.bn.br/DocReader/DocReader.aspx?bib=093092_05&pagfis=9981
http://memoria.bn.br/DocReader/DocReader.aspx?bib=093092_05&pagfis=10115

Сергій Казнадей dixo...

c) 1. ... 16-12; [A continuación que máis retrase o desenlace pero conduce a un final moi coñecido que se adoita resolver con «BASE» formada polas damas nas casas «17», «18» e «19»]. Podería seguir 2.15x08, 30-20; 3.08-04, 20-30; 4.04-11, 30-16; 5.10-19, 16-30; 6.11-06, 30-16; 7.06-17, 16-03; 8.22-18, 03-16; 9.19-12, 16x21; 10.17x26, 25-21; 11.26x17, [GB].
Máis rápido será
3.10-17 e se:
3. … 20-02 4.08-19 e se:
4. … 02-11 5.22-18 GB.
4. … 02-20 5.22-27 20x30 6.19-26 GB.
4. … 02-24 5.22-31 e se:
5. … 24-02 6.19-5 02x09 7.17-13 GB.
5. … 24-11 6.31-18 GB.
5. … 24-20 6.31-27 20x30 7.19-26 GB.
3. … 20-11 4.22-18 GB.
3. … 20-16 ou 3. … 2023 4.22-27 16 ou 23x30 5.08-26 GB.
3. … 20-24 4.08-19 e se:
4. … 24-02 5.22-09 e se:
5. … 02-11 6.31-18 GB.
5. … 02-20 6.31-27 20x30 7.19-26 GB.
5. … 02-24 6.09-31 e se:
6. … 24-02 7.19-5 02x09 8.17-13 GB.
6. … 24-11 7.31-18 GB.
6. … 24-20 7.31-27 20x30 8.19-26 GB.
4. … 24-11 5.22-18 GB.
4. … 24-20 5.22-27 20x30 6.19-26 GB.
3. … 20-30 4.22-26 GB.

Сергій Казнадей dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Сергій Казнадей dixo...

Nos Damas rusos e brasileiros non é posible construír o gancho inferior, pero o gancho superior é posible. Na 2a posición do Dr. Sen Carneiro despois do 1.24-06 as negras teñen que mover o 1. ... 25-21 EMP. 1.01-32 29-08 2.24-28 08-29 3.28-14 29-08 4.14-23.

Сергій Казнадей dixo...

A continuación temática, aínda que máis resistentes serían 4. ... 08-15; ou 4. ... 08-22; para despois de 5.04-08, poder defender no «circuíto medio».

4. ... 08-15 5.04-08 15-24 6.23-27 24-02 7.08-22 02-06 8.27-31 06-24! 9.32-01 24-11! 10.31-24 11-04 (p.e.) 11.24-06! — 7 lances.
4. ... 08-22 5.04-08 22-13 6.23-20 13-31 7.08-15 31-09 8.20-24 09-31 9.32-01 31-13 10.24-31 13-21 (p.e.) 11.31-22 21-04 12.15-06 — 8 lances. 8 nao equalimente 7!

Сергій Казнадей dixo...

O Dr. Bolivar di que o movemento de espera pode ser en varias casas do «río», o que é certo, pero resulta curioso que na súa análise opta por 3.01-10 e nese caso as negras en vez de 3. ... 12-08; [Como na variante principal] poderían defender con 3. ... 12-15!; e se 4.04-08 ... [Para expulsar a dama da «paralela superior»] seguir con 4. ... 15-11; [Ameazando a troca] o que obrigaría ás brancas a recuar con 5.*08-04, sen facer ningún progreso.
No Damas Brasileiras ou rusas
5.10-19! 11-07?? 6.03x12 16x07 7.08-12 07x16 8.19-26 GB.

Сергій Казнадей dixo...

CONSTRUCIÓN DA BASE FUNDAMENTAL
Se a dama está colocada na casa «6»:
Tudo é simples para você 2.06-02 3.08-15 4.01-32 5.02-09 6.09-22.
E se 2.06-02 09-18 3.08-15 18-04 4.02-09 04-08 então 5.01-19 08-04 (se 16-12 6.09-31 25-21 [12-07 7.19-29 GB] 7.31-09 21-17 8.09-31 GB) 6.09-22 04-07 ou 04-21 (se 04-08 7.15-12! 16x07 8.22-29 08x22 9.29x19 GB) 7.19-01 ou 19-32. No 7 lances, não no 6 lances.