Campionato de Escocia
O preciado trofeo
[Foto de "Museum of Checkers History"]
Aínda que xa antes foran editados algúns libros, foi no segundo terzo do século XIX a raíz da publicación dos traballos de Andrew Anderson —o máis forte xogador do seu tempo— e de John Drummond cando o xogo comezou a popularizarse nas Illas Británicas. Pero a grande eclosión das «draughts», que é o nome polo que alí se coñece o xogo de damas, está xeralmente asociada con James Wyllie. Este formidable xogador paseou o seu saber por todos os lugares do planeta onde puidera atopar un adversario. Viaxou por todo o Reino Unido, América e Australia alcanzando un enorme éxito no seus enfrontamentos individúais e tamén nas exhibicións de partidas simultáneas. Fíxose tan famoso que en Escocia, a súa terra natal, converteuse nun ídolo de masas e grazas a el foron moitas as persoas que se afeccionaron ao noso xogo. Así non é de estrañar que durante aqueles anos da segunda metade so século XIX, animados polos éxitos do mestre, xurdisen montóns de xogadores que converteron a Escocia no principal referente mundial a nivel damista. Entre eles podemos mencionar a James Ferrie (que gañou o Campionato do Mundo ao derrotar a un xa veterano Wyllie no ano 1984), Richard Jordan (campión mundial tras arrebatar o título a Ferrie no 1986), Robert Stewart (outro que ostentou o título máximo tras gañar ao americano Banks no 1922), George Buchanan (3 veces campión nacional) ou James Searight. Estes xogadores, coñecidos como os «cinco grandes» foron os auténticos protagonistas do célebre «1º Match Internacional» no que o equipo británico esnaquizou aos americanos en Boston no ano 1905.
R. Jordan vs. J. Ferrie (match de 1896)
[Foto de "Museum of Checkers History"]
Desde 1893 baixo os auspicios da Asociación Escocesa de Damas (S.D.A.) todos os anos celébrase no mes de xaneiro o Campionato Escocés de Damas (Scottish Draughts Championship). Pola tremenda expectación que espertaron, as súas primeiras 20 edicións constituíron o que se pode considerar como a época dourada. Polo xeral case sempre se inscribían os mellores xogadores do país, pero tras as prematuras desaparicións de George Buchanan e Richard Jordan, a emigración a Estados Unidos de Hugh Henderson (subcampión en 1905) e de Alfred Jordan (un inglés que gañou a edición de 1912) e as incomparecencias dalgúns dos xogadores de renome, a competición foi perdendo o seu interese.
O pentacampión Robert Stewart
[Foto de Museum of Checkers History]
Por aqueles tempos este Torneo disputábase polo sistema de eliminatorias con partidas de seis xogos (ás veces algún máis se fixese falta desempatar). As partidas tiñan lugar na Casa do Concello en Glasgow e os premios eran de 20£ para o primeiro clasificado, 10£ para o segundo, 6£ para o terceiro e 4£ para o cuarto. Os xogadores que perdían a eliminatoria de cuartos cobraban 1£ cada un.
O primeiro Torneo (1893) foi gañado por William Bryden, contra prognóstico. Jimmy Ferrie gañou en seis ocasións (anos 1897, 1903, 1904, 1908, 1911 e 1913), Robert Stewart venceu en cinco (1894, 1895, 1900, 1901 e 1902), o «Neno» Buchanan firmou un «hat treak» (vitorias en 1905, 1906 e 1907), Harry Freeman logrou dúas vitorias (1898 e 1899) e o mítico Richard Jordan que tan só participou en dúas ocasións gañou en 1906 sendo eliminado na segunda rolda do 1983 por Stewart, no que foi o único fracaso da súa carreira.
Un interesante feito tivo lugar na sétima edición (1899) coa presentación dun paraugas que levaba escrita unha inscrición que dicía: «Presentado a James Wyllie (Herd Laddie) polos seus amigos en admiración pola súa participación no Campionato Escocés de Damas, con 81 anos. Glasgow, 10 de xaneiro do 1989». O «Herd Laddie» (apelativo co que se coñecía a Wyllie e que se pode traducir como o «Pastor»), xa coa saúde moi debilitada, quedou eliminado na primeira rolda por H. Freedman (gañador do Torneo). Tres meses despois, o mundo recibiu a triste noticia so seu falecemento.
Deseguido imos relembrar algún daqueles xogos dos tempos dourados do "Campionato Escocés".
R. Holmes vs. James Ferrie
« 6º Torneo Escocés» Glasgow, 1898
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
1.12-16, 23-19 [A]; 2.11-14 [B], 19-15; 3.14-18 [C], 21x14; 4.10x19, 27-23 [D]; 5.06-10, 23x14; 6.10x19, 25-21; 7.02-06, 22-18; 8.05-10, 18-14; 9.01-05, 21-17; 10.07-11, 14x11; 11.04x20, 24x15; 12.10-14, 31-27; 13.05-10, 27-23; 14.10-13 [E], 17x10; 15. 06x13 [F], 23-20; 16.16x23, 26-22; 17.19-26, 28x10; [0-1]
A] “Apertura Edimburgo Ortodoxa” con prognóstico favorable ás negras. Tamén se coñece como a "Esquerda Ortodoxa".
B] Continuación de Hugh Henderson que ten por idea contrarrestar o dominio que a peza «19» exerce no centro. Tamén ten os seus partidarios a opción 2.09-13 que se adoita continuar con 21-17; 3.05-09, 25-21; e agora 4.11-14 ou 4.01-05. Son inferiores 2.10-14 (que pode ser ben contestada co cambio en "15"), ou 2.07-12 (que retrasa en demasía a loita polo centro).
C] A recomendación do tratado de Kear. Era o lance que ostentaba as preferencias dos xogadores daquela época.
A continuación 3.10-13 con idea de ocupar a casa «18», foi bautizada como a «defensa moderna», aínda que tamén xa era coñecida naquel tempo. Gus Heffner —no seu libro dedicado ao 2º Match Internacional de 1927— comenta que lle parece máis débil, unha opinión que compartimos.
Nun recente xogo disputado na Ludoteka en maio deste ano, entre
Aadil e Verissimo_D, as brancas escolleron 3.14-19 ao que seguiu 28-23; 4.19x28, 32x23; 5.07-12, 23-19; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.12x19, 22x15; 10.06-11, 15x06; 11.02x11, 26-22; 12.01-05, 22-19; 13.11-15, 19x12; 14.08x15, 27-23; 15.04-07, 30-26; 16.05-10, 23-19; 17.15x19, 26x19; 18.10-13, 18-14; 19.07-11, 14x07; 20.03x12, 19-14; 21.12-15, 14-10; 22.13-18, 10-05; 23.18-21, 05-01; 24.09-13, 01-10; 25.13-17, 10-14; 26.21-25, 14-10; 27.16-20, 31-27; [0-1]
D] O tradicional ataque. Unha boa alternativa é 4. ... 25-21; ao que pode seguir 5.05-10, 21-18; 6.01-05, 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.07-12, 23-19; como foi xogado entre Adelino Ribeiro e o Dr OAL no 1º Campionato oficioso de Portugal celebrado en Lisboa no ano 1957.
E] Tanto 14.09-13 como 14.03-07 perden con golpes similares tras 23-20 e 15-12 ou 15-11 respectivamente. Era obrigado defenderse co sacrificio 14.19-22, 26x19; 15.09-13, 30-26; 16.13-18, 17-13; 17.10x17, 19x10; 18.06x13, 29-15; 19.18-22, 26x19; 20.13-18, 19-14; 21.18-22, 14-10; 22.22-27, 10-05; 23.17-21!! [EMP].
F] Agora as negras, coa vez, xogan e gañan.
[ver diagrama]. * * * * *
George Buchanan vs. James Moir
« 9º Torneo Escocés» Glasgow, 1901
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
1.11-15, 22-18 [A]; 2.06-11, 27-22 [B]; 3.10-14, 31-27 [C]; 4.05-10, 23-19 [D]; 5.14x23, 28x19; 6.10-13 [E], 32-28 [F]; 7.11-14 [G], 19x10; 8.15-19, [1-0] A] “Apertura Oblicua Vertente” con prognóstico igualado.
B] A máis xogada. No tratado de Kear aconsella como mellor 2. ... 18-14, pero en damas clásicas, tras os cambios segue unha nova troca con 05-10 e a posición queda claramente equilibrada.
C] Outras posibilidades son 3. ... 21-17 ou 3. ... 23-19. Se 3. ... 23-20; pode seguir 4.12-16 ou 4.05-10, 20-16; 5.03-06, 28-23; traspoñendo á «Partida Clásica».
D] 4. ... 21-17; 5.14x21, 25x18; 6.10-14, 29-25; 7.14x21, 25x18; xogouse no 7º Campionato de Portugal en 1987 no enfrontamento entre Leandro Lopes e Victor Sequeira. Tras 8.01-05 as brancas están un pouco mellor.
E] Impide 6. ... 21-17 por 7.02-05 G.B. e tamén os avances ao cadro «14» con calquera dos peóns.
F] Perde
[Ver diagrama]. Era única a contestación 6. ... 27-23, aínda que as brancas conservan unha apreciable vantaxe despois de 7.01-05, 32-28; 8.13-17, 30-27; 9.12-16, 19x12; 10.08x15, 23-19; 11.05-10, 19x12; 12.10-14 coa ameaza de xudía con 09-13.
G] E despois do erro do rival, Buchanan aproveita para lucirse con esta pequena combinación que xa tiñamos publicado no Blog «
Taboleiro e Tapete».
* * * * *
George Buchanan vs. Robert Stewart
«10º Torneo Escocés» Glasgow, 1902
1.10-13, 23-19; O sorteo deparou a «Apertura Crítica Ortodoxa» que concede unha lixeira vantaxe ao segundo xogador.
2.05-10 … As brancas teñen unha ampla gama de posibilidades. Neste caso, persistindo na idea inicial da apertura, deciden non tocar o flanco das paralelas (o esquerdo) e ao mesmo tempo aplican a saudable estratexia de desenvolver os peóns do río (a gran diagonal).
Outras ideas bastante empregadas na práctica maxistral son 2.13-18 ocupando inmediatamente a casa dique (a «18») ou 2.11-15 para impedir que o fagan as negras. Tamén ten partidarios 2.12-15 traspoñendo á «Partida Paralela».
2. … 19-15; Se o negro tivese feito 1. ... 23-20, sen dúbida a ocupación desta casa «15» sería a mellor réplica, pero co peón en «19» (un cadro central), as negras dispoñen doutras boas continuacións tales como 2. ... 27-23; ou 2. ... 21-18.
A ocupación da casa «15» ten por obxectivo construír un «dique» de peóns ao longo da «paralela» 8/29 para obrigar ao rival a xogar polas menos favorables casiñas laterais.
3.12x19, 22x15; 4.11x20, 24x15; 5.02-05 … Axeitado sería mover 5.01-05 levando o peón máis afastado cara ao centro. O xogo podería seguir con 5. ... 21-18; 6.13x22, 26x19; 7.09-13, 25-21; 8.05-09, 27-22; 9.13-17, 30-26; e agora xa 10.06-11 para comezar a desfacer o dique negro.
A xogada escollida polas brancas debilita claramente a formación. Traspón a unha variante irregular pouco recomendable e por tanto tamén menos coñecida coa que Geordie «o Neno» Buchanan pretendía despistar ao seu experimentado rival. Trátase da Liña: 1.10-13, 23-19; 2.06-10, 19-15; 3.11x20, 24x15; 4.12x19, 22x15; 5.02-06.
POSICIÓN DESPOIS DE 5.02-05
5. … 28-24; A continuación habitual para sustentar o peón avanzado. Nun xogo entre o actual campión portugués o Dr. Vaz Vieira e o almadense José Pereira disputado no 6º Campionato do país veciño en Torres Vedras no ano 1986, as negras responderon con 5. ... 28-23; continuándose 6.10-14, 21-18; (Se 6. ... 32-28; 7.13-18, 28-24 traspón á variante con 6.10-14, 32-28; 7.13-18, 28-23 que veremos nos comentarios da xogada sexta) 7.14x21, 26x10; 8.05x14, 25-21; 9.07-11, 32-28; 10.11x20, 23x16; 11.01-05, 27-22; 12.09-13, 28-23; 13.05-09, 21-17; 14.14-18, 17x10; 15.18x27, 31x22; 16.06x13, 23-19; e agora tanto 17.03-07 como 17.13-18 22x13; 18.09x18, 19-14; 19.08-12 -que foi o que se xogou- conducen ao empate.
6.07-12 … As brancas pasan por moitos apuros se seguen con 6.10-14, 32-28; 7.13-18, 28-23; 8.07-12, 23-20; 9.12x19, 27-22; 10.18x27, 31x15; 11.14-18, 21x14; 12.06-11, 15x06; 13.03x19 como nun xogo do 10º Torneo americano (Flint, 1939) no que o vencedor Asa Long perdeu con Kenneth Grover. En damas clásicas pódese conseguir empatar tras 13. ... 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.08-12 ... (15. ... 22-19; 16.12-16, 20-15; 17.16-20, 30-27; 18.04-07 etc.) 15. ... 20-16; 16.12-15, 25-21; 17.05-10, 21-18; 18.04-07, 30-27; 19.10-13, 27-23; 20.13-17, 23-19; 21.07-11, 19x12; 22.17-21, 12-07; 23.21-26, 07-03; 24.26-29, EMP.
6. … 27-22; 7.12x19, 22x15; 8.04-07 … Para atacar o peón avanzado.
Se 8.10-14, 32-28; 9.04-07, 24-20; non constitúe máis que unha transposición de movementos con respecto á partida.
8. … 32-28; As negras tamén poden prepararse para defender o seu peón avanzado con 8. … 30-27; ao que se adoita seguir:
9.10-14, 24-20;10.13-18 ... (a xogada 10.05-10 que empregou o mestre galés William Edwards nun enfrontamento por correo contra Dick Fortman, no noso xogo é refutada co golpe 10. ... 15-12; 11.07x30, 21-17; 12.30x21, 25x02 G.N.) 10. ... 20-16; 11.05-10, 32-28; 12.01-05, 21-17; 13.14-19, 28-24; 14.10-14, 17-13; [Walter Hellman vs. Derek Oldbury; 9º xogo do match disputado en Standford (Connecticut) no ano 1965] 15.19-23, 27x20; 16.07-12, con posición equilibrada.
9.10-14 ... Compromete o xogo. Despois desta xogada as negras quedan nunha posición, senón imposible, si moi difícil de defender.
Preferible é 9.07-12, 31-27; 10.12x19, 27-22; 11.03-07 ... (máis fácil resulta 11.13-18) 11. ... 22x15; 12.07-12, 30-27; 13.12x19, 27-22; 14.13-18, 21x14; 15.09-13, 22x15; 16.10x19 co que o xogo avanza cara ao empate como no 3º xogo do match Derek Oldbury-Marion Tinsley celebrado en Londres (Inglaterra) e Paisley (Escocia) no ano 1958.
A Enciclopedia de Kear segue con 9.13-18, 21x14; 10.10x19, 24-20; 11.05-10, pero tras 11. ... 30-27; 12.01-05, 25-21; 13. 09-13, 21-18; as brancas están obrigadas a defender con moito coidado.
9. … 24-20; 10.05-10, 28-24; Formando unha «frecha» típica nesta clase de posicións (peóns en "24", "20" e "15") que nos libros de estratexia denominan o "pequeno dique". Xeralmente esta formación ameaza o favorable avance (ou o cambio) na casa "11". Se as brancas intentan evitar esta manobra tapando con 7-11, o outro cambio con 20-16 deixa ás negras con dous intimidadores peóns en "15" e "16" apuntando ao debilitado flanco rival.
11.14-19, 21-17; 12.01-05 ... Se 12.19-23, 15-11; 13.06x15, 20x04; 14.23-28, 26-22; 15.10-14, 17x10; 16.28-32, 04x21; 17.32x05, 21-14; e 29x22 G.N.
12. ... 30-27; 13.13-18 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 13.13-18 ...
Se 13.19-23, 15-11; 14.23x30, 11x04; 15.30x16, 26-22; 16.16-30, 04-21!; 17.08-12, 22-19; 18.10-14, 19x01; 19.12-15, 17x10; 20.30x17, 10-05; 21.17-30, 05-02 con grandes posibilidades para as negras de gañar o final.
13. ... 15-11; 14.07x14, 27-22; 15.18x27, 31x15 [0-1] As brancas abandonaron. Podería seguir 16.14-19, 26-22; 17.19x26, 29x22; 18.*03-07, 22-19; 19.09-13 ... (Se 19.07-11, 20-16; 20.11x20,24x15; 21.09-13, 19-14 G.N.) 19. ... 19-14; 20.10x19, 17x21; 21.19-22, 15-11; 22.06x15, 20x04 G.N.
Ningún comentario:
Publicar un comentario