venres, 1 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 1


Desde o 1 ata o 25 de decembro, a modo de «CALENDARIO DE ADVENTO», imos publicar un problema cada día. As solucións aparecerán debaixo de cada diagrama a partir da xornada seguinte. 



 
1.*28-31 …

O xogo real seguiu con 1.28-32� ... [Un erro de Tiago que lle puido costar o empate] 1. ... 08-04; 2.18-21, 25x18; 3.22-26, 30x21; 4.17x26, 18-13; 5.26-29, 04-21; 6.32-01, 21-30; 7.01-05, 30-16; 8.29-19, 13-09; e as negras acabaron perdendo por mala condución. Agora, por exemplo xa podían empatar de mogo fulminante con 8. ... 13-10; 9.05x14, *16-12; coa imparábel ameaza 10. ... 24-20.

1. … 08-04;

O intento de defensa máis coherente, o que orixina a liña temática. Se moven a dama, o peón «22» coroa con superioridade esmagadora. Por exemplo 1. .... 30-20; 2.22-27!, 20x21; 3.17x30, 24-20; 4.31-28, 20-15; 5.30-17, 15-11; 6.17-03, 08-04; 7.27-30, 04-08; 8.30-20, 08-15; 9.20-24, 25-21; 10.28-01, [GB].

2.*22-26 …

A diferenza do que aconteceu no xogo, agora é posíbel esta brillante combinación que eleva este final práctico á categoría de artístico. As brancas fan funcionar a «Armadilla Anti-promoción» comezando cun sacrificio de «varrido en “U”».

2. … 30x20; 3.*31-18 ...

Para despois disparar a «batería».

3. ... 04x21; 4.*17x16, 25-21; 5.*16-07 ...

E o final aínda remata cunha dama dominando dous peóns.

5. ... 21-17; 6.*07-03, 24-20; 7.*03-06, 20-16; 8.*06-03, [GB].

Ningún comentario: