luns, 25 de decembro de 2023

"Calendario de Advento". Problema do día 25



No diagrama da esquerda amosamos un estudo orixinal de Kostantin Khaletsky no que coa chave 1.19-22!, gañan as brancas na modalidade rusa. Ao facer a revisión atopamos unha defensa branca que permite o empate coas nosas regras. Para aproveitar esta interesantísima composición trocamos a cor das pezas, cambiamos o enunciado e presentámolo como final artístico no diagrama da dereita.


1.*17-03 ...

Chave de ameza indirecta. As negras agora deben prepararse contra o ataque ao peón desde a casa «7».

Só con este lance activo as brancas conseguen alcanzar o seu obxectivo. Calquera outro «ensaio» non podería evitar a derrota. Vexamos:

a) 1.17-21� ...

1. ... *01-10; 2.21x07, *10-03; [Bloqueo crítico puro indicado na solución de Khaletsky].

Posición fundamental Nº1

Agora da igual para onde escapen as negras, a troca de damas é inevitábel, [GN].

b) 1.17-30�, *15-12; e agora se:

 2.30-17, 01-19!; con estas ramificacións: 

── 3.17-03, *12-16; [Forma, con 3 lances menos por bando, a posición do Diagrama Nº 4, que estudaremos un pouco máis adiante].

── 3.17-06 ...

3. ... *11-07; 4.04x11, 12-03; [Bloqueo crítico de ramo único provocado por dobre caravilla]

Posición fundamental Nº2

5.06-17, 19-10; 6.17x06, 03x10; [GN]. 

── 3.17-13, 12-16!; [Neste caso, se 3. ... 12-03�; 4.*04-07, 03x17; 5.07x23, EMP.] 4.13-03 ... [Forma a posición do diagrama Nº 3. Se 4.13-31, 19-22; 5.31x07, 16x03; GN. Se 4.13-17,  alcánzase unha posición derivada do diagrama Nº4 na que as brancas teñen xa efectuado o lance 7.03-17. Ou se 4.13-09, 16-30; 5.09-31 ... (En caso de 5.09-13, segue tamén 5. ... 30-17; e agora para evitar xa a perda da dama debe seguir 6.13-09, confluíndo) 5. ... 30-17; 6.31-09 ... (Non vale 6.31-18, por 6. ... 17-03; GN. Nin 6.31-27, por 6. ... 19-23; GN.) 6. ... *19-01; (Necesario para se 7.02-05, poder preparar a defensa do peón con 7. ... 01x23; ou 7. ... 01x28;) 7.09-22 ... (Se van a «27» ou «31» perden de modo similar) 9. ... 01-19; 8.22x06, 17x03; GN.]

Posición fundamental Nº3

4. ... 16-27; [Aquí 4. ... 16-30; tamén gaña de modo moi similar] 5.03-16 ... [Se 5.03-07, *11-06; 6.02x11, *19-15; 7.11x20, 27x03; GN. Se 5.03-06, *11-07; 6.04x11, *19-14; 7.11x18, 27x03; GN. Ou se 5.03-17, 27-30; 6.17-13 ... (Se 6.17-03, conflúe na liña principal desta ramificación na posición do diagrama Nº 4 xusto antes de que as negras xoguen á casa «16». Ou se 6.17-06, 19-05; 7.02x09, 11x02; GN.) 6. ... 30-17; 7.13-09, 19-01; GN. Se moven a dama cae na «armadilla»] 5. ... 27-30; 6.16-03 ... [Ou 6.16-07, *11-06; 7.02x11, *19-15; 8.11x20, 30x03; GN.] 6. ... 30-16; formando a posición do diagrama Nº 4.

Posición fundamental Nº4

7.03-17 ... [Se 7.03-13, 11-07!; 8.04x11, *19-15; 9.11x20, 16x09; GN. Ou se 7.03-06, 19-05!; 8.02x09, 11x02; GN.] 7. ... 16-03; 8.17-30 ... [Nesta posición as negras teñen formada a «base» práctica de Jacinto Joaquim (Final publicado no «Cidade de Tomar» do 16/2/1958, aproveitado polo Dr. Sena Carneiro no volume dos «Finais Práticos Básicos» tras introducir nun dos posíbeis casos unha importante corrección de Manuel Melo) que gaña sempre, indiferentemente da casa na que estea colocada a dama branca. Se en lugar da textual as brancas xogasen 8.02-05, seguiría 8. ... 19x01; 9.17-30, e agora, por exemplo 9. ... 03-16; GN. Pero non o precipitado 9. ... 11-06�; por 10.*30-16, 01-14; 11.*04-07, 14x04; 12.16-23, EMP.] 8. ... 19-26; [Ou 8. ... 19-23; 9.30x06, 03x10; GN.] 9.30x07, 03x12; [GN].

── 3.17-30, 12-16; [Agora 3. ... 12-03�; permitiría 4.*02-05, 19x01; 5.*30-20, 03-06; 6.*04-07, 11x04; 7.20x02, EMP.] 4.30-17 ... [Forma unha posición que deriva do citado diagrama Nº 4 co lance 7.03-17, xa efectuado].

 2.30-27, 12-03; [Forma «armadilla»] 3.27-16 ... [Se van a «22», «30» ou «31» caen no «niño» tras o sacrificio da dama da casa «1». Ou se 3.27-09 ... (Diagrama Nº5)

Posición fundamental Nº5

segue 3. ... *01-05; (Na citada corrección do mestre Manuel Melo indicada no volume dos «Finais Prácticos Básicos» presenta esta idea nunha posición case idéntica na que a dama procede da casa «19». Nótese que non vale 3. ... 01-19�; porque permite 4.*02-05, 19x01; 5.*09-02, *03-06; 6.04-07, 11x04; 7.02x, EMP. Defensa que Jacinto Joaquim tiña pasado por alto no seu final do «Cidade de Tomar») 4.04-07 ... (Desfai a «armadilla») 4. ... 03x12; 5.09-31, *05-14; e o peón vai a dama. GN.] 3. ... 03-17; 4.16-12 ... [Forma a posición do diagrama Nº 6, que ao igual que as ramificacións que seguen, aparecen na revista da «Enciclopedia Damista» derivadas do que denomina como «Base 478» na que estuda este final (Coa dama do bando débil en todas as casas posíbeis). Se 4.16-03, 11-06; (Na «Enciclopedia Damista» segue directamente con 4. ... 01-10; pero a textual é máis rápida) 5.02x11, 01-10; 6.03x13, 17x20; GN. Se 4.16-07, 17-10; 5.07x05, 01x14; GN. Ou se van a «27» ou «30» caen na «armadilla» tras o sacrificio da dama de «1»]

Posición fundamental Nº6

4. ... 01-14!; con estas ramificacións:

─  5.12-22 ... [5.12-29, perde de modo similar ao caer tamén no radio de acción da «armadilla»] 5. ... 14-19; 6.22x06, 17x03; [GN].

5.12-16, 14-19!; [Formando a posición que se pode ver no diagrama Nº 7]

Posición fundamental Nº7

6.16-07 ... [Se van a «27» ou «30», perden polo «gancho» que se produce co sacrificio da dama da casa «19». Ou se 6.02-05, 19x01; 7.16-20, 01-10; 8.20x13, 17x03; GN.] 6. ... *11-06; 7.02x11, *17-03; [Bloqueo crítico de ramo único provocado por dobre caravilla. Amosado no diagrama Nº 8]

Posición fundamental Nº8

8.07-16, *19-12; 9.16x07, *03x12; 10.11-14, *12-22; 11.04-07, *22-08; 12.07-11, 08-04; [GN].

5.12-08, 14-23; [Lance de espera que tamén se podería facer en «28» ou «32». A idea é gastar lances para, como no ramificación anterior, ir á casa «19» cando as brancas se instalen na «16»] 6.08-12, 23-01!; [Espera na casa exacta para evitar 7.*12-07, EMP.] 7.12-16 ... [Se 7.12-08, 17-03!; (Forma o diagrama Nº 9. Unha posición que xa aparece nun problema de Luís Xavier publicado no «Cidade de Tomar» do 25/5/2001) 

Posición fundamental Nº9

8.02-05 ... (Ou se 8.08-22, ou 8.08-25, ou 8.08-29; sería rematado con 8. ... 01-19; GN.) 8. ... *01x28; 9.08-15, *28-24; 10.15x02, *03-06; GN.] 7. ... 01-19; [GN]. Conflúe na posición do diagrama Nº7 empregando dous lances máis por bando. Nótese que en lugar da textual, tamén se podería gañar como na «Enciclopedia Damista» con 7. ... 17-03; aínda que así o remate gastaría algún lance máis.

 2.30-16, *12-03; [Formando una posición similar á do diagrama Nº 9 na que se as brancas escapan coa dama para «27» ou «30» caen no radio de acción da «armadilla»] 3.02-05, *01x28; 4.16-20, *28-24; 5.20x02, *03-06; 6.02x11, 24x; [GN].

c) 1.17-13�, *15-20; e agora se:

 2.13-03, *20-16; 3.03-17 ... [Se 3.03-06, 01-05; 4.02x09, 11x02; GN. Ou se 3.03-13, 16-03!; (Forma xa o «niño») 4.13-09 ... (Evitando caer no radio de acción da «armadilla») e con 4. ... 01-05; GN. Alcánzase a posición de Manuel Melo vista na anterior «variante b»] 3. ... 01-19; [Non directamente 3. ... 16-03�; por 4.04-07, 03x16; 5.17-21, e cae o peón, EMP.] 4.17-03, e conflúe na mesma posición do diagrama Nº 3. [GN].

 2.13-09, 20-30; 3.09-22 ... [Se 3.09-13, 30-17; 4.13-09, 17-03; (Forma o Diagrama Nº 10, no que as pezas están exactamente colocadas igual que no Nº 5, só que aquí son as brancas a xogar)

Posición fundamental Nº10

5.02-05 ... (Se moven para «22», «27» ou «31», funciona o «gancho» sacrificando a dama da casa «1») 5. ... *01x28; 6.09-31, 03-06!; 7.31x24, *06-02; 8.24x06, 02x11; GN. Ou se 3.09-31, 30-17; 4.31-09 ... (Esquivando caer no «gancho»), alcanzando a posición que acabamos de ver que con 4. ... 17-03; forma a do diagrama Nº 10] 3. ... 30-17; e agora se:

Van a «27», «29» ou «31» funciona o «gancho» sacrificando a dama de «1». [GN].

4.22-08, 17-03; [GN]. Alcanzando a mesma posición do diagrama Nº 9.

4.22-09; 5.17-03, [GN]. Forma a posición do diagrama Nº 10.

4.22-12, [GN]. Temos a mesma posición do diagrama Nº 6.

 2.13-17, 20-30; 3.17-03 ... [Se 3.17-06, 01-05; 4.02x09, 11x02; GN. Ou se 3.17-13, 30-17; 4.13-09 ... (Se van a «22», «27» ou «31» perden por «gancho» sacrificando a dama de «1». Se 4.13-18, 17-03; GN.) 4. ... 17-03; Forma a posición do Diagrama Nº 10 ] 3. ... 01-19; 4.03-17 ... [Se 4.03-13, xorde unha posición xa vista que segue con 4. ... 30-17; 5.13-09, 19-01; GN. Pois se moven a dama cae na «armadilla»] 4. ... 30-27; 5.17-03 ... [Se 5.17-06, 11-07; 6.04x11, 19-14; 7.11x18, 27x03; GN. Ou se 5.17-30, 27-16; 6.30-17 ... (Conflúe, con un tempo menos por bando, na posición derivada do Diagrama Nº 4, xusto despois de que as brancas xogan 7.03-17).] 5. ... 27-16; [Alcanzando, cun lance menos por bando, a mesma posición do diagrama Nº 4].

 2.13-22, 20-30; 3.22-29 ... [Se 3.22-12, 30-17; 4.12-16 ... (Se 4.12-08, 17-03; e estamos na posición do diagrama Nº9.  Se 4.12-07, seguiría 4. ... 17-10; 5.07x05, 01x14; GN. ou se van a «22» ou «29», caen na «armadilla» tras 4. ... 01-19; GN.) 4. ... 01-19; e temos a posición do diagrama Nº 7. Se 3.22-08, 30-17; 4.08-12 ... (Se van a «22» ou «29» caen na «armadilla» con 4. ... 01-19, GN. Coa textual, o xogo conflúe na posición do diagrama Nº 6) Se 3.22-31, 30-17; 4.31-09 ... (Saíndo do radio de acción do «gancho») 4. ... 17-03; con idéntica posición que no diagrama  Nº 5. Se 3.22-13, 30-17; 4.13-09, 17-03; como no diagrama Nº 10. Ou se 3.22-09, 30-17; 4.02-05 ... (Doutro xeito a dama caería atrapada nun dos dous «niños») 4. ... 01x28; GN.] 3. ... 30-17; coas seguintes ramificacións:

── 4.29-25, 17-03; 5.25x07, 03x12; [GN].

── 4.29-22; 01-19; 5.22x06, 17x03; [GN].

── 4.29-12 ... [Conflúe na posición do diagrama Nº 6].

── 4.29-08, 17-03!; [Conflúe na posición do diagrama Nº 9].

 2.13-31, *20-30; 3.02-05 ... [Se 3.31-22 ... (Traspón nunha posición da opción desta «variante c» con 2.13-09, seguida de 2. ... 20-30; 3.09-22). Se 3.31-13 ... (Traspón na mesma opción que acabamos de indicar, pero ramificando con 3.09-13). Ou se 3.31-09, 30-17; formando unha posición tamén xa vista na que perden as brancas pois agora a dama se move cae nun dos «niños»] 3. ... *01x10; 4.31-24, 30-17; [GN].

1. ... 01-23;

A continuación temática, con idea de ir a «16» se o peón fose atacado.

a) 1. ... 15-29; 2.03-16, e agora se:

 A dama do río move a calquera das casas dispoñíbeis, podería seguir en todos os casos 3.02-05, e 4.16-20, [EMP]. 

 2. ... 29-25; 3.16-20, [EMP].

 2. ... 29-19; 3.16-20, 19-15; 4.20-24, [EMP]. Non hai forma de impedir a perda de material.

 A dama de «29» move a outra casa dispoñíbel, seguiría 3.16-07, [EMP.]

b) 1. ... 01-32; 2.03-13, e agora se:

 As negras moven a dama do río, as brancas volven para «3» e o proceso debe reformularse para tentar facer algún progreso.

 2. ... 15-26; 3.*13-18, 32-14; 4.*18-31 ... [Ameaza 5.02-05, seguido do ataque 6.31-24, EMP.] 4. ... 26-17; [Se 4. ... 14-01; 5.*31-18 ... (Agora non vale 5.02-05�, por 5. ... *01x10; 6.31-24, *26-17; GN.) forza 5. ... 01-14; e repítese a posición] 5.*02-06 ...  [Agora tampouco vale 5.02-05�, 14x01; 6.31-24, porque tras 6. ... *01-10; GN. co mesmo gancho] 5. ... 11x02; [Ou se 5. ... 17x03; 6.31-24, 03-06; 7.04-07, 11x04; 8.24x02, EMP.] 6.*04-07, 14x04; 7.*31-28, [EMP].

 2. ... 15-20; 3.13-31 ... [Ameazando o ataque na casa «24»] 3. ... 20-24; [Se esta dama vai a outra casa (Ou moven a do río a «14» ou «10») segue 4.02-05, e o ataque 5.*31-24, EMP.] 4.31-18, 32-14; 5.18-25, [EMP]. As brancas non poden evitar a decisiva troca de material.

 2. ... 15-12; 3.13-31, 32-01; [Calquera outra movida de dama pode ser igualmente defendida con 4.02-05 e 5.31-24, agás se van a un canto da transversal contra o que vale 4.31-24, directamente] 4.02-05, 01x19; 5.31-24, 19-15; 6.24-28, [EMP].

 2. ... 15-29; 3.13-31, 29-26; [Se van con dama ás casas «10», «12», «14», «23» ou «26», segue o mesmo proceso. Se van a «1», «8», «15», «19», «8» ou «25», o empate alcánzase xa con 4.31-24, directamente] 4.02-05, 32x01; 5.31-24, [EMP].

 2. ... 15-08: [Contra 2. ... 15-24; Ou 2. ... 15-19; segue o mesmo proceso] 3.13-18, 32-14; 4.18-25, e 5.02-06, [EMP].

2.*03-13 ...

Colocándose na única casa que permite a posibilidade de ir a «31» e atacar despois o peón desde «24».

Aquí se:

a) 2.03-07�, 23-16; 3.07x14, 15-11; 4.14x07, 16x03; [GN].

b) 2.03-16�, *23-30; 3.16-03 ... [Evidentemente, se 3.16-07, 30-16; traspón á liña vista na anterior «variante a», pero aínda máis rápido sería 3. ... 11-06; 4.02x20, 30x03; GB.] 3. ... *30-17; 4.03-16 ... [Se 4.03-07, 17-03; GB.] 4. ... 15-19; 5.02-05 ... [Se 5.16-07, *11-06; 6.02x11, *17-03; GB. Ou se  5.16-27 ... (Se 5.16-30, perde por idéntico proceso) 5. ... 19-23; 6.27x06, 17x03; GN]  5. ... 19x01; 6.16-20, *01-10; 7.20x13, 17x06; [GN].

c) 2.03-17, *15-12; e agora se:

 3.17-06, 11-07; 4.04x11, 12-03; [GB]. 

 3.17-13, 12-03!; 4.13-09 ... [Evitando caer no radio de acción da «armadilla»] 4. ... *23-05; [E estamos na posición de remate de Manuel Melo vista no Diagrama Nº 10].

 3.17-03, *12-16; 4.03-17 ... [Se 4.03-13, conflúe na liña explicada na anterior opción. Ou se 4.03-06, 23-05!; GN.] 4. ... 23-19; con estas ramificacións:

── 5.17-06, evidentemente segue como se o movemento fose feito no lance anterior con 5. ... 19-05; [GN]

── 5.17-13 ... [Agora coa dama negra en «19», e como temos visto en algún caso anterior, perde de golpe] 5. ... 11-07; 6.04x11, 19-15; 7.11x20, 16x09; [GN].

── 5.17-03 ... [Forma a posición do Diagrama Nº3, antes estudada].

2. ... 15-26; 3.*13-03 …

O movemento que refuta a vitoria branca. Nótese que non valen:

a) 3.13-09� ... [O estudo de Khalestsky só indica esta continuación] 3. ... *26-30; 4.02-05 ... [Se 4.09-22, 30-17; 5.22-08, 17-13; 6.02-05 ... (Ou se 6.08-29, 23-01; 7.29-08, 13-03; 8.02-05, *01x28; 9.08-15, *28-24; 10.15x02, *03-06; GN.) 6. ... 23x01; 7.08-15, 11-07; 8.04x11, 01-14; 9.11x18, 13x, GN.] 4. ... 23x01; 5.09-02, *01-23; [GN].

b) 3.13-31�, *26-17; 4.31-09 ... [Para evitar caer no «niño» da casa «6» tras o sacrificio da dama do río] 4. ... 23-01; [Espera] 5.02-05, 01x23; [Tamén valía ir a «28» para defender o ataque ao peón desde «24»] 6.09-02, 17-30; 7.02x27, [GN].

c) 3.13-31�, *26-30; 4.17-13, 30-17; 5.13-09 ... [Conflúe na liña da anterior «variante b»].

3. … 23-32;

Se 3. ... 26-15; 4.*03-13, 15-12; 5.13-31!, 12-08; 6.02-05, 23x01; 7.31-24, [EMP].

4.*03-16 ...

Non 4.03-06�, por 4. ... *11-07; 5.04x11, 26-17; 6.06-03, 32-10; 7.03x13, 17x, [GN]. Bloqueo crítico de ramo único provocado por dobre caravilla.

4. ... 26-30;

Outras posibilidades poderían ser:

a) 4. ... 26-17; 5.*16-07, 32-14; 6.*02-05, 14x01; 7.07x, [EMP].

b) 4. ... 26-21; 5.*02-05, 32x01; 6.*16-20, [EMP].

c) 4. ... 32-14; 5.02-06!, 11x02; 6.*04-07, 14x04; 7.*16-23, [EMP].

d) 4. ... 32-10; 5.*04-07, 11x04; 6.*02-06, 10x03; 7.*16-23, [EMP].

e) 4. ... 32-28; ou 4. ... 32-19; ou 4. ... 32-01; segue o decisivo ataque 5.*16-07, nos tres supostos [EMP].

f) 4. ... 26-15; 5.16-03 ... [Dual con 5.16-27, ou con 5.16-30] 5. ... 32-23; [Se 5. ... 15-08; 6.03-13, 08-26; 7.*13-18, 32-14; 8.*18-31, 14-01; 9.*31-18, EMP. Repetición] 6.*03-13, 15-26; [Se 6. ... 15-12; 7.13-31 ... (Ou 7.13-09, coa ameaza 8.02-05 seguido de 9.09-02, EMP.) 7. ... 12-15; 8.31-13, [EMP]. Repetindo posición. As negras non teñen forma de progresar] 7.*13-03, 23-32; 8.03-16, 26-15; 9.16-03, 15-08; 10.03-16, 08-15; 11.16-03, [EMP]. Repetición.

5.*16-12 ...

Non 5.16-03�, por 5. ... 32-19; 6.03-17, 30-27; 7.17-03, 27-16; 8.03-17, 16-03; 9.17-30, 19-26; [Ou tamén 9.19-23, caendo tamén no «niño»] 10.30x07, 03x12; [GN].

5. ... 30-16;

Se 5. ... 32-14; 6.*02-06, 11x02; 7.*04-07, 14x04; 8.*12-19, [EMP].

6.12-08 ...

Aquí tamén vale 6.12-29 ... [Dual permitido nos finais artísticos ao ser feito coa mesma peza e a liña temática continuar do mesmo xeito. A dama non pode quedar no aire para despois de 6. ... 32-01; poder entregar o peón que desfai o «niño». Se por exemplo as brancas xogasen 6.12-22�, seguiría 6. ... *32-01; 7.22-31, *16-30; 8.31-22, 30-17; 9.22-12, 01-14!; (Para poder defender o peón do ataque na casa «26») 10.12-16 ... (Ou 10.12-08, 14-23; 11.08-12, 23-01; e agora se 12.12-08, 17-03; ou se 12.12-16, 01-19; alcanzando as posicións desexadas) 10. ... 14-19; 11.16-07 ... (Se 11.16-30, ou 11.16-27, segue 11. ... 19-23; GN.) 11. ... 11-06; 12.02x11, 17-03; 13.07-16, 19-12; 14.16x07, 03x12; GN. Bloqueo crítico de ramo único provocado por dobre caravilla] 6. ... 32-01; 7.02-05, 01x10; 8.29-15, entroncando.

6. ... 32-01;

Si 6. ... 16-03; 7,02-05, 32x01; 8.08-15, [EMP].

7.*02-05, 01x10; 8.*08-15 ...

Atacando o peón pola traseira, Un detalle fundamental que non vale nas damas rusas, pero que na modalidade clásica serve para conseguir o empate.

8. ... 10-06; 9.*04-07, 16x03; 10.*15-19, [EMP].


Ningún comentario: