martes, 11 de xaneiro de 2022

«Saque de Peón». Fase de Expulsión


Xogan as brancas
 
As brancas acaban de entrar coa dama na diagonal «8↗29» polo cadro «22», aínda que nalgúns casos poderían facelo por outra casiña. As negras coa súa dama impiden o avance do peón branco. O habitual é que esta dama non estea colocada nas casas dos cantos, reservando esta posibilidade para cando as brancas tenten expulsala.
 
1.22-29 ...
 
Preparándose para entrar na outra diagonal e expulsar así á dama negra. Coa mesma idea tamén valía 1.22-08.
 
1. ... 07-25;


Tentando opoñerse ao plan das brancas. O atranco é momentáneo pero polo menos conseguen descolocar a outra dama.
 
Fórmase así a que imos denominar como «Posición de Expulsión de Valls» [Publicada no seu tratado no ano 1597]. Os autores clásicos posteriores desde Juan García Canalejas [No ano 1650] forman a posición no canto inferior para despois expulsar a dama negra desde a casa «4».


2.01-28!! ...


A mellor casiña, pois desde aquí poden defender calquera ataque sobre o peón.
 
2. ... 25-18;
 
As negras así prepáranse para no momento da expulsión poder ir a «31». Se fosen a outra casa facilitarían o camiño para que as brancas puidesen seguir avanzando máis o seu peón. Por exemplo se 2. ... 25-21; 3.29-25, 21-17; 4.06-11 ... [Nótese a importancia da dama branca na casa «28», impedindo agora o ataque 4. ... 17-06] 4. ... 17-26; 5.28-01, 26-17; 6.11-15, e peón vai a dama sen dificultades.
 
3.29-25, 18-31;
 
Non hai nada mellor. Se 3. ... 18-27; segue 4.06-11 e o peón avanza de forma imparable, xa que o intento con 4. ... 27-20; para obrigar ás brancas a obstruír o río, fracasa fulminantemente tras 5.*28-24 ... [Non 4.11-14�, que permite pasar ao peón negro con EMP.] 5. ... 20x02; 6.25-11, 02x15; 7.24x02, [GB].
 
4.*28-01 ...

 
Un importante lance introducido por Lorenzo Valls [No ano 1597]. Anteriormente, Pedro Ruíz Montero [No ano 1591] obcecábase con que a dama tiña que ir á casa «10» e non conseguía progresar, polo que consideraba este final como empatado.
 
4. ... 31-24;
 
Así as negras conseguen retrasar o avance inmediato do peón. Esta é a continuación máis resistente.
 
5.25-11 ...


Formándose unha posición na que as brancas volven ter a mesma disposición de pezas que tiñan no momento da formación da «Encrucillada» pero agora coa dama negra confinada na casa «24».
 
5. ... 24-31; 6.06-10, 31-24;


Unha continuación non contemplada por Valls que tan só indica 6. ... 09-05; 7.*11-02, 31-09; 8.*10-14, [GB]. Pola «forzosa».
 
Posíbeis tamén eran 6. ... 31-27; ou 6. ... 31-22; pero nese caso segue 7.10-14, e o peón coroa en menor número de lances.
 
7.*11-02, 24-31; 8.10-14 ...


A continuación empregada por Fernando Manuel Martins no estudo publicado no ano 1984 no «Jornal de Almada» e posteriormente adoitada tamén na 2ª edición do libro de finais do Dr. Cándido de Sena Carneiro que ─coa colaboración do mestre Manuel Melo─ comezou a publicar en 1986 como separata da súa prestixiosa revista e co novo título de «Finais Práticos Básicos».
 
Curiosamente, todos os autores portugueses que analizaron o «saque» con anterioridade, sempre optaban aquí por 8.10-13 ... [Así segue tamén Sena Carneiro na 1ª edición do seu libro de finais, que forma parte do «Tratado Enciclopédico» co título de «O Final Prático»] unha alternativa perfectamente válida pois gaña no mesmo número de lances. Nesas análises, agora indícanse dúas alternativas:
 
a) 8. ... 31-27; [Considerado como equivalente a 8. ... 31-22; pero realmente aguanta un lance menos] 9.02-15! ... [A nosa proposta para abreviar o proceso. Os estudos publicados anteriormente seguen con 9.01-19, 27-16; 10.13-18, remarcando que o peón promociona en tres lances sen advertir que así as brancas para gañar o final precisan dun tempo máis. Para comprobalo continuamos a análise que podería completarse con 10. ... 16-07; 11.18-22. 07-21!; (Impedindo que o peón avance á casa «26». En caso contrario podería ir coroar en «29» abreviando o desenlace) 12.22-27, 21-07; 13.27-31 ... (Tamén se podería seguir con 13.27-30, con final equivalente, xa que despois de 13. ... 07-18; 14.30-26, 18-07; 15.26-29, alcanzaríase a mesma posición) 13. ... 07-21; 14.31-22, 21-07; 15.22-29, 07-18; (Peor sería 15. ... 07-25; por 16.02-24, ameazando «xudía» se agora a dama negra non xoga para o outro canto. Despois de 16. ... 25-04; 17.29-25, é obrigado 17. ... 09-05; e tras 18.19x01, 04-08; aplícase a técnica clásica do «pé de galo» para dominar as dúas transversais con 19.24-11, 08-29; 20.11-18, 29-15; 21.25-29, 15-06; 22.29-22, 06-20; 23.01-10, 20-30; 24.18-11, 30-16; 25.22-13, 16-12; 26.11-07, 12x03; 27.13-17, 03x13; 28.17x10, GB. As brancas gañan empregando aínda outro lance menos) 16.29-25, 18-13; 17.02-11, 13-03; 18.25-21, 09-05; 19.19x01, 03-12; 20.21-25, 12-29; 21.11-18, 29-15; 22.25-29, 15-06; (Esta posición, con un lance de menos por bando, xa foi vista no comentario anterior) 23.29-22, 06-20; 24.01-10, 20-16; 25.22-15, 16-03; 26.15-06, 03-12; 27.18-07, 12x03; 28.10-17, 03x13; 29.17x10, GB.] 9. ... 27-16; 10.13-18, 16-07; 11.18-22, 07-21; [Para impedir o paso cara á casa «29» e facer que as brancas teñan que perder tempos para dominar a «transversal superior»] e agora se:
 
➤ 12.22-27 ... [O movemento intuitivo. O peón vai directo á coroación pero retarda o desenlace] 12. ... 21-07; 13.27-31 ... [Dá igual a casiña de promoción. 13.27-30, gana no mesmo número de lances] 13. ... 07-04; 14.31-24, 04-08; 15.15-29, 08-04; 16.01-10, 04-25; [Se a dama queda no aire perde por «xudía» con 17.10-05, 09x02; 18.29-15, GB.] 17.10-19, 25-04; 18.29-25, 09-05; 19.19x01, 04-08; 20.24-11, 08-29; 21.11-18, 29-15; 22.25-29, 15-06; 23.29-22, 06-20; 24.01-10, 20-30; 25.18-11, 30-16; 26.22-13, 16-12; 27.11-07, 12x03; 28.13-17, 03x13; 29.17x10, [GB].
 
➤ 12.01-32! ... [Tecnicamente a mellor, pois abrevia a resolución do final] 12. ... 21-30; [Se 12. ... 21-17; a técnica para abreviar segue con 13.15-11!! ... (Nótese que se 13.22-27, segue 13. ... 17-21!; e as brancas só dominarían as transversais despois de 14.27-31, 21-04; 15.31-22, 04-07; 16.22-29, 07-25; 17.32-01, 25-07; 18.29-25, empregando dous tempos máis que na liña recomendada. Non sería o mesmo seguir con 13. ... 17-30; porque despois de 14.27-31, se as negras ocupan a transversal con 14. ... 30-21; segue a «xudía» 15.32-05, 09x02; 16.31-24, 02x20; 17.24x25, GB.) 13. ... 17-30; 14.32-19!, 30-17; 15.22-27, 17-30; 16.27-31 ... (O peón coroa coas transversais controladas aforrando 2 tempos con respecto á liña con 13.22-17, indicada na nota anterior) 16. ... 30-17; 17.31-22, 17-03; 18.22-26, 03-17; 19.26-30, 09-05; (Se non entregan o peón, a dama cae atrapada de modo fulminante) 20.19x01, 17-13; 21.30-26, 13-27; 22.26-15, 27-30; 23.11-18, 30-16; 24.01-10 ... (Formando o «pé de galo») 24. ... 16-03; 25.15-06, 03-12; 26.18-07, 12x03; 27.10-17, 03x13; 28.17x10, GB.] 13.32-14! ... [Dominando as transversais] 13. .. 30-17; 14.22-27, 17-30; 15.27-31 ... [A pesar de gastar na coroación 2 lances máis que na opción anterior con 12.22-27, vai gañar de modo máis rápido] 15. ... 30-17; [Se 15. ... 30-16; 16.31-13, 16-03; 17.13-17, 09-05; 18.14x01, 03-07; e agora, como na liña principal, o mellor é 19.01-19, 07-18; 20.17-30, 18-13; 21.19-14, 13-31; 22.30-23, 31-09; 23.23-16, 09-31; 24.14-23, 31-24; 25.15-02, 24-31; 26.23-28, 31x24; 27.16-20, 24x15; 28.02x20, GB.] 16.31-27, 17-13; 17.27-30, 13-31; 18.30-17, 09-05; 19.14x01, 31-18; 20.01-19! ... [A forma máis económica para procurar o dominio das transversais. Neste caso se 20.17-26, para aplicar o «pé de galo», precisaría de 2 lances máis] 20. ... 18-27; [Ou 20. ... 18-31; que entronca tras 21.15-11, 31-09; (Se 21. ... 31-27; 22.17-06, 27-30; con 23.06-03, fórmase a «baioneta curta» de Goniaev. Segue 23. ... 30-27; 24.11-20, 27x16; 25.19-12, 16x07; 26.03x12, GB.). Se 20. ... 18-07; a dama cae de modo acelerado tras 21.15-08, 07-16; (Ou se 21. ... 07-11; 22.17-21, 11x25; 23.08-04, 25-29; 24.04-08, 29x15; 25.08x19, GB.) 22.17-30, 16-03; 23.08-12, 03x16; 24.19-23, 16x27; 25.30x23, GB.] 21.15-11, 27-09; 22.17-10, 09-31; 23.10-03 ... [Formando a «baioneta media» de Goniaev que gaña en 5 lances] 23. ... 31-09; 24.19-10, 09-02; 25.11-24, 02-09; 26.10-05, 09x02; 27.03-06, 02x11; 28.24x02, [GB]. Nótese como as brancas gañan empregando no total 1 lance menos que na opción anterior con 12.22-27.
 
b) 8. ... 31-22; [A que máis resiste] 9.02-11 ... [De novo mellorando a continuación teórica publicada no volume «O Final Prático» do «Tratado Enciclopédico» que segue con 9.01-32 ... (Gastando un lance máis) 9. ... 22-27; (A citada publicación tamén indica 9. ... 22-12; que dá como liña principal, pero esta defensa é peor pois permitiría ás brancas recuperar o lance desperdiciado. A liña despois de 10.13-18, 12-26; presenta varias imprecisións polo que decidimos substituír a análise por unha nova que podería seguir con 11.02-11, 26-08; 12.18-21, 08-04; 13.11-18, 04-08; 14.21-25, 08-15!; 15.25-29, 15-06; 16.32-19, 06-20; {Se 16. ... 06-24; segue igual 17.29-26 para facer a mesma base da recta} 17.29-26, 20-02; 18.26-17 ... {Formando a típica base en forma de recta que aparece nos tratados} 18. ... 09-05; {Para retrasar o desenlace} 19.19x01, 02-15; 20.01-14! ... {A mellor} 20. ... 15-20; 21.14-19 ... {Formando a «baioneta longa» de Goniaev} 21. ... 20-24; 22.17-03, 24-02; 23.03-10, 02-24; 24.10-17, 24-02; 25.19-10, 02-09; 26.18-31, 09-02; 27.10-05, 02x09; 28.17-13, 09x18; 29.31x13, GB.) 10.32-19, 27-16; e 11.13-17, sen especificar como o peón promociona. Aquí convén indicar que sería máis rápido 11.13-18, e temos a mesma posición ─aquí con 1 lance máis por bando─ que na «variante a» con 8. ... 31-27; e desvío 9.01-19. Agora brancas empregarían pois, non 29 como no referido caso, senón 30 lances para gañar] 9. ... 22-31; [Ou 9. ... 22-29; 10.13-18 ... (Alcanzando a mesma posición que na liña do desvío do tronco con 9. ... 22-29; na que o peón procede da casa «14») as brancas gañan en 29 lances] 10.13-17, 31-24; 11.11-02 ... [Outra posibilidade era 11.11-04, 24-15; 12.17-21, 15-08; 13.21-25, 08-15; 14.25-29, que coroa gastando un tempo menos, pero que non inflúe no proceso porque tecnicamente gáñase no mesmo número de lances. Agora podería seguir 14. ... 15-06; 15.29-19, 06-20; 16.01-10, 20-02; 17.04-18, 02-20; 18.10-17 ... (Alcanzando a mesma posición que acabamos de ver nesta mesma «variante b» na liña seguida no libro do «Final Prático» con 9.01-32, e desvío con 9. ... 22-12; que gaña nun total de 29 lances] 11. ... 24-31; 12.17-21, 31-18; [A mellor. Se 12. ... 31-22; 13.01-14! ... (Controlando a transversal. Aquí 13.21-25, semella máis rápido, pero realmente fai gastar un lance máis, pois non impide a defensa con 13. ... 22-18!; {Non 13. … 22-29; que aínda que evita a promoción, si que permitiría abreviar o desenlace tras 14.02-11, 29-22; 15.25-29, 22-13; 16.29-26, 13-31; 17.26-17, 09-05; 18.01x19, 31-09; 19.17-10, 09-31; 20.10-03, 31-09; 21.19-10, 09-02; 22.11-24, 02-09; 23.10-05, 09x02; 24.03-06, 02x11; 25.24x06, GB.} 14.25-29, 18-07; 15.01-19, confluíndo na liña da anterior «variante a» con 8. ... 31-27; e desvío con 9.01-19, na que as brancas gañan nun total de 29 lances) 13. ... 22-08; 14.21-25, 08-29; 15.02-06, 29-12; 16.25-29, 12-16; 17.06-11, 16-03; 18.29-26, 03-17; 19.26-30, 09-05; 20.14x01, 17-13; 21.30-26, 13-09; 22.26-15, 09-27; 23.01-10, 27-30; 24.15-22, 30-16; 25.22-13, 16-12; 26.11-07, 12x03; 27.13-17, 03x13; 28.17x10, GB. Gastando un lance menos no proceso] 13.21-26, 18-07; 14.26-29, 07-18; 15.01-19, 18-07; 16.29-25, 07-03; 17.25-14, 03-16; [Aquí existen dúas alternativas equivalentes. Unha sería 17. ... 03-17; 18.02-11, 17-03; 19.14-01, 03-13; 20.19-26, 13-31; 21.26-17, 09-05; 22.01x19, 31-09; 23.17-10, 09-31; 24.10-03, 31-09; 25.19-10, 09-02; 26.11-24, 02-09; 27.10-05, 09x02; 28.03-06, 02x11; 29.24x06, GB. A outra 17. ... 03-13; que tras  18.02-11, 13-17; 19.14-01, 17-13; conflúe (19. ... 17-30; aguantaría un lance menos. Nese caso segue 20.19-12, 30-27; 21.12-03, 27-16; 22.03-17, 09-05; 23.01x19, 16-27; 24.17-06, 27-16; 25.06-03, 16-27; 26.11-20, 27x16; 27.19-12, 16x07; 28.03x12, GB.)] 18.19-26, 16-03; [Tan resistente sería 18. ... 16-30; 19.26-17, 30-16; 20.02-11, 09-05; (Pois se 20. ... 16-30; segue o movemento de espera 21.14-01, e aínda que entreguen agora o peón con 21. ... 09-05; o proceso acelérase tras 22.01x19, 30-27; 23.17-06, 27-16; 24.06-03, 16-27; 25.11-20, 27x16; 26.19-12, 16x07; 27.03x12, GB.) 21.14x01, 16-27; 22.01-19, 27-09; 23.17-10, 09-31; 24.10-03, 31-09; 25.19-10, 09-02; 26.11-24, 02-09; 27.10-05, 09x02; 28.03-06, 02x11; 29.24x06, GB.] 19.02-11, 03-17; [A mellor. Se 19. ... 03-16; 20.14-01, 16-30; (Ou 20. ... 16-27; 21.26-17, 27-16; 22.11-07, 16x03; 23.01-10, 03x13; 24.17x10, 09-05; 25.10x01, GB.) 21.26-17, 09-05; 22.01x19, 30-27; 23.17-06, 27-16; 24.06-03, 16-27; 25.11-20, 27x16; 26.19-12, 16x07; 27.03x12, GB.] 20.26-30, 09-05; [A que máis prolonga o desenlace] 21.14x01, 17-13; 22.30-26, 13-09; 23.26-15, 09-27; 24.01-10, 27-16; 25.11-18 ... [Formando o «pé de galo»] 25. ... 16-03; 26.15-06, 03-12; 27.18-07, 12x03; 28.10-17, 03x10; 29.17x06, [GB].
 
8. ... 31-22;


A situación xa esta clara. Só vamos comprobar o número de movementos que se necesitan para gañar o final.
 
9.02-11 ...
 
Unha nova alternativa. No libro dos «Finais Práticos Básicos» editado polo Dr. Sena Carneiro en separata da «Enciclopédia Damista» segue como Fernando Manuel Martins no «Jornal de Almada» con 9.02-24, 22-29; 10.14-18, 29-26; alcanzando un punto no que as brancas poderían seguir con:
 
a) 11.24-02 ... [O único lance indicado nas publicacións citadas. Tecnicamente resulta inferior a calquera das variantes «b» ou «c», que son as que menos lances empregan para conseguir a vitoria]. Pode ser respondido con:
 
➤ 11. ... 26-17; [A liña defensiva escollida polos devanditos autores que volven seguir de modo impreciso] 12.18-22, con estas ramificacións:
 
── 12. ... 17-30; [Esta é a liña teórica, que aplicando o regulamente actual sería tamén inferior, pero neste caso debemos ter en conta que no momento da súa publicación estaba vixente a norma da promoción do peón nun máximo de 32 lances e aquí resultaba prioritario evitar o seu avance] 13.01-14! ... [Mellor que 13.01-19 (Seguido nos mencionados estudos e que agora si debe ser considerado como impreciso) 13. ... 30-21!; (Os autores portugueses seguen con 13. ... 30-17; 14.22-27, 17-21; 15.27-31, e co peón coroado rematan a análise. O final podería seguir 15. ... 21-07; 16.31-22, 07-21; 17.22-29, 21-07; 18.29-25, 07-03; 19.25-14, 03-16; 20.19-26, 16-03; 21.02-11, 03-17; 22.26-30, 09-05; 23.14x01, 17-13; 24.30-26, 13-09; 25.26-15, 09-27; 26.01-10, 27-16; 27.11-18, 16-03; 28.15-06, 03-12; 29.18-07, 12x03; 30.10-17, 03x10; 31.17x06, GB. Pero nese caso, e coa regulamentación actual, máis rápido sería 14.19-14, 17-30; 15.02-15, 30-17; 16.22-27, 17-30; 17.27-31, 30-16; 18.14-01, 16-03; 19.31-18, 03-16; 20.18-11, 16-27; 21.15-12, 27-31; 22.12-03, 31-24; 23.11-02, 09-05; 24.01x19, 24-31; 25.02-11, 31-09; 26.19-10, 09-02; 27.03-06, 02-09; 28.06-02, 09-22; 29.10-19, 22x06; 30.02x11, GB.) 14.22-27, 21-07; 15.27-31, 07-21; 16.31-22, 21-07; 17.22-29, 07-18; 18.29-25, 18-13; 19.25-14, 13-03; 20.02-11, 03-16; 21.14-01, 16-27; 22.19-15, 27-30; 23.15-12, 30-27; 24.12-03, 27-16; 25.03-17, 09-05; 26.01x19, 16-27; 27.17-06, 27-16; 28.06-03, 16-27; 29.11-20, 27x16; 30.19-12, 16x07; 31.03x12, GB.] 13. ... 30-17; 14.02-20! ... [Se o peón avanza, retrasa o desenlace xa que permite ás negras ocupar a transversal superior. Imprecisa sería tamén 14.02-11, por 14. ... 17-30; e para coroar o peón sen perder o dominio das diagonais transversais as brancas deben seguir con 15.14-19, 30-17; 16.22-27, 17-30; 17.27-31, retrasando un lance o proceso] 14. ... 17-13; [Nótese que se agora as negras xogan 14. ... 17-30; segue 15.20-16, e tras 15. ... 30-17; 16.22-26, 17x30; 17.14-23, cae a dama. Para retrasar o desenlace mellor sería 15. ... 30-21; 16.14x25, 09-05; 17.16-23, 05-02; 18.22-26, 02-24; 19.26-29, 24-06; 20.29-22, 06-24; 21.25-14! ... (Coa dama do río en «23», o método clásico do «pé de galo» precisaría gastar un tempo máis) 21. ... 24-02; 22.23-30 ... (Temos así a «baioneta longa» de Goniaev) 22. ... 02-24; 23.14-23, 24-31; 24.22-09, 31-24; 25.23-28, 24x31; 26.30-27, 31x22; 27.09x27, GB. Pero aínda así perden un lance antes que na liña principal desta ramificación] 15.22-26, 13-03; 16.26-29. O final podería rematarse con 16. ... 03-13; 17.20-11, 13-03; 18.14-01, 03-13; 19.29-12, 13-31; 20.12-03, 31-24; 21.11-02, 09-05; 22.01x19, 24-31; 23.02-11, 31-09; 24.19-10, 09-02; 25.03-06, 02-09; 26.06-02, 09-22; 27.10-19, 22x06; 28.02x11, [GB].
 
── 12. ... 17-13; [A mellor nesta altura] 13.22-26, 13-18; 14.26-29, 18-07; 15.01-19, 07-18; 16.29-25, 18-13; 17.25-14, 13-03; 18.02-11, 03-16; 19.14-01, 16-27; 20.19-15, 27-30; 21.15-12, 30-27; 22.12-03, 27-16; 23.03-17, 09-05; 24.01x19, 16-27; 25.17-06, 27-16; 26.06-03, 16-27; 27.11-20, 27x16; 28.19-12, 16x07; 29.03x12, [GB].
 
➤ 11. ... 26-29; [A máis fina] 12.18-21, 29-25; [Permite ao rival entrar en dama aforrando un tempo, pero de modo paradoxal obrígao a prolongar a execución do final en tres lances. Menos resistente sería 12. ... 29-22; 13.01-14! ... (Anticipándose no control da transversal «4↗25». Se directamente 13.21-25, 22-18; e o final prolóngase un lance. Podería seguir 14.25-29, 18-07; 15.01-19, 07-18; 16.29-25, 18-13; 17.25-14, 13-03; 18.02-11, 03-16; 19.14-01, 16-27; 20.19-15, 27-30; 21.15-12, 30-27; 22.12-03, 27-16; 23.03-17, 09-05; 24.01x19, 16-27; 25.17-06, 27-16; 26.06-03, 16-27; 27.11-20, 27x16; 28.19-12, 16x07; 29.03x12, GB.) 13. ... 22-08; 14.21-25, 08-29; 15.02-06, 29-12; 16.25-29, 12-16; 17.06-11, 16-03; 18.14-01, 03-13; 19.29-12, 13-31; 20.12-03, 31-24; 21.11-02, 09-05; 22.01x19, 24-31; 23.02-11, 31-09; 24.19-10, 09-02; 25.03-06, 02-09; 26.06-02, 09-22; 27.10-19, 22x06; 28.02x11, GB.] 13.21-26, 25-29; 14.26-30, 29-25; 15.01-19, 25-07; 16.30-23, 07-18; 17.19-08, 18-21; 18.02-15, 21-18; 19.08-04, 18-13; 20.23-01, 13-31; 21.04-11, 31-27; 22.15-12, 27-31; 23.12-03, 31-24; 24.11-02, 09-05; 25.01x19, 24-31; 26.02-11, 31-09; 27.19-10, 09-02; 28.03-06, 02-09; 29.06-02, 09-22; 30.10-19, 22x06; 31.02x11, [GB].
 
b) 11.24-06!, 26-08; [A unha derrota fulminante conduciría 11. ... 26-17; 12.06-03, 17-26; 13.18-21, 26x17; 14.01-10, 17x06; 15.03x10, GB.] 12.18-21, 08-22; 13.21-25, 22-18; [A mellor. Se 13. ... 22-29; (Impide o avance pero resiste menos) 14.06-11, 29-22; 15.25-29, 22-13; 16.29-12, 13-31; 17.12-03, 31-24; 18.11-02, 09-05; 19.01x19, 24-31; 20.02-11, 31-09; 21.19-10, 09-02; 22.03-06, 02-09; 23.06-02, 09-22; 24.10-19, 22x06; 25.02x11, GB. As brancas empregan 4 lances menos para gañar] 14.25-29, 18-07; 15.06-15, 07-25; 16.01-10, 25-07; 17.29-25, 07-03; 18.10-01, 03-16; 19.25-11, 16-27; 20.15-12, 27-31; 21.12-03, 31-24; 22.11-02, 09-05; 23.01x19, 24-31; 24.02-11, 31-09; 25.19-10, 09-02; 26.03-06, 02-09; 27.06-02, 09-22; 28.10-19, 22x06; 29.02x11, [GB].

c) 11.24-11, 26-08; 12.18-21, 08-04; 13.11-18, 04-08; 14.21-25, 08-15; [Se 14. ... 08-29; (Impide a promoción, pero perde o xogo 3 lances antes) 15.18-11, 29-22; 16.25-29 ... 16. ... 22-13; 17.29-12, 13-31; 18.12-03, 31-24; 19.11-02, 09-05; 20.01x19, 24-31; 21.02-11, 31-09; 22.19-10, 09-02; 23.03-06, 02-09; 24.06-02, 09-22; 25.10-19, 22x06; 26.02x11, GB.] 15.25-29, 15-06; 16.29-19, 06-20; 17.01-10, 20-02; 18.10-17, 09-05; 19.19x01, 02-15; 20.01-14, 15-20; 21.17-26, 20-06; 22.26-22, 06-17; 23.14-05, 17-03; 24.22-15, 03-16; 25.05-10, 16-03; 26.15-06, 03-12; 27.18-07, 12x03; 28.10-17, 03x10; 29.17x06, [GB].

9. ... 22-31;


Outros intentos con idénticas posibilidades de resistencia poderían ser:
 
a) 9. ... 22-13; 10.14-19, 13-27; [Entronca].
 
b) 9. ... 22-29; 10.14-18, 29-26; 11.11-04 ... [Ou 11.11-06, confluíndo na liña do desvío do tronco con 9.02-24, seguindo despois como na «variante b». Poderían tamén traspoñer na liña teórica de Fernando Manuel Martins seguindo con 11.11-02, como na «variante a», pero ─como xa indicamos─ iso prolongaría o remate en 2 lances] 11. ... 26-17; 12.18-22, 17-30; 13.01-19, 30-17; 14.22-27, 17-30; 15.27-31, podendo agora seguir 15. ... 30-20; 16.31-24, 20-27; 17.19-01, 27-22; 18.04-08, 22-27; 19.24-11, 27-13; 20.08-12, 13-31; 21.12-03, 31-24; 22.11-02, 09-05; 23.01x19, 24-31; 24.02-11, 31-09; 25.19-10, 09-02; 26.03-06, 02-09; 27.06-02, 09-22; 28.10-19, 22x06; 29.02x11, [GB].
 
c) 9.22-27; [Unha tentativa que mostra unha vez máis os paradoxos que se poden presentar neste final] 10.14-19, 27-31; 11.19-23, 31-22; 12.23-28, 22-31; 13.28-32, e a pesar de coroar 2 lances antes que na liña do tronco, o final gáñase no mesmo número de lances. Agora pode seguir 13. ... 31-24; 14.11-04, 24-06; 15.32-19, 06-20; 16.01-10, 20-02; 17.04-18, 02-20; 18.10-17 ... [A base en forma de recta que adoita aparecer nos tratados]


18. ... 09-05; 19.19x01, 20-15; 20.01-14, 15-20; 21.14-19, 20-24; 22.17-03, 24-02; 23.03-10, 02-24; 24.10-17, 24-02; 25.19-10, 02-09; 26.18-31, 09-02; 27.10-05, 02x09; 28.17-13, 09x18; 29.31x13, [GB].
 
10.14-19, 31-27; 11.11-04, 27-13;


Nótese que aquí se 11. ... 27-31; 12.19-23, 31-22; 13.23-28, 22-12; 14.28-32 ... [O peón coroa un lance antes, pero o final gáñase no mesmo número que no tronco] 14. ... 12-15; 15.01-10, 15-12; 16.10-06, 12-22; 17.06-11, 22-12; 18.04-08, 12-03; 19.32-01, 03-13; 20.08-12, 13-31; 21.12-03, 31-24; 22.11-02, 09-05; 23.01x19, 24-31; 24.02-11, 31-09; 25.19-10, 09-02; 26.03-06, 02-09; 27.06-02, 09-22; 28.10-19, 22x06; 29.02x11, [GB].
 
12.19-23, 13-31; 13.01-19, 31-13; 14.23-28, 13-31; 15.28-32, [GB].


O peón coroou en 15 movementos, 14 se contamos desde a «Posición de Expulsión».
 
Seguimos agora a análise para ver o número total de lances que necesitan as brancas para impoñerse definitivamente:
 
15. ... 31-24; 16.19-26, 24-02; 17.04-18, 02-20; 18.26-17, 09-05; [Entregando o peón para prolongar a resistencia] 19.32x01, 20-15; 20.01-14! ... [Abreviando un lance con respecto ao sistema clásico que seguiría con 20.18-25, ou 20.17-21] 20. ... 15-20; [Se as negras se manteñen na transversal, segue sempre 21.14-04, e as brancas aínda gañan máis rápido] 21.14-19 ... [Formando a «baioneta longa» de Goniaev, que gaña en 8 lances. Equivalente sería ocupar a transversal con 21.17-26, 20-06; 22.26-22, 06-17; 23.14-05, 17-03; 24.22-15, 03-16; 25.05-10, 16-03; 26.15-06, 03-12; 27.18-07, 12x03; 28.10-17, 03x10; 29.17x06, GB.] 21. ... 20-24; 22.17-03, 24-02; 23.03-10, 02-24; 24.10-17, 24-02; 25.19-10, 02-09; 26.18-31, 09-02; 27.10-05, 02x09; 28.17-13, 09x18; 29.31x13, [GB].

Ningún comentario: