DAMA
NEGRA EN «11» [Promoción en 25 lances]
Seguindo a regra que di que cando a dama negra se coloque no cadro «11», débese replicar indo a «1» coa dama do río, sendo indiferente que a outra estea en «17» ou «30» [Ou incluso en «26»]. Entronca na mesma posición que estudamos no método con inicio
das damas nas casas «10» e «17» que o lector pode ver no noso anterior artigo. Aquí o Cap. Evaristo Borges segue con 1.28-23,
que precisa un lance máis.
DAMA
NEGRA EN «15» [Promoción en 25 lances]
Aquí tamén gaña no mesmo número de lances 1.17-10, a
continuación empregada no método clásico de Juan García Canalejas [Sistema que tal como presentaba orixinalmente o autor só daba empate, pero que coa introdución da «lei da calidade» pódese adaptar para que gañe o bando forte conforme explicaremos nun próximo artigo].
1. ... 15-12;
A defensa máis resistente. Outras opcións serían:
a) 1. ... 15-20; 2.21-11, [GB].
b) 1. ... 15-24; 2.28-31, 24-20; [Se
2. ... 24-15; o proceso é o mesmo tras 3.21-11] 3.21-11, 20x06; 4.02x11, 09-05;
5.31-28, 05-02; 6.28-24, [GB].
c) 1. ... 15-22; 2.02-06, 22-31; [Se
3. ... 22-15; 3.28-24, 15x02; 4.21-11, 02x15; 5.24x02, GB.] 3.28-01, 31-24; 4.21-11 ... [Entronca na
posición de confinamento que se forma despois do quinto lance branco na «FASE
DE EXPULSIÓN»].
2.28-10 ...
Para impedir 2. ... 12-03; que entorpecería o proceso.
2. ... 12-15;
A casa «3» está prohibida pois a dama cae directamente.
Se moven a outra permiten xa o avance 3.02-06, e tras o ataque frontal de dama
a este peón [Impedindo
momentaneamente a progresión a dama], as brancas
tapan con 4.21-11, seguido de 5.11-24 ... [En caso de que as negras quixesen antes impedir a
manobra ocupando esta casa ao cuarto lance, segue 5.10-01, e o peón avanza
abreviando o proceso] e 6.10-01,
unha típica manobra que estudaremos na «FASE DE EXPULSIÓN».
3.10-01 ...
Formando a «Posición de Arranque». O Cap. Evaristo
Borges seguía con 3.10-32, o modo orixinal de construír esta «Posición»
que se ben, promociona no mesmo número de lances, resulta un pouco máis
complexa.
Perfeccionando o sistema de Borges
que seguía con 1.28-10 ... [Entroncando
nos supostos con dama en «11» ou «15» (A
mellor, pois resiste 1 lance máis) do
método con posición inicial das damas en «10» e «17»].
O lance textual abrevia en 2
lances o proceso orixinal do autor.
1. ... 20-24;
Tratando de ofrecer a máxima resistencia. Aínda que das
alternativas que expoñemos a continuación, a terceira [1. ...
20-15] aguanta
o mesmo número de lances. Vexamos:
a) 1. ... 20-16; 2.28-23, [GB].
b) 1. ... 20-11; 2.28-01 ... [Sen esquecer a regra clave cando a dama negra vai a «11»] 2. ... 11-15; [Se
2. ... 11-24; 3.30-21, 24-31; 4.02-06, 31-24; 5.21-11, entronca na posición de
confinamento que veremos ao estudar a «FASE DE EXPULSIÓN» xusto após do quinto
movemento das brancas] 3.30-21
... [Forma a «Posición de Arranque»].
c) 1. ... 20-15; 2.30-21 ... [Coma
na Hipótese con DAMA NEGRA EN «15», pero neste caso gastando un lance máis].
2.28-19 ...
Entronca no suposto con «DAMA NEGRA EN 15» do método con
posición inicial das damas en «10» e «17», o cal xa foi explicado no anterior artigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario