sábado, 8 de xaneiro de 2022

«Saque de Peón». Método con damas en «10» e «17».


DAMA NEGRA EN «11» [Promoción en 25 lances]


1.10-01! …

 
A continuación máis precisa abreviando nun lance os estudos portugueses. Aquí Fernando Martins seguía con 1.10-23, 11-15; 2.17-21, 15-12; 3.23-10 ... [Ao estar as dúas damas no aire non pode arrancar o peón. Se 3.02-06�, as negras defenderían con 3. ... *12-03; e tras 4.06-11, *03-07; EMP.] 3. ... 12-15; 4.10-01, alcanzando a mesma «Posición de Arranque» que na nosa liña principal despois de 3.30-21, pero gastando un tempo de máis.
 
O Cap. Evaristo Borges que comezaba o proceso con damas nas casas «17» e «28» seguía con 1.28-23, formando así a mesma posición que usou Martins. Mais, unha vez coñecida a nosa proposta, resulta evidente que o método poderíase perfeccionar con 1.28-01!
 
1. … 11-20;


Aquí se:
 
a) 1. … 11-15; 2.17-21, e adiántase un lance o proceso.
 
b) 1. ... 11-24; 2.01-14, [GB]. As negras deben entregar o peón para non perder a dama.
 
c) A calquera outra as brancas responden avanzando o peón e, con 17-26 e 26-29, alcanzan a «Fase de Expulsión» máis rapidamente.
 
2.17-30 ...


O modo idóneo para formar a «Posición de Arranque». Nótese que se xogasen directamente 2.17-21, seguiría 2. ... 20-30!; entorpecendo todo o plan, pois agora tras 3.21-17, 30-27!; as brancas terían que comezar de novo o proceso con 4.01-10.
 
2. ... 20-15;


Outras posibilidades poderían ser:
 
a) 2. … 20-16; 3.01-23, [GB].
 
b) 2. ... 20-24; 3.30-21, 24-31; 4.02-06, 31-24; 5.21-11, formándose una posición que veremos na «Fase de Expulsión» xusto despois do quinto movemento branco.
 
c) 2. … 20-11; [Lance intuitivo que semella entorpecer máis o proceso pois, a diferenza do textual, impide 3.30-21. Pero realmente é ao revés, e despois da forte replica da que dispoñen as brancas, o proceso abréviase en 2 lances] 3.30-27!! ... [Unha importantísima novidade que revoluciona todo o proceso. Seguindo esta liña as brancas so precisan dun total de 23 lances para coroar o peón]


con estas opcións:
 
u 3. ... 11-24; [Manténdose na diagonal «2&24» para evitar o arranque. Con todo este lance resulta menos resistente que se fosen ao cadro «15», como na seguinte opción] 4.01-14, 24-15; [Peor aínda sería 4. … 24-31; por 5.27-13, 31-24; 6.13-03, GB.] 5.27-31 ...


5. ... 15-12; [Se fosen a outra casa da paralela, o peón sempre arranca e o proceso sería o mesmo. Se pola contra, persisten en deter o seu avance, por exemplo con 5. … 15-20; seguiría 6.14-11, 20x06; 7.02x11, 09-05; 8.31-28, GB.] 6.02-06, 12-29; [Se 6. ... 12-03; entronca na liña principal da seguinte opción (3. ... 11-15) xusto despois do sétimo lance negro. Ou se 6. ... 12-15; 7.31-24, 15x02; 8.14-05, 02-06; 9.24x02, GB.] 7.31-24 ...


7. ... 29-25; [Contra 7. ... 29-26; as brancas responden con 8.06-11, 26-12; 9.24-31, seguido de 10.14-01, e o peón xa pode avanzar] 8.14-04, 25-29; 9.24-28, 29-22; 10.06-11, 22-26; 11.28-01, 26-17; 12.11-15, e o peón coroa con facilidade.
 
u 3. ... 11-15; [Ao igual que na opción anterior, as negras mantéñense na diagonal que impide momentaneamente o arranque. Esta é a opción máis resistente nesta altura] 4.27-31! …


[Máis rápido que 4.27-18, que para os efectos sería o mesmo que alcanzar a «Posición de Arranque» na que esta dama estaría na casa «21»] 4. … 15-11; [Se 4. ... 15-20; segue 5.01-14, abreviando o proceso, pois entronca na mesma posición que aparecerá despois do sexto lance branco] 5.01-32 ... [Ou 5.01-28, cos mesmos efectos] 5. ... 11-20; [Se 5. ... 11-15; segue igual 6.32-14, e agora se 6. ... 15-12; 7.02-06, 12-29; (Para impedir o avance de peón á casa «11») 8.31-24! ... (Non 8.31-28�, por 8. ... *09-05; 9.14x01, 29-15; 10.06-10, 15-06; e perseguindo o peón é EMP.) 8. ... 29-25; 9.14-04, 25-29; 10.24-28, 29-22; 11.06-11, 22-26; 12.28-01, 26-17; 13.11-15, e o peón agora coroa sen dificultade. Ou se 5. ... 11-07; (Aquí dá igual se van a outra casa dispoñíbel desta paralela pois o proceso é o mesmo) 6.02-06, 07-04; 7.32-01 ... (É importante indicar que para formar a «Posición de Expulsión» a dama do río debe estar na casa «1». Poderíase seguir tamén con 7.31-22, 04-07; 8.22-29, 07-18; e agora 9.32-01, seguido de 10.29-25. Pero non valería directamente 9.29-25�, por 9. ... 18-13; 10.06-11, 13-06; EMP. Perden o peón ou tapan a acción da dama permitindo o avance 11. ... 09-05) 7. ... 04-07; 8.31-22, 07-21; 9.22-29, 21-25; formando a «Posición de Expulsión» e GB.] 6.32-14 ...


6. ... 20-16; [Escapando da ameaza 6.14-11, trocando damas. Se van para «30», o peón tamén arranca con similar proceso] 7.02-06, 16-03; [Se 7. ... 16-20; 8.31-24, 20x02; 9.14-05, 02-06; 10.24x02, GB. Ou se 7. ... 16-30; 8.06-11, 30-26; 9.14-01, e o peón avanza sen dificultades] 8.06-11, 03-12; 9.14-01, 12-03; 10.11-15, e o peón en cuarta fila promociona xa sen moitos problemas.
 
u 3. ... 11-21; [Se van a calquera dos dous cantos da diagonal segue igualmente o arranque con proceso similar] 4.02-06, 21-07; [Se 4. ... 21-30; 5.06-10, 30x05; 6.01x10, GB.] 5.27-22, 07-21; 6.22-29, 21-25; e fórmase a «Posición de Expulsión».
 
3.30-21 …


Ameazando 4.21-11. Nesta altura queda formada a «Posición de Arranque».


DAMA NEGRA EN «15» [Promoción en 26 lances]

 
1.17-30! ...


Perfeccionando os métodos portugueses que seguen con 1.10-14 ... [No caso do Cap. Evaristo Borges (De inicio con damas nos cadros «17» e «28») alcanzando a posición desde o seu suposto con «Dama Negra na casa 20» tras 1.28-10, 20-11] 1. ... 15-12; 2.14-28 ... [Considerada tradicionalmente como a mellor para non entorpecer o proceso. Pero como curiosidade indicaremos que valería tamén 2.14-23, porque após 2. ... 12-15; (Se 2. ... 12-08; as brancas non seguen con 3.02-06�, senón que o farían con 3.17-21!, para tras 3. ... 08-12; 4.23-10, entroncar) 3.17-21, 15-12; 4.23-10, vai entroncar na mesma posición] 2. ... 12-15; 3.17-21, 15-12; 4.28-10, 12-15; 5.10-01, gastando un tempo máis que na nosa liña principal para alcanzar a mesma «Posición de Arranque».
 
1. ... 15-24;


A defensa que máis resiste. Outras posíbeis alternativas serían:
 
a) 1. … 15-11; 2.10-01 ... [Apartando esta dama para facer efectiva a ameaza de troca desde a casa «21»] e se:
 
u 2. ... 11-24; [Entronca na «variante b» da Hipótese «DAMA NEGRA EN 11» xusto despois de que o bando defensor xoga 2. ... 20-24] que segue con 3.30-21.
 
u 2. ... 11-15; [Entronca na liña principal da Hipótese «DAMA NEGRA EN 11»] que segue con 3.30-21, formando a «Posición de Arranque».
 
b) 1. ... 15-29; 2.30-21, 29-25; [Máis resistente sería a defensa con 2. ... 29-15; que ao igual que na liña da «variante e» (1. ... 15-22) sería replicada con 3.10-01, formando a «Posición de Arranque». Se 2. ... 29-22; (Nótese que daría o mesmo que a dama vaia ás casas «12» ou «8», xa que tras o arranque e posterior ataque na casa «15», o xogo conflúe en idéntica posición) segue 3.02-06, 22-15; 4.21-11, 15-22; (Aquí se 4. ... 15-24; segue 5.10-01, adiantando o proceso, pois conflúe  na posición de confinamento que veremos na «Fase de Expulsión» após o quinto movemento branco) 5.11-24 ... (Formando o esquema típico dos autores clásicos) 5. ... 22-18; 6.10-01, 18-21; (Non vale 6. ... 18-13; pois as brancas aproveitan a lei da calidade para impoñerse con 7.01-05, 09x02; 8.06-11, 02x15; 9.24x17, GB.) 7.24-31, 21-04; 8.31-22, 04-07; 9.22-29, 07-25; formando a «Posición de Expulsión»] 3.21-04, 25-29; 4.10-28 ... [Podíase realizar xa o avance, pero o lance textual abrevia o proceso] 4. ... 29-22; 5.02-06, 22-31; [Os ataques ao peón nada solucionan. Se 5. ... 22-15; 6.28-24, 15x02; 7.04-11, 02x15; 8.24x02, GB. Ou se 5. ... 22-13; 6.06-11, 13-22; 7.28-01, 22-26; 8.11-14, 26-22; 9.04-11, con doada promoción] 6.28-01, 31-24; 7.04-11 ... [Entronca na posición de confinamento da «Fase de Expulsión» após o quinto lance branco].
 
c) 1. ... 15-08; 2.30-21, 08-04; [Mellor e máis resistente sería 2. ... 08-15; da que xa sabemos que tras 3.10-01, entronca na «Posición de Arranque»] 3.21-25, 04-08; 4.10-28, 08-22; [Confluíndo na liña vista na anterior «variante b»].
 
d) 1. … 15-12; 2.30-21 ... [Entronca nunha posición do suposto con «DAMA NEGRA EN 20» que se forma na liña da «variante e» na que as negras desvían con 1. ... 20-15; xusto despois de que se xoga 2.17-21, 15-12 e 3.28-10].
 
e) 1. ... 15-22; 2.30-21, e agora se:
 
u 2. ... 22-31; 3.02-06, 31-24; 4.21-11 ... [Conflúe na posición de confinamento que aparece na «Fase de Expulsión» despois do quinto lance branco].
 
u 2. ... 22-12; 3.02-06, 12-03; [Ou 3. ... 12-15; 4.21-15, seguido de 5.15-24, con liñas que tamén conducen á «Posición de Expulsión»] 4.21-17, 03-07; 5.10-01, 07-18; 6.17-26, 18-07; 7.26-29, 07-25; e aquí fórmase a «Posición de Expulsión».
 
u 2. ... 22-15; 3.10-01, e temos a «Posición de Arranque».
 
2.10-19!! ...


Lance importantísimo para manter o rigor do proceso. A primeira vista semella mellor 2.10-01, pois se 2. ... 24-15; con 3.30-21, fórmase a «posición de arranque» abreviando un lance con respecto á liña do tronco. Ou se 2. ... 24-11; tras 3.30-27!!, temos a revolucionaria posición que estudamos na «variante c» con 2. ... 20-11; no suposto anterior con DAMA NEGRA NA CASA 11. Pero a realidade sería ben diferente, pois nese caso as negras poderían replicar con 2. ... 24-31; e tras 3.30-21, 31-27; 4.02-06, 27-30; 5.21-25 ... [Se a dama do río estivese en «19» sería única para defender o ataque na casa «13», pero aquí non é obrigada e valerían outros lances como por exemplo 5.21-18] 5. ... 30-20; 6.25-11, 20-16; 7.01-32 ... [Para defenderse do ataque na casa «3». Se a dama do río estivese en «19», tal como sucede na liña do desvío do tronco con 2. ... 24-31; agora poderíase abreviar o proceso con 7.11-24] 7 ... 16-12; 8.11-20, 12-22; 9.20-24, 22-18; 10.32-01, 18-21; 11.24-31, 21-04; 12.31-22, 04-07; 13.22-29, 07-25; alcanzando a «Posición de Expulsión» pero gastando 2 lances máis que na liña con dama do río na casa «19».
 
2. ... 24-11;


Se as negras optasen por 2. ... 24-31; permite xa 3.30-21 ... [Abreviando un lance o proceso] con estas posibilidades:
 
a) 3. ... 31-27; 4.02-06, 27-30; [Ou se xa 4. ... 27-20; 5.21-11, e as brancas aforran outro lance. Peor aínda sería 4. ... 27-13; por 5.*21-17, 13x03; 6.19-10, 03x13; 7.17x10, GB.] 5.*21-25 ... [Para non perder o peón. 5.21-07, tamén vale pero sería unha perda de tempo, pois tras 5. ... 30-16; é obrigado seguir con 6.*07-25] 5. ... 30-20; 6.25-11, 20-27; [Se 6. ... 20-30; 7.11-24, e o proceso seria o mesmo. Interesante resulta a opción 6. ... 20-16; 7.11-24!, 16-07; 8.24-28, 07-18; 9.19-01, 18-07; 10.28-19, 07-18; 11.19-29, 18-25; alcanzando a «Posición de Expulsión»] 7.11-24, 27-18; 8.19-01 ... [Non 8.24-20�, pois vai confluír na famosa posición de empate que refuta o sistema de Juan García Canalejas,


posteriormente copiado polos autores clásicos que lle seguiron como por exemplo Cecina Rica e o Dr. Cárceles Sabater. Neste erro tamén caen outros autores contemporáneos como Govert Westerveld que, influenciado por Víctor Cantalapiedra, usa esta vía no seu libro de iniciación «Las Damas: Ciencia sobre un tablero»] 8. ... 18-21; [Se 8. ... 18-13; 9.*01-05 ... (Aproveitando a «lei da calidade») 9. ... 09x02; 10.06-11, 02x15; 11.24x17, GB.] 9.24-28, 21-07; 10.28-19, 07-18; 11.19-29, 18-25; e fórmase a «Posición de Expulsión».
 
b) 3. ... 31-13; 4.19-28! ... [Alcanzando unha posición que analizaremos nun próximo artigo dedicado ás «Bases Intermedias». Aparece na «BASE 2» xusto despois do lance 2.07-21].
 
3.19-01 ...


Con dama branca nas casas «17» ou «30», se as negras moven a «11» a mellor réplica sempre é levar a dama do río á casa «1».
 
3. ... 11-15;

 
Se 3. ... 11-24; 4.30-21, 24-31; 5.02-06, 31-24; [Se 5. ... 31-13; perde rapidamente tras 6.21-17, 13x03; 7.01-10, 03x13; 8.17x10, GB. Se 5. … 31-22; ou 5. … 31-27; o peón avanza a «11» e coroa sen dificultades] 6.21-11 ... [Unha vez máis, entronca na posición de confinamento que se forma despois do quinto lance branco na «FASE DE EXPULSIÓN»].
 
4.30-21 ...

 
Formándose a «Posición de Arranque».


DAMA NEGRA EN «20» [Promoción en 26 lances]


1.10-28! …


A mesma continuación elixida por Fernando Martins [Henrique da Cunha aquí seguía con 1.17-30, que se é contestado con 1. ... 20-15; precisa dun total de 28 lances para coroar o peón. Dous máis que co lance textual]
. Posíbel tamén sería 1.17-26, que gaña no mesmo número de lances. Como curiosidade, o lector pode ver o seu desenvolvemento no apartado seguinte.
 

CONTINUACIÓN ALTERNATIVA

1.17-26!, 20-11;

a) 1. … 20-24; 2.10-23, 24-11; [Se 2. ... 24-31; 3.26-21, 31-22; (Ou 3. ... 31-13; 4.23-28, Como na «BASE 2» xusto despois do segundo lance branco) 4.02-06, 22-15; 5.21-11, 15-12; 6.*23-32, con idéntico desenlace que no Suposto con DAMA NEGRA EN 12 da «Encrucillada»] 3.26-12, 11-24; 4.12-07, 24-31; 5.02-06, 31-24; 6.07-11, 24-31; 7.11-24, 31-18; 8.23-01, 18-21; 9.24-28, 21-07; 10.28-19, 07-18; 11.19-08, 18-04; 12.01-28, 04-18; 13.08-04, 18-31; 14.28-01, 31-24; 15.04-11, conformando a posición de confinamento que aparece despois do quinto lance branco na «Fase de Expulsión».

b) 1. … 20-27; 2.26-30, 27-22; 3.30-21, 22-15; 4.10-01, e posición vista no tronco da Hipótese «DAMA NEGRA EN 11» agora empregando un lance máis.

c) 1. ... 20-16; 2.26-30, 16-12; 3.30-21, 12-15; e temos a mesma posición que despois do terceiro lance negro na anterior «variante b».

d) 1. ... 20-30; 2.10-17, [GB].

2.10-01, 11-20;

Se 2. ... 11-24; 3.26-21, 24-31; 4.02-06, 31-24; 5.21-11, e unha vez máis alcánzase a posición de confinamento que aparece despois do quinto lance branco na «Fase de Expulsión».

3.26-30 ...

Entronca nunha posición xa vista na Hipótese «DAMA NEGRA EN 11», xusto despois de que as brancas fan o seu segundo lance na liña tronco.

 
1. … 20-11;


Confluíndo nunha das posicións de inicio do método do Cap. Evaristo Borges [Sería a do seu suposto con «Dama Negra na casa 11»]. Tanto con este lance, como levando a dama á casa «15» é como máis poden resistir as negras. Vexamos deseguido as posíbeis alternativas: 
 
a) 1. … 20-24; 2.28-14, [GB].
 
b) 1. … 20-30; 2.02-06, 30-27; [Se 2. ... 30-20; 3.28-24, 20x02; 4.17-06, 02x11; 5.24x02, GB.] 3.06-11, 27-22; 4.28-01, e o peón vai a dama con facilidade.
 
c) 1. … 20-27; 2.02-06, 27-31; [Entronca nunha posición da famosa «treta» de Lorenzo Valls vista na «variante a» da liña do desvío con 2. ... 24-31 da Hipótese DAMA NEGRA EN «15», xusto despois do sétimo lance negro. Nótese que se 2. ... 27-20; perde con 3.28-24, como xa vimos na anterior variante].
 
d) 1. ... 20-16; 2.02-06, 16-07; [Unha vez máis convén lembrar que non vale o ataque na casa «20» debido a 3.28-24, e a dama cae] 3.28-01, 07-18; 4.17-26, 18-07; 5.26-29, 07-25; formando a posición de expulsión con cada bando tendo xa efectuado un lance.
 
e) 1. ... 20-15; [Como xa indicamos, un lance de resistencia idéntica á do textual. Agora a posición sería a mesma que a de inicio do suposto con «Dama Negra na casa 15» do método de Evaristo Borges] 2.17-21 ... [Aquí 2.17-10, sería unha alternativa igualmente efectiva. Pois se 2. ... 15-12; segue 3.10-03, e agora 3. ... 12-22; sería respondido con 4.03-07, formando a «BASE 2» do método que publicamos no ano 2010. Ou se 3. ... 12-15; con 4.03-07, estariamos na «BASE 1» do mesmo método] 2. ... 15-12; [Se as negras van ás casas «8» ou «29», o peón arranca sen dificultades pois se tras 3.02-06, atacan na casa «15» perden inmediatamente con 4.28-24, 15x02; 5.21-11, 02x15; 6.24x02, GB. Se moven 2. ... 15-22; segue tamén 3.02-06, e despois de 3. ... 22-31; 4.28-01, 31-24; 5.21-11, formándose a posición de confinamento que xa vimos outras veces e que estudaremos na «Fase de Expulsión» xusto despois do quinto movemento branco. Finalmente, se 2. ... 15-24; respóndese con 3.28-31, e a ameaza 4.21-11, resulta definitiva] 3.28-10 ... [Necesaria para impedir que as negras ocupen a casa «3» entorpecendo o proceso] e agora se:
 
u 3. ... 12-15; 4.10-01, e temos a  «Posición de Arranque» vista no tronco da Hipótese «DAMA NEGRA EN 11».
 
u 3. ... 12-22; [Se 3. ... 12-08; ou 3. ... 12-29; segue o mesmo proceso] 4.02-06, 22-15; [Para frear o avance do peón] 5.21-11, 15-22; [Se 5. ... 15-24; 6.10-01, e estamos na posición de confinamento na que as brancas pasan o peón sen dificultades como se pode ver no apartado correspondente á «Fase de Expulsión» xusto despois do quinto movemento branco. Se 5. ... 15-12; 6.11-24, 12-07; 7.24-31, 07-04; 8.10-01 ... (Confluíndo nunha posición que tamén estudaremos no apartado da «Encrucillada». Poderíase xogar primeiro 8.31-22, e despois de 8. ... 04-07; entroncar con 9.10-01!, pero non valería directamente 9.22-29�, por 9. ... *07-03; e as negras conseguen empatar) 8. ... 04-25; 9.31-22, 25-07; 10.22-29, 07-25; formándose a «Posición de Expulsión»] 6.11-24, 22-12; [Ou 6. ... 22-18; 7.10-01, 18-21; (Se 7. ... 18-13; perden co típico golpe 8.01-05, 09x02; 9.06-11, 02x15; 10.24x17, GB.) 8.24-31, 21-04; 9.31-22, 04-07; 10.22-29, 07-25; alcanzando aquí tamén a «Posición de Expulsión»] 7.24-31, 12-07; [Resulta evidente que se 7. ... 12-15; segue 8.*31-24, 15x02; 9.10-05, 02-06; 10.24x02, GB. Ou se 7. ... 12-03; 8.*10-17, 03x10; 9.17x06, 09-05; 10.31-28, GB.] 8.10-01, 07-04; 9.31-22, 04-07; 10.22-29, 07-25; [Formando a «Posición de Expulsión»].
 
u 3. ... 12-16; 4.02-06, 16-20; [Se 4. ... 16-03; 5.21-17, 03-07; 6.10-01, 07-18; 7.17-26, 18-07; 8.26-29, 07-25; formando a «Posición de Expulsión»] 5.21-11, 20-30; [Se 5. ... 20-16; 6.11-24, 16-07; 7.24-31, 07-04; 8.10-01, 04-07; 9.31-22, 07-21; 10.22-29, 21-25; alcanzando a «Posición de Expulsión»] 6.11-24 ... [A formación dos clásicos] 6. ... 30-21; [Se 6. ... 30-16; 7.24-31, 16-07; (Nesta análise as variantes repítense frecuentemente. Agora se 7. ... 16-20; 8.31-24, 20x02; 9.10-05, 02-06; 10.24x02, GB.) 8.10-01, 07-04; 9.31-22, 04-07; 10.22-29, 07-25; e temos unha vez máis a «Posición de Expulsión»] 7.10-01, 21-07; [Se 7. ... 21-17; 8.06-11, 17-03; (Ou se 8. ... 17-21; de novo as brancas resolven co golpe 9.*01-05, 09x02; 10.11-15, 02x20; 11.24x25, GB.) 9.24-31, 03-17; 10.11-15, e o peón avanza sen problemas] 8.24-31, 07-04; 9.31-22, 04-07; 10.22-29, 07-25; [Formando de novo a «Posición de Expulsión»].
 
2.28-01! …
 

Alcanzando unha posición xa estudada. Despois deste lance entróncase na liña principal da Hipótese «DAMA NEGRA EN 11» 
empregando un tempo de máis por bando. Así mellórase o método dos portugueses [Borges e Martins] que seguían con 2.28-23, co que se gastaría aínda outro tempo a maiores.

Ningún comentario: