As «Bases
Intermedias» son catro posicións que poden aparecer con certa frecuencia durante o proceso de resolución do «Saque de Peón». Estudámolas por separado para poder
referencialas e non ter que copialas repetidamente en cada caso que se
presentan. De feito na exposición dos métodos amosados en artigos anteriores xa
remitimos a algunha delas e noutros que estudaremos proximamente vai acontecer
o mesmo. O seu coñecemento resulta tamén moi proveitoso porque ao presentarse o
final, algunhas veces xa se poden formar directamente sen necesidade de gastar
tempos en realizar o proceso completo desde a posición inicial dalgún dos diferentes métodos.
Base intermedia que
aparece por primeira vez no tratado de Juan García Canalejas no
ano 1650, cuxa liña principal vai ir entroncar nunha famosa «treta» que
Lorenzo Valls xa tiña sacado á luz en
1597.
1. ... 22-13;
As negras ocupan a
diagonal de corte «3↗17». Outras posibilidades son:
a) 1. ... 22-31; 2.28-24, 31-27; [Se as negras moven a dama á casa «22» segue un
proceso similar. Se polo contrario xogan 1. ... 31-13; perden por «xudía» con
2.02-05, 09×02; 3.07-11, 02X15; 4.24×17, GB.] 3.07-14,
con estas opcións:
➤ 3. ... 27-31; 4.02-06, 31-22; [Contra 4. ... 31-13; as brancas dispoñen do envío a dama con 5.14-05,
seguido de 6.06-11, GB. Mais esta BASE tamén pode ser aplicábel sen usar a «lei
da calidade» e nese caso as brancas deben seguir con 5.06-11, 13-31; (Se 5. ... 13-03; 6.24-31,
03-12; 7.14-01, 12-03; 8.11-15, GB.) 6.14-19, 31-18; 7.11-15, 18-31; (Se 7. ... 18-25;
8.19-14 GB. Ou se 7. ... 18-07; as brancas non avanzan o peón e gañan
xogando primeiro a dama para «31») 8.24-20,
31-24; (Se as negras van a «18» ou «13» perden por
envío a dama) 9.19-14, 24-31;
10.15-19, GB.] 5.06-11, 22-12; [Se 5. ... 22-26; segue 6.14-01, e o peón avanza
comodamente xa que, debido á «xudía», non pode ser atacado desde a casa «13» (Con todo, para poder aplicar esta BASE nos sistemas sen «lei de calidade»,
aquí o adecuado sería realizar previamente o movemento 6.24-31). Ou se 5. ... 22-29; ou 5. ... 22-08;
en ambos os dous casos seguiría 6.14-01, e o peón tamén promociona de modo
doado] 6.24-31, 12-26; 7.14-01, 26-17;
8.11-15, coroando o peón sen problemas.
➤ 3. ... 27-22; 4.02-06, 22-26; [De
novo, se o peón é atacado na casa «13», seguiría o golpe por «xudía», ou se o
sistema non contempla a «lei da calidade», daquela con 5.06-11, 13-31; 6.14-19,
31-27; 7.11-15, 27-30; 8.24-31, 30-16; 9.19-01, pasando o peón. No caso de que
as negras optasen por 4. ... 22-29; nada impide o avance 5.06-11, pois se 5.
... 29-25; segue o alongamento de peón con 6.11-15, GB.] 5.06-11, 26-12; 6.24-31, 12-26; 7.14-01, 26-17; 8.11-15, [GB]. O peón xa
vai a dama sen complicacións.
b) 1. ... 22-27; 2.02-06, 27-31; [Non vale 2. ... 27-20; polo consabido 3.28-24, 20x02; 4.07-11, 02x15; 5.24x02, GB. Ou se, en lugar da textual, xogasen 2. ... 27-22; ou 2. ... 27-13; seguiría 4.06-11, pasando o peón con facilidade] 3.28-01, e traspoñemos a mesma posición e idéntica xogada da «BASE 1».
c) 1. ... 22-26; ou 1. ... 22-29; ou 1. ... 22-08; sempre segue 2.02-06, con pase
sen dificultades.
2.07-21, 13-17;
A continuación máis
resistente. Outras podían ser:
a) 2. … 13-31; 3.28-24, 31-22; [Se 3. ... 31-13; perde de modo fulminante co
golpe 4.02-05, 09x02; 5.21-11, 02x15; 6.24x17, GB. Ou se 3. ... 31-27; 4.21-14!,
27-22; (Contra 4. ... 27-13; as brancas gañan co
xa indicado golpe da «xudía») 5.02-06,
22-26; (Se 5. ... 22-29; segue igual 6.06-11, pois
agora non vale 6. ... 29-25; debido ao «gancho» 7.11-15, 25x20; 9.24x02, GB.) 6.06-11, 26-12; 7.24-31, 12-26; 8.14-01, 26-17; 9.11-15,
e o peón avanza con facilidade] 4.21-14!,
22-08; [O corte na casa
«13» continúa vedado polo golpe con 5.02-05] 5.24-31!, e agora se:
➤ 5. ... 08-15; 6.14-11, 15x06; 7.02x11, 09-05; 8.31-28, [GB].
➤ 5. ... 08-12; 6.02-06, 12-29; [O
ataque 6. ... 12-15; sería refutado con 7.*31-24, 15x02; 8.14-05, GB.
Mentres que se o fan con 6. ... 12-03; segue 7.06-11, 03-12; 8.14-01,
12-03; 9.11-15, e o peón coroa de forma imparábel] 7.31-24,
29-25; 8.14-04, 25-29; 9.24-28, 29-22; 10.06-11, 22-26; 11.28-01, e o peón
avanza sen demasiados impedimentos.
➤ 5. ... 08-26; 6.02-06, 26-17; [Se
6. ... 26-29; ou 6. ... 26-15; entronca en liñas xa vistas na
opción anterior] 7.06-11, 17-26; 8.14-01, 26-17; 9.11-15, e
o peón avanza comodamente.
➤ 5. ... 08-29; 6.02-06, 29-25; 7.14-04, 25-29; 8.31-28, 29-22; 9.06-11,
22-26; 10.28-01, 26-17; 11.11-15, e unha vez máis o peón vai a dama sen
atrancos.
➤ 5. ... 08-04; 6.14-25, 04-08; 7.31-28, 08-22; [Se van a outra casa dispoñíbel desta diagonal segue
igualmente o arranque e o peón coroa aínda con máis facilidade] 8.02-06, 22-31; [O ataque 8. ... 22-15; refútase, como xa vimos en
situacións similares, con 9.28-24, 15x02; 10.25-11, 02x15; 11.24x02, 09-05; 12.02x09,
GB.] 9.*28-01, 31-24; 10.25-11 ... [Entronca na posición de confinamento que se
forma despois do quinto lance branco na «FASE DE EXPULSIÓN»].
b) 2. ... 13-03; 3.21-17 ... [Entronca na
liña na que as negras desvían do tronco con 3. ... 17-03; xusto despois de que
as brancas xogan 4.30-17].
c) 2. ... 13-22; 3.02-06, 22-31; [Se 3. ... 22-13; 4.21-17, 13x03; 5.28-10, 03x13; 6.17x10,
GB. Se 3. ... 22-15; 4.28-24, 15x02; 5.21-11, 02x15; 6.24x02, GB. Se 3.
... 22-29; 4.21-04, 29-22; 5.06-11, 22-26; 6.28-01, 26-17; 7.11-15, e o
peón chega a dama sen dificultade. De modo similar, se 3. ... 22-08; 4.21-04,
08-22; 5.06-11, 22-26; 6.28-01, 26-17; 7.11-15, e o peón tamén pasa de modo cómodo.
Igualmente se 3. ... 22-12; 4.21-04, 12-22; 5.06-11, e 6.28-01, con
idénticas consecuencias] 4.28-01,
31-24; 5.21-11 ... [Entronca na
posición de confinamento que se forma despois do quinto lance branco na «FASE
DE EXPULSIÓN»].
d) 2. ... 13-27; 3.02-06, 27-22; [Se 3. ... 27-30; 4.21-17, 30-27; 5.06-11,
27-22; 6.28-01, e o peón avanza sen dificultades. Se 3. ... 27-16;
4.21-04 ... (Non directamente 4.06-11�, pois permitiría
4. ... 16-07; con inevitábel EMP.) 4.
... 16-27; 5.06-11, 27-22; 6.28-01, e unha vez máis o peón promocionaría de
modo moi sinxelo. Se moven outra entroncaría en liñas xa vistas na variante con
2. ... 13-22; 4.06-11, 22-29; 5.21-17,
29-22; 6.28-01, e o peón vai a dama sen demasiadas complicacións.
3.21-30, 17-13;
Se 3. ... 17-03;
respóndese con 4.30-17, seguido do arranque 5.02-06. Nese caso as negras non
teñen nada mellor que cortar o avance do peón na diagonal «4&25» permitindo pasar á posición de expulsión [Con 6.28-01! seguido de 7.17-26 e 8.26-29, ou 8.26-04] con un tempo menos. Se, polo contrario, no cuarto lance
fosen ás casas «12» ou «16» para intentar o ataque ao peón xa avanzado desde
«15» ou «20», perden co golpe 6.28-24, seguido de 7.17-06, [GB].
4.30-17, 13-22;
Neste punto se:
a) 4. ... 13-31; [Inferior] 5.28-14, obriga ás negras a entregar material.
b) 4. ... 13-27; 5.02-06 ... [Aproveitando que non valería o ataque ao peón na casa
«20» por 6.28-24, 20x02; 7.17-06, 02x11; 8.24x02, 09-05; 9.02x09, GB.] 5. ... 27-31; [Entronca].
c) 4. ... 13-18; 5.02-06, 18-04; [Manténdose na diagonal de corte (Sería
o mesmo se van ás casas «7» ou «25»).
Esta é a principal alternativa a 5. ... 18-31; que, como na anterior variante,
traspoñería na liña do tronco] 6.17-26,
04-18; 7.28-01! ... [Non directamente 7.26-29�, como no libro cubano «La
Ciencia del Juego de Damas» publicado na Habana por Roberto Gómez
no ano 1942, pois permitiría 7. ... *18-31; 8.28-01, 31-24; 9.06-10, 09-05;
EMP.] 7. ... 18-07; e 8.26-29 ... [Ou 8.26-08, coa mesma idea] pasando
á fase de expulsión gastando un tempo menos.
5.02-06 ...
b) 1. ... 22-27; 2.02-06, 27-31; [Non vale 2. ... 27-20; polo consabido 3.28-24, 20x02; 4.07-11, 02x15; 5.24x02, GB. Ou se, en lugar da textual, xogasen 2. ... 27-22; ou 2. ... 27-13; seguiría 4.06-11, pasando o peón con facilidade] 3.28-01, e traspoñemos a mesma posición e idéntica xogada da «BASE 1».
Menos frecuente,
pero cos mesmos efectos sería a base formada coa dama de «14» en «23».
1. ... 22-26;
As brancas ameazan
2.14-18, polo que a dama negra debe abandonar a diagonal «9&31».
Como alternativa ao
movemento textual as negras poderían seguir con:
a) 1. ...22-08; 2.03-07 ... [Con 2.14-28, 08-22; conflúese na liña do tronco. Pero a
textual abrevia o proceso] 2.
... 08-26; [Se 2. ... 08-22;
3.02-06, 22-31; (Se 3. ... 22-27; 4.07-16!, 27-31; 5.16-20,
31-22; 6.20-24, 22-31; 7.06-11, 31-22; 8.24-31, 22-26; 9.14-01, e o peón vai a
dama sen problemas. Ou se 3. ... 22-13; 4.*07-03, e inicialmente indicamos que o peón xa pasa
facilmente. Pero segundo se pode deducir da suxestión apuntada por Sergio Kaznadey no apartado de comentarios mellor sería dicir: "e as negras van perder pola Forzosa pois para prolongar a loita deben entregar o peón ou en caso contrario caería a dama") 4.14-01 ... (Conflúe na mesma posición que na «BASE 1» despois do terceiro movemento
branco)] 3.02-06, 26-22; e agora se:
➤ 4.06-11� ... [Desperdicia a
vantaxe] 4. ... *22-18;
5.14x25, 09-05; 6.25-14, 05-02; [EMP].
➤ 4.14-28 ... [Fórmase a «BASE 2»].
b) 1. ...22-29; 2.03-07 ... [Abreviando tamén o proceso. Se 2.14-28, tras 2. ... 29-22;
confluiría na liña do tronco] e as negras poden
responder con 2. ... 29-26; ou 2. ... 29-22; entroncando en liñas
xa vistas na anterior «variante a».
2.14-28 ...
E agora para
impedir o avance do peón as negras só dispoñen de dúas alternativas que van
traspoñer a posicións xa coñecidas:
a) 2. ... 26-15; 3.03-07 ... [BASE 1].
b) 2. ... 26-22; 3.03-07 ... [BASE 2].
1. ...03-12;
A única para poder
resistir. Se 1. ...03-13; segue
2.30-17, e as negras xa non poden impedir a troca de damas, perdendo de modo
fulminante.
2.30-16, 12-22;
Agora se:
a) 2. ... 12-15; 3.16-03, 15-26; 4.14-28, 26-22; 5.03-07 ... [BASE 2].
b) 2. ... 12-29; 3.16-07 ... [Como na variante con 1. ...22-29; 2.03-07
da «BASE 3»].
c) 2. ... 12-26; 3.14-28 ... [Traspón na liña do «Suposto con DAMA NEGRA NA CASA “26”»
do noso método publicado no ano 2010].
d) 2. ... 12-08; 3.16-07
... [Como na variante con 1. ...22-08;
2.03-07, da «BASE 3»].
3.16-03 ...
Formándose a
posición da «BASE 3».
3 comentarios:
Base 4 mellorado.
Br 2, (14), (16) Pr 9, (17)
1. … 17-26 2.14-28 26-22 3.16-07 Base 1.
BASE 3.
1. ...22-08; 2.03-07 08-22; 3.02-06 22-13; 4.*07-03, e o peón xa pasa facilmente.
3. … 22-13?? 4.07-03 13-22 (4. … 13-17 5.06-10 17x06 6.03x GB) 5.14-18 22x13 6.06-10 13x06 7.03x10 GB.
No que se refire á "BASE 4" non vemos como alcanzar esa posición pois a dama negra se vai á casa "17" permite a troca en "21".
No referente á "BASE 3" xa fixemos un aditamento indicando a túa suxestión.
Moitas grazas.
Publicar un comentario