luns, 24 de xaneiro de 2022

Presentación renovada do método de Canalejas no "Saque"

O de Juan García Canalejas é un método co que se pretende resolver o «Saque de Peón» reducindo todos os casos posíbeis á posición que aparece no seguinte diagrama:

XOGAN AS BRANCAS

O lector debe notar que a esa posición tamén se chega na base inicial con dama negra na casa «15» do 2º método do Cap. Evaristo Borges e tamén nunha das hipóteses do método de David Fernando Martíns con base inicial de damas nas casas «10» e «17». Pero mentres os mestres portugueses seguían aquí con 1.17-21 para formar a súa «Posición de Arranque», o español facíao de modo totalmente diferente.
 
Imos pois tratar neste artigo dese método ideado polo granadino Juan García Canalejas que o presentou no seu «Libro del Juego de las Damas» publicado en Zaragoza no ano 1656 e que foi tradicionalmente considerado polos demais autores clásicos que escribiron con posterioridade como o modo habitual de resolver este fascinante final.
 
Antes de comezar a exposición é importante clarexar dúas cousas. Primeiro que na súa parte introdutoria os lances non sempre son os máis rigorosos nin se analizan todos os supostos posíbeis, e segundo e máis importante, que debido a un pequeno detalle que descubrimos no ano 1993, a súa resolución quedaría invalidada. Felizmente coa moderna incorporación ao xogo da «lei da calidade» o sistema pódese recuperar e deseguido imos expoñer a súa técnica renovada incluíndo tamén as hipóteses non contempladas no estudo orixinal.
 

O estudo parte da posición reflectida no seguinte diagrama coa dama negra cortando directamente a avance do peón.


1.01-28 ...
 
Aquí sería máis rápido 1.01-23, tal como no noso método publicado neste blog no ano 2010. Pero máis que rigor, o autor pretende eliminar variantes e alcanzar en todos os casos a que denominaremos como «Segunda Posición» sen importarlle o número de lances.
 
1. ... 03-13;
 
A mellor, reservando a posibilidade de poder atacar a dama branca do río desde a casa «31».
 
Se 1. ... 03-17; segue 2.16-03, e o peón xa pode arrancar ao terceiro lance.
 
2.16-03, 13-27;
 
A máis resistente e única indicada por Canalejas. Outras posibilidades podían ser:
 
a) 2. ... 13-22; 3.03-07 ... [Formando a «Base 2»].
 
b) 2. ... 13-18; 3.28-10!, 18-27; [Se 3. ... 18-22; 4.03-07, abrevia un lance o proceso. Se as negras permanecen na transversal o peón xa pode andar. Se 3. ... 18-31; 4.10-14, e para evitar a troca de damas deben entregar o peón] 4.03-16 ... [Formando a estrutura base do «Método Internacional» de David Fernando Martins] 4. ... 27-22; [Se van a «18», o peón anda.  Ou se 4. ... 27-31; 5.16-20, 31-22; (Ou 5. ... 31-18; 6.20-24, con proceso similar) 6.20-24, entronca na Variante «D» deste estudo despois do segundo lance branco] 5.16-07, 22-27; [Ou 5. ... 22-15; 6.10-28, formando a «Base 1»] 6.02-06, 27-16; 7.*07-21 ... [Con posición igual que no 1º método de Borges na hipótese DAMA NEGRA EN 7, «variante b» 2. ... 12-16; xusto despois de 3.02-06].
 
3.03-17, 27-20;
 
Formando unha posición que tamén vai aparecer no Método do Cap. Evaristo Borges denominada «Defensa con Dama na casa 20».
 
4.28-10 ...
 
Segue igual que o mencionado damista portugués. Pero, como xa sabemos, aquí 4.17-30, abreviaría o proceso.
 
4. ... 20-15;
 
A posición agora vai confluír a outra do método de David Fernando Martíns que denominamos Defensa con DAMA NA CASA «15».
 
Se 4. ... 20-11; [Coincide coa Defensa con DAMA NA CASA «11» de Fernando Martins] 5.10-23 ... [Agora tamén xoga igual que Borges e Martins. Pero como xa probamos na presentación renovada destes métodos, aquí 5.10-01, abreviaría o proceso] 5. ... 11-15; 6.23-14 ... [Entronca, usando un lance máis, na liña principal seguida aquí por Canalejas. Pero, novamente as brancas poderían abreviar o proceso seguindo con 6.17-21, como se pode ver no desenvolvemento renovado dos mencionados métodos].
 
5.10-14 ...
 
Lance que coincide cos de David Fernando Martíns e o Cap. Evaristo Borges. Pero aquí existe un modo de abreviar o proceso con 5.17-30, que ao igual que os indicados na nota anterior, o lector pode ver na exposición renovada daqueles métodos.
 
5. ... 15-12; 6.14-28 ...
 
6.14-23, gaña no mesmo número de lances [Ver o 1º método do Cap. Evaristo Borges].
 
6. ... 12-15;
 
Alcanzando a «SEGUNDA POSICIÓN DE CANALEJAS».
 


1.17-10 ...
 
O lance que caracteriza o método de García Canalejas. Unha boa alternativa a 1.17-21 ... [Formando a «Posición de Arranque»], lance empregado nesta posición tanto polo Cap. Evaristo Borges como por David Fernando Martíns. A partir de aquí en todos os casos, seguindo sempre de modo rigoroso e contando o lance textual, as brancas van precisar un total de 25 lances para coroar o peón nas hipóteses máis longas.
 
Nesta altura o autor español analiza as seguintes variantes: 1. ... 15-24 [Variante «A»]; 1. ... 15-20 [Variante «B»]; 1. ... 15-11 [Variante «C»]; 1. ... 15-22 [Variante «D»]; 1. ... 15-12 [Variante «E»]; e 1. ... 15-22 [Variante «F»]. Para completar todas as posíbeis hipóteses nós engadimos 1. ... 15-08 [Variante «G»] e 1. ... 15-29; [Variante «H»].
 
 
1. ... 15-24;


2.28-31, 24-20;
 
A única indicada por Canalejas. Pero aquí as negras tamén poderían optar por:
 
a) 2. ... 24-15; 3.10-14 ... [Confluíndo nunha liña que tamén puidemos ver na primeira opción da variante 2. ... 20-11; da DEFENSA CON DAMA NEGRA EN «11» do método perfeccionado de David Fernando Martins (A posición é a mesma que se forma despois de que as brancas efectúan o quinto lance)] 3. ... 15-12; [Se fosen a outra casa da transversal, o peón sempre arranca e o proceso sería o mesmo. Se pola contra, persisten en deter o seu avance, por exemplo con 3. … 15-20; seguiría 4.14-11, 20x06; 5.02x11, 09-05; 6.31-28, GB.] 4.02-06, 12-29; [Se 4. ... 12-03; traspón na liña tronco de »A». Ou se 4. ... 12-15; 5.31-24, 15x02; 6.14-05, 02-06; 7.24x02, GB.] 5.31-24, 29-25; [Contra 5. ... 29-26; as brancas responden con 6.06-11, 26-12; 7.24-31, seguido de 8.14-01, e o peón xa pode avanzar] 6.14-04, 25-29; 7.24-28, 29-22; 8.06-11, 22-26; 9.28-01, 26-17; 10.11-15, e o peón vai a dama con comodidade.
 
b) 2. ... 24-11; [A máis resistente. As negras impiden que a dama branca se coloque directamente na casa «14»] 3.10-01 ... [Movemento de espera para poder ir despois a «14» se a dama negra se mantén na diagonal «2&24». Nunha liña que se indicará na nota do noveno movemento branco do tronco alcánzase unha posición similar na que a dama do río está no cadro «1» en vez de no «10» e fai a espera levando esa dama para o canto superior, pero no presente caso ao estar libre esa casa «1» gáñase un tempo pois, unha vez avanzado o peón, as negras van defender cortándolle o paso na diagonal «4&25» e a manobra de «Expulsión» esixe que a dama branca estea situada nesa casa inferior do río] 3. ... 11-07; [Se 3. ... 11-20; ou 3. ... 11-15; segue sempre 4.01-14, e ─usando un lance máis por bando─ traspón respectivamente na liña do tronco ou na da anterior «variante a»] 4.02-06, 07-04; 5.31-22, 04-07; 6.22-29, 07-25; formando a «POSICIÓN DE EXPULSIÓN» e GB.
 
3.10-14 ...
 
A mellor. Traspón nunha liña que tamén estudamos na segunda opción da variante 2. ... 20-11; da DEFENSA CON DAMA NEGRA EN «11» do método perfeccionado de David Fernando Martins [A posición é a mesma que se forma despois de que as brancas efectúan o sexto lance].
 
A textual afina o sistema de García Canalejas que seguía con 3.31-24 ... [Un lance que, aínda que o autor clásico non o menciona, traspón con 1 lance máis por bando na liña da «Variante B»].
 
3. ... 20-16;
 
Escapando da ameaza 4.14-11, trocando damas. Se van para «30», o peón tamén arranca con similar proceso.
 
4.02-06, 16-03;
 
Neste punto o autor tamén dá as seguintes alternativas:
 
a) 4. ... 16-20; 5.31-24, 20x02; 6.14-05, 02-06; 7.24x02, [GB].
 
b) 4. ... 16-30; 5.06-11, 30-26; [Ou 5. ... 30-20; 6.31-24, e GB. Como acabamos de ver na anterior variante] 6.14-01, [GB]. O peón avanza sen dificultades.
 
5.06-11, 03-12; 6.14-01, 12-03; 7.11-15 ...
 
E o peón en cuarta fila promociona xa sen moitos problemas.
 
 

1. ... 15-20;


2.28-24 ...
 
Alcánzase así unha posición que ─con un lance máis por bando─ tamén podía formarse na anterior «variante A», xusto despois de que as brancas desvían do tronco dado por nós e xogan, como facía García Canalejas, 3.31-24.
 
Neste punto as negras dispoñen de tres opcións.
 

2. ... 20-16;


A única opción dada aquí polo autor. Aínda que realmente, seguindo a orde da «variante A»,  tamén estuda a alternativa que veremos en «B-2» na que a dama vai á casa «30».
 
3.02-06 ...
 
Arrancando o peón e formando a estrutura típica do «saque» clásico, con damas en «10» e «24» e o devandito peón avanzado na casa «6». Un sistema perfectamente válido nos tempos actuais, pero paradoxalmente incorrecto na época de Juan García Canalejas debido a un pormenor relacionado coas normas do xogo. O lector debe reparar que se é dos que continúa practicando a modalidade antiga, sen admitir a implantación da «lei da calidade», despois de efectuado o lance textual resulta tecnicamente imposible realizar o saque.  
 
3. ... 16-07;
 
Cortando o paso do peón. Agora se:
 
a) 3. ... 16-03; 4.10-17, 03x10; 5.17x06, 09-05; 6.24-28, [GB]. Indicado polo autor.
 
b) 3. ... 16-30; [Lance non mencionado por García Canalejas] 4.06-11, 30-16; [Ou se 4. ... 30-21; 5.*10-05 ... (Ao abrigo da moderna norma regulamentaria en cuestión) 6. ... 09x02; 7.11-15, 02x20; 8.24x25, GB.] e agora se:
 
u 5.10-14� ... [Mala. Permite empatar] 5. ... *16-03; 6.10-01, 09-05; 7.01x10, 03x13; [EMP].
 
u 5.24-28� ... [Igualmente mala pois tamén deixaría salvar o xogo ás negras] 5. ... *09-05; 6.10x01, 16-20; 7.11-14, 20-11; 8.14-19, 11-15; 9.19-23, 15-20; [EMP].
 
u 5.24-31, [GB]. O peón chega a cuarta e coroa sen moitos problemas.
 
4.24-31 ...
 
Un lance aquí posíbel porque, a diferenza do que veremos en «B-2», as negras non poden defender indo coa dama á casa «17».
 
4. ... 07-21;
 
Se 4. ... 07-03; 5.10-17, [GB]. Como vimos antes.
 
5.10-01 ...
 
Non directamente 5.31-22�, por 5. ... 21-17; [EMP]. A ameaza 6. ... 09-05; resulta determinante.
 
5. ... 21-07; 6.31-22, 07-21;
 
Aquí o autor tamén indica que se 6. ... 07-03; 7.06-11, e as brancas gañan.
 
7.22-08, 21-04;
 
Formando a «Posición de Expulsión» que Canalejas [1650] constrúe na parte inferior das paralelas. No libro de Pedro Ruíz Montero [1591] e na corrección que lle fai Lorenzo Valls [1597], facíano colocando a dama branca en «25» e a negra tapando na casa «29».
 
8.01-28, 04-18; 9.08-04, 18-31; 10.28-01, 31-24; 11.04-11, 24-31; 12.06-10, 31-24; 13.11-02, [GB].
 

2. ... 20-30


O mellor intento defensivo. Un movemento que o autor non indica aquí de forma directa, pero que si trata ao seguir con el na «Variante A» na que, como xa dixemos, alcanza a posición por transposición.
 
3.02-06 ...
 
Do mesmo xeito que vimos na variante «B-1», o peón arranca para formar a estrutura típica do «saque clásico» pero ao igual que sucedía naquel caso, despois de efectuado o lance, a vitoria só é tecnicamente posíbel grazas a aplicación da «lei da calidade».
 
3. ... 30-21;
 
Cortando o avance do peón.
 
4.10-01 ...
 
Tecnicamente a máis rápida, aínda que non contemplada polo autor [Xa que resulta evidente que sen «lei de calidade» as negras empatarían respondendo con 4. ... 21-17; como veremos na «variante a» da nota correspondente].
 
O lector debe notar que ao poder a dama negra ir á casa «17» non vale 4.24-31� ... [A continuación gañadora na posición conxugada da variante «B-1»] por 4. ... 21-17; [EMP].
 
Pero as brancas poderían alternar aquí con 4.10-19 ... [Lance elixido na liña orixinal de García Canalejas] 4. ... 21-18; alcanzando un punto no que se:
 
a) 5.24-20� ...


[Así continúan o propio García Canalejas e os autores clásicos que publicaron con posterioridade. Todos pensando que as brancas gañarían, mais agora despois deste lance o empate xa é forzado tanto con «lei da calidade» como sen ela] 5. ... *18-13; [A defensa correcta non contemplada no estudo orixinal que unicamente continúa con 5. ... 18-07�; 6.20-23, 07-16; 7.23-30, 16-07; (Aquí Canalejas tamén indica que se 7. ... 16-03; seguiría 8.06-11, 03-07; 9.11-15, 07-12; 10.30-16, 12-08; 11.16-12, 08-04; 12.19-28, 04-08; 13.28-01, 08-04; 14.15-20, GB.) 8.19-01, 07-18; 9.30-26, 18-07; 10.26-08, 07-04; forma a «Posición de Expulsión» e GB.] 6.06-11, *13-18; [O comezo da  sorprendente manobra que atopamos nun estudo realizado no ano 1993 pero que só demos a coñecer no 2002 nun apuntamento publicado no Nº 455 da revista «Enciclopédia Damista». O Dr. Manuel Cárceles Sabater tiña tamén chegado ata aquí pero non ve a defensa e segue con 6. ... 13-06�; 7.11-15, 06-03; 8.20-24, 03-07; 9.24-31, 07-04; 10.15-20, GB.] 7.11-15, *18-25; 8.20-30, *25-29; [EMP]. Co cambio de damas nada se consegue e non se pode impedir a perda do peón «15» despois de 9. ... 09-05.
 
b) 5.19-01, 18-21; [Ou se 5. ... 18-13; 6.*01-05, 09x02; (Sen «lei da calidade» as negras poderían capturar con 6. ... 13x03; EMP. Esta sería a defensa que refuta o método clásico) 7.06-11, 02x15; 8.24x17, GB.] 6.24-31, 21-04; 7.31-22, 04-07; 8.22-08, 07-04; e así queda formada a «Posición de Expulsión» [GB].
 
4. ... 21-07;
 
Manténdose na diagonal de corte. Se as negras xogasen:
 
a) 4. .. 21-17; 5.06-11, 17-21; 6.01-05, 09x02; [A captura obrigada pola «lei da calidade»] 7.11-15, 02x20; 8.24x25, [GB].
 
b) 4. ... 21-18; 5.06-10, 09-05; 6.24-02, 18-09; 7.10-14, 09-31; 8.02x09, [GB].
 
5.24-31, 07-04; 6.31-22, 04-07; 7.22-29, 07-25;
 
Formando a «Posición de Expulsión», [GB].
 

2. ... 20-27;

 
Esta continuación non aparece no estudo orixinal de García Canalejas.
 
3.10-14! ...
 
Ocupando a transversal de corte e abreviando o proceso. Cando as brancas teñen xa colocada a dama na casa «24», se as negras no seu seguinte lance non poden ir a «3» ou «17», é máis rápido levar a dama do río a «14» que dar directamente o primeiro paso de peón.
 
3. ... 27-22;
 
A idea do lance 3.10-14 é que agora non se pode impedir o arranque con 3. ... 27-13; polo golpe 4.02-05!, 09x02; 5.14-11, 02x15; 6.24x17, [GB].
 
4.02-06, 22-29;
 
Se 4. ... 22-13; 5.14-05 ... [Ou ata sen empregar a «lei da calidade» con 6.06-11, 13-31; 7.14-19, 31-18; 8.11-15, 18-31; 9.24-20, 31-18; 10.19-05, 09x02; 11.20-24, 02x20; 12.24x21, GB.] 5. ... 09x02; 6.06-11, 02x15; 7.24x17, [GB].
 
5.06-11, 29-12; 6.24-31, 12-26; 7.14-01, 26-17; 8.11-15, [GB].
 
 

1. ... 15-11;


2.28-24, 11-07;
 
Se 2. ... 11-18; [Entronca na liña da «variante D»].
 
3.02-06 ...
 
O peón dá o primeiro paso e, unha vez máis, queda formado o característico esquema do «saque» clásico.
 
3. ... 07-03;
 
A única opción indicada directamente polo autor nesta liña. Pero aquí se:
 
a) 3. ... 07-21; [Entronca na liña tronco vista en «B-2»].
 
b) 3. ... 07-18; 4.10-01, 18-21; 5.24-31, 21-04; [Entronca tamén na liña tronco vista en «B-2»].
 
4.10-17, 03x10; 5.17x06, 09-05; 6.24-28, [GB].
 
 

1. ... 15-22;


2.28-24, 22-18;
 
Tanto 2. ... 22-27; como 2. ... 22-08; ou 2. ... 22-29; permiten acelerar o proceso con 3.10-14!, para despois dar o primeiro paso de peón e gañar de modo similar ao da variante «B-3».
 
3.02-06, [GB].
 
Formando a estrutura típica. Agora o xogo vai ir entroncar en liñas xa vistas, pois se optan por 3. ... 18-21; [Entronca na liña «B-2» na que as negras ameazan o empate con 4. ... 21-17] ou se 3. ... 18-07; [Faino na «B-2»].
 
 

1. ... 15-12;


Un dos dous lances que permiten alongar máis a defensa. O outro sería 1. ... 15-26; que veremos na «variante F».
 
2.10-03 ...
 
Necesario para impedir que a dama negra ocupe esa casa e obrigue a comezar outra vez o proceso.
 
2. ... 12-22;
 
Evitando o arranque do peón de forma indirecta.
 
Se 2. ... 12-15; 3.03-07 ... [Forma a posición intermedia que nos nosos estudos denominamos como «BASE 1»] 3. ... 15-24; [Ou 3. ... 15-22; 4.02-06, GB.] 4.28-31, [GB].
 
3.03-07 ...
 
Forma unha importante posición de confluencia que nos nosos estudos denominamos como «BASE 2».
 
3. ... 22-13;
 
Se 3. ... 22-31; 4.28-24, 31-27; 5.07-14, seguido de 6.02-06, [GB].
 
4.07-21, 13-31; 5.28-24, 31-27; 6.21-14, 27-16; 7.02-06, 16-03; 8.06-11, 03-12;
 
Se 8. ... 03-07; 9.14-25, 07x14; 10.25x11, 09-05; 11.24-28, [GB].
 
9.24-31, 12-08;
 
9. ... 12-07; 10.14-25, e gañan como no comentario anterior.
 
10.14-01, [GB].
 
 
 
1. ... 15-26;


Impide o arranque debido ao ameazante ataque na casa «17».
 
2.10-03 ...
 
Un lance necesario para poder progresar.
 
2. ... 26-22;
 
Entronca na liña da «variante E» que segue con 9.03-07, formando a «BASE 2».
 
Se 2. ... 26-15; confluiría na «BASE 1». Se a dama vai a outra das casas posíbeis, o peón xa pode arrancar.
 
 
 
1. ... 15-08;


Non indicado polo autor, pois o proceso é similar ao da variante 1. ... 15-22.
 
2.28-24, 08-26;
 
Se 2. ... 08-04; ou 2. ... 08-12; segue igual co avance de peón. Pero se 2. ... 08-22; ou 2. .... 08-29; pódese acelerar o proceso ocupando antes a transversal con 3.10-14.
 
3.02-06, 26-21; 4.10-01, 21-07; 5.24-31 ...
 
Para ir á «Fase de Expulsión» con proceso xa explicado.
 
 

1. ... 15-29;

 
Tampouco contemplada por García Canalejas, supoñemos que pola mesma razón que indicamos na anterior variante «G».
 
2.28-24 ...
 
Agora se 2. ... 29-25; 3.02-06. Se 2. ... 29-08; 3.10-14. As outras opcións entroncan en posicións xa vistas en «G». O proceso é semellante.

2 comentarios:

Сергій Казнадей dixo...

Alguén estudou a posición inicial B (1), (25), 2 P (3) ou (13) ou (17)?

Сергій Казнадей dixo...

Non especificaches unha opción cunha vítima de dama.

[B-2]
Pero as brancas poderían alternar aquí con
4.10-19 ... [Lance elixido na liña orixinal de García Canalejas]
4. ... 21-18; alcanzando un punto no que se:

a) 5.24-20, *18-13; 6.06-11, *13-18; 7.11-15, *18-25; 8.20-16, *25-29; 9.16-12, **29-26 10.19x29 9-5 e se:
1) 11.29-19 5-2 [EMP];
2) 11.15-19, 5-1 [EMP].