mércores, 19 de xaneiro de 2022

«Saque de Peón». Primeira proposta do Cap. Evaristo Borges

Primeiro método do Cap. Evaristo António Borges [Base con damas en «23» e «30»] que viu a luz en varios números da revista «Para Todos», cuxa sección de damas dirixida por Augusto Teixeira Marques publicou 15 artigos con finais e problemas entre o 4 de xaneiro e o 6 de maio do ano 1943.


Está presentado co sistema que na terminoloxía damista de finais coñécese como esquema matemático, no que se deberían indicar todas as posíbeis casas nas que pode estar a dama negra. Existen 16 posíbeis hipóteses, aínda que o autor tan só publicou 6. Ao tratarse dunha revista con reducido espazo para a sección de damas, imaxinamos que omitiu as restantes por consideralas elementais.   
 
Este método de Borges, a pesar de que no número de xuño de 1967 foi republicado na «Enciclopédia Damista», resulta bastante descoñecido, pois esta revista xa tiña divulgado con anterioridade un segundo método do mesmo autor [Base con damas en «17» e «21»] que o desprazou en popularidade.   
 
Deseguido, cos oportunos comentarios, publicamos o método corrixindo algunhas imprecisións que temos detectado. Tamén facemos un aditamento coas hipóteses omitidas polo autor.  



1.23-28 ...
 
Entroncando na mesma posición da «BASE 2» [Unha das Bases Intermedias que vimos no artigo anterior no que o lector pode ver o seu desenvolvemento máis detallado] despois de que as brancas xogan 3.21-30.
 
1. ... 17-13;
 
Se 1. ... 17-03; 2.30-17! ... [Ao darse a casualidade de estar a dama do río en «28», así gáñase máis rápido que formando a «BASE 4» con 2.28-14] 2. ... 03-07; [Se van a «12» ou «16» o peón sae igualmente, pois non pode ser atacado na diagonal «2&24» porque a dama cae atrapada tras 4.28-24, e 5.17-06, GB.] 3.02-06, e o peón arrancou. Análise tamén dada polo autor. Agora podería seguir 3. ... 07-18; 4.28-01, 18-04; 5.17-26, 04-07; 6.26-29, 07-25; formando a «Posición de Expulsión».
 
2.30-17, 13-22;
 
O Cap. Evaristo Borges indica aquí que se a dama vai á casa «18» ou á «27» o peón tamén arranca con similar proceso. Ou se 3. ... 13-31; 4.28-14, [GB].
 
3.02-06 ...
 
Aquí o autor remata a análise explicando que o peón non pode ser atacado pois se 3. ... 22-15; con 4.28-24, seguido de 5.17-06, e 6.24x02, [GB].
 
 

1.23-10! ...
 
Mellorando o 1.23-28 do autor, que segue con 1. ... 07-12; [Tamén indica que serían menos resistentes 1. ... 07-03; 2.30-17, seguido de 3.02-06. Ou 1. ... 07-11; 2.28-32, 11-15; 3.30-21, 15-12; 4.02-06. Efectivamente, nos dous casos pódese ver que o peón arranca antes] 2.30-17, 12-15; [Para impedir a saída] 3.17-21, 15-12; 4.28-10, 12-15; 5.10-32, formando a «Posición de Arranque» con 2 lances de retraso con respecto á nosa proposta.
 
1. ... 07-12;
 
Ou 1. ... 07-11; 2.10-01, 11-15; 3.30-21, que é o mesmo.
 
2.30-21 ...
 
Unha posición de confluencia que pode aparecer moitas veces na resolución do «saque». O seu estudo xa foi feito no artigo que dedicamos ao método con damas en «10» e «17» na Hipótese DAMA NEGRA EN «20» [Desvío con 1. ... 20-15]. Por comodidade volvemos reproducilo aquí.
 
2. ... 12-15;
 
Para evitar a saída do peón. Outras posibilidades son:
 
a) 2. ... 12-22; [Se 2. ... 12-08; ou 2. ... 12-29; segue o mesmo proceso] 3.02-06, 22-15; [Para frear o avance do peón] 4.21-11, con estas opcións:
 
u 4. ... 15-08; 5.10-28 ... [Entronca nunha posición que veremos na Hipótese con DAMA NEGRA EN «13» na súa variante con 2. ... 22-15; xusto despois de que as brancas xogan 5.07-11, 15-08; 6.23-28].
 
u 4. ... 15-29; 5.10-28 ... [Tamén entronca nunha posición que veremos na Hipótese con DAMA NEGRA EN «13» na súa variante con 2. ... 22-15; pero neste caso xusto despois de que as brancas xogan 5.07-11, 15-29; 6.23-28]
 
u 4. ... 15-22; 5.11-24, 22-12; [Se as negras moven para o canto da transversal o peón avanza e coroa sen dificultade. Ou se 5. ... 22-18; segue 6.10-01 ... (Aquí resulta equivalente 6.24-31, 18-04; 7.10-01, e chégase á «Fase de Expulsión» ata de modo máis simple) 6. ... 18-21; (Se 6. ... 18-13; perden co típico golpe 7.01-05, 09x02; 8.06-11, 02x15; 9.24x17, GB.) 7.24-31, 21-04; 8.31-22, 04-07; 9.22-29, 07-25; alcanzando aquí tamén a «Posición de Expulsión»] 6.24-31, 12-07; [Resulta evidente que se 6. ... 12-15; segue 7.*31-24, 15x02; 8.10-05, 02-06; 9.24x02, GB. Ou se 6. ... 12-03; 7.*10-17, 03x10; 8.17x06, 09-05; 9.31-28, GB.] 7.10-01, 07-04; 8.31-22, 04-07; 9.22-29, 07-25; [Formando a «Posición de Expulsión»].
 
u 4. ... 15-26; 5.11-24, 26-21; 6.10-01 ... [Agora non vale 6.24-31�, por 6. ... 21-17; EMP.] 6. ... 21-07; 7.24-31, e chégase á «Fase de Expulsión».
 
u 4. ... 15-24; 5.10-01, e estamos na posición de confinamento na que as brancas pasan o peón sen dificultades como se pode ver no apartado correspondente á «Fase de Expulsión» xusto despois do quinto movemento branco.
 
u 4. ... 15-12; 5.11-24, 12-07; [Ou 5. ... 12-16; 6.10-14, 16-12; 7.06-11, 12-03; 8.24-31, 03-12; 9.14-01, e o peón coroa facilmente] 6.24-31, 07-04; 7.10-01 ... [Confluíndo nunha posición que tamén aparece no apartado da «Encrucillada». Poderíase xogar primeiro 7.31-22, e despois de 7. ... 04-07; entroncar con 8.10-01!, pero non valería directamente 8.22-29�, por 8. ... *07-03; e as negras conseguen empatar] 7. ... 04-25; 8.31-22, 25-07; 9.22-29, 07-25; [Formándose a «Posición de Expulsión»]
 
b) 2. ... 12-16; 3.02-06, 16-20; [Se 3. ... 16-03; 4.21-17, 03-07; 5.10-01, 07-18; 6.17-26, 18-07; 7.26-29, 07-25; formando a «Posición de Expulsión»] 4.21-11, 20-30; [Se 4. ... 20-16; 5.11-24, 16-07; 6.24-31, 07-04; 7.10-01, 04-07; 8.31-22, 07-21; 9.22-29, 21-25; alcanzando a «Posición de Expulsión»] 5.11-24 ... [Unha formación que aparece no método de todos os autores clásicos desde Canalejas, xusto despois de que efectúan o arranque] 5. ... 30-21; [Se 5. ... 30-16; 6.24-31, 16-07; (Nesta análise as variantes repítense frecuentemente. Agora se 6. ... 16-20; 7.31-24, 20x02; 8.10-05, 02-06; 9.24x02, GB.) 7.10-01, 07-04; 8.31-22, 04-07; 9.22-29, 07-25; e temos unha vez máis a «Posición de Expulsión»] 6.10-01, 21-07; [Se 6. ... 21-17; 7.06-11, 17-03; (Ou se 7. ... 17-21; de novo as brancas resolven co golpe 8.*01-05, 09x02; 9.11-15, 02x20; 10.24x25, GB.) 8.24-31, 03-17; 9.11-15, e o peón avanza sen problemas] 7.24-31, 07-04; 8.31-22, 04-07; 9.22-29, 07-25; [Formando de novo a «Posición de Expulsión»].
 
3.10-32 ...
 
«Posición de Arranque». Lémbrese que aquí tamén vale 3.10-01, gañando no mesmo número de lances pero de modo máis sinxelo.
 
 
 

1.30-21! …
 
Aquí poderíase formar a «BASE 4» seguindo con 1.23-14, pero existen dúas excepcións nas que se pode abreviar o proceso sen necesidade de construír esa disposición. Unha é esta, na que a dama do río esta situada na casa «23». A outra era cando esta mesma dama está na casa «28» [Véxase o segundo comentario da Hipótese con DAMA NEGRA en «17» no que aparece esta posibilidade].
 
A textual mellora tamén o 1.30-17, do autor que segue con 1. ... 03-12; 2.23-28 ... [Equivalente a 2.17-03, que (Alcanzando a posición nun caso diferente) é a empregada no noso método publicado neste blog no 2010] 2. ... 12-15; 3.17-21, 15-12; 4.28-10, 12-15; 5.10-32, formando a «Posición de Arranque» con 2 tempos de máis que no tronco.
 
1. … 03-12;
 
Se 1. ... 03-13; 2.23-28 ... [Entronca na «BASE 2» despois de 2.07-21].
 
2.23-10 ...
 
Formando unha posición xa vista na hipótese anterior [DAMA NEGRA EN «7»], tamén despois do segundo lance branco do tronco.
 
 

Este é un dos dous casos que máis lances fai gastar ás brancas. O outro é cando a dama está na casa «13».
 
1.23-28 ...
 
Aquí resulta equivalente o proceso con 1.30-17 ... [Lance empregado en dúas das variantes indicadas por Henrique da Cunha, aínda que o que máis analiza é 1.30-21 ... (Do que presenta catro casos, sen decatarse que así as brancas precisarían máis tempos para conseguir a vitoria)] 1. ... 12-15; [Ou 1. ... 12-22; 2.17-03, 22-26; 3.23-28, 26-22; 4.03-07, formando a «BASE 2»] 2.17-21, 15-12; 3.23-10, pois neste punto a posición é a mesma que na liña do tronco despois do terceiro lance das brancas.
 
1. ... 12-15;
 
Neste punto a análise do Cap. Evaristo Borges tamén inclúe dúas variantes máis, que aquí referenciamos coas letras «a» e «b». Pero faltoulle indicar as dúas seguintes, que catalogamos coa «c» e coa «d». Vexamos:
 
a) 1. ... 12-07; 2.02-06, e o arranque queda efectuado [Aquí podería seguir 2. ... 07-18; 3.28-01, 18-07; 4.30-26, 07-18; 5.26-08, 18-04; formando a «Posición de Expulsión»].
 
b) 1. ... 12-03; 2.30-17 e as brancas tamén sacan o peón ao seguinte lance. [Podería seguir 2. ... 03-12; 3.02-06, 12-07; 4.28-01, 07-18; 5.17-26, 18-07; 6.26-08, 07-04; e tamén queda formada a «Posición de Expulsión»].
 
c) 1. ... 12-22; 2.30-21, 22-12; entronca na liña do tronco.
 
d) Se as negras no seu primeiro lance van ás casas «8» ou «29» poderíase escoller entre 2.30-21, para formar a «Posición de Arranque» tras 2.??-12; 3.28-10, 12-15; 4.10-32. Ou 2.30-16, ??-22; 3.16-07, formando a «BASE 2».
 
2.30-21 ...
 
Alcanzando unha posición que xa estudamos no outro método de Borges [Base con damas en «17» e «28»] dentro da hipótese «DAMA NEGRA NA CASA 15» xusto despois de 1.17-21.
 
2. ... 15-12;
 
A defensa máis resistente. Outras opcións serían:
 
a) 2. ... 15-24; 3.28-31, 24-20; [Se 3. ... 24-15; o proceso é o mesmo tras 4.21-11] 4.21-11, 20x06; 5.02x11, 09-05; 6.31-28, 05-02; 7.28-24, [GB].
 
b) 2 ... 15-22; 3.02-06, 22-31; [Se 3. ... 22-15; 4.28-24, 15x02; 5.21-11, 02x15; 6.24x02, GB.] 4.28-01, 31-24; 5.21-11 ... [Entronca na posición de confinamento que se forma despois do quinto lance branco na «FASE DE EXPULSIÓN»].
 
3.28-10 ...
 
De novo nunha posición xa alcanzada nas dúas hipóteses anteriores [DAMA NEGRA NAS CASAS «3» e «7»], aínda que neste caso empregando un lance máis.
 
 

1.30-21, 15-12;
 
A máis resistente e única analizada polo autor. Entronca na Hipótese DAMA NEGRA EN «3».
 
Pero para escapar da ameaza de troca as negras tamén poderían seguir con:
 
a) 1. ... 15-22; [Entronca na Hipótese DAMA NEGRA EN «31», unha das dez omitidas polo autor].
 
b) 1. ... 15-08; 2.02-06 ... [Entronca na Hipótese DAMA NEGRA EN «4», tamén das omitidas].
 
c) 1. ... 15-29; 2.02-06 ... [Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «25»].
 
 

1.23-01 ...
 
Seguindo unha regra de ouro que xa indicamos en artigos anteriores:


A posición é a mesma que a estudada no método con damas de inicio nas casas «10» e «17» na variante con 1. ... 15-11 do suposto DAMA NEGRA EN «15».
 
Con todo aquí debemos indicar que o autor segue con  1.23-32, 11-15; 2.30-21, formando a «Posición de Arranque» con dama en «32».
 
 
Así finaliza a análise do Cap. Evaristo Borges que a modo de epílogo escribe:
 
"Coa posición base indicada só hai dúas hipóteses de 6 lances para que o peón ande (Dama negra nas casas «3» ou «7»); nas restantes anda en menos lances.

Supoñemos que esta técnica é a máis simple, dentro do rigor de cálculo para solucionar o moi difícil final Saque de Peón".
 
Precisamente esas súas hipóteses mencionadas polo autor foron corrixidas reducindo os lances de saída a 4, polo que a afirmación agora deixa de ter validez.
 

Para completar o método engadimos as hipóteses omitidas no orixinal do Cap. Evaristo Borges. 
 
 


1.30-17, 13-22;
 
Se 1. ... 13-18; segue xa o arranque con 2.02-06, para continuar con 3.23-01, e pasar á «Fase de Expulsión».
 
2.17-03 ...
 
Aquí 2.17-21, tamén gaña no mesmo número de lances. Esta posibilidade pode ser vista na Hipótese DAMA NEGRA EN «22» despois de que as brancas xogan 1.30-21.
 
2. ... 22-26;
 
Ou 2. ... 22-15; [Se van a calquera dos cantos da transversal o proceso é similar continuando igualmente con 3.03-07] segue 3.03-07, 15-22; [Se moven a calquera das outras tres casas dispoñíbeis da transversal, o mellor é seguir con 4.23-28, ??-22; (Se a dama negra está na casa «26» e vai a «17», replícase con 5.07-03, 17-21; 6.02-06, 21-18; 7.28-01, 18-21; 8.03-12, para entrar na «Fase de Expulsión») e agora 5.02-06, como na «BASE 1»] 4.02-06 ... [Máis rápido que 4.23-28, formando a «BASE 2»] 4. ... 22-15; [Ou 4. ... 22-13; 5.07-03, 13-18; 6.23-01, 18-21; 7.03-12, para entrar na «Fase de Expulsión»] 5.07-11, con estas opcións:
 
u 5. ... 15-24; 6.23-20, 24x15; 7.11x24, 09-05; 8.24-28, [GB].
 
u 5. ... 15-12; [A máis resistente] 6.*23-32 ... [Entronca na «Encrucillada» procedente da «Posición de Arranque» coa dama do río na casa «1», na hipótese DAMA NEGRA NA CASA «12» xusto despois de que as brancas efectúan o seu primeiro lance 1.*01-32].
 
u 5. ... 15-08; 6.23-28! ... [Igual que na opción anterior, entronca na mesma liña da «Encrucillada», neste caso na «variante b» con 1. ... 12-08; xusto despois de 2.32-28]
 
u 5. ... 15-29; 6.23-28! ... [Igual que nas dúas opcións anteriores, entronca na mesma liña da «Encrucillada», neste caso na «variante c» con 1. ... 12-29; xusto despois de 2.32-28]
 
u 5. ... 15-22; 6.11-24, 22-12; [Ameazando o ataque de empate na casa «3». Se 6. ... 22-18; 7.23-01 para seguir con 8.24-31 e 9.31-22 e entrar na «Fase de Expulsión». Se  6. ... 22-29; (Semellante sería 6. ... 22-08; 7.23-01!, 08-12; confluíndo en idéntica posición) 7.23-01! ... (Non 7.06-11�, por 7. ... 29-25; 8.11-15, 25-29; 9.15-20, 29-26; EMP. As negras agora van á casa «30» e conseguen cambiar peóns) 7. ... 29-12; (Se fan outra, o peón avanza. Contra 7. ... 29-26; 7. ... 29-22; ou 7. ... 29-08; segue 8.06-11, para ir á «Fase de Expulsión». Contra 7. ... 29-25; 8.06-10!, GB.) 8.*01-14, igual que na opción principal pero facendo gastar un tempo máis ás brancas. Mentres que se 6. ... 22-26; xa se pode avanzar directamente 7.06-11, 26-12; (Se manteñen a dama na transversal noutra das casas posíbeis segue 8.23-01 e o peón coroa comodamente. Mentres que o ataque ao peón con 7. ... 26-21; sería refutado co tantas veces xa referenciado golpe de envío a dama) 8.23-14!, 12-03; 9.24-31, 03-12; 10.14-01, para ir á «Fase de Expulsión»] 7.*23-14 ... [Tamén entronca na «Encrucillada» procedente da «Posición de Arranque» coa dama do río na casa «1», na hipótese DAMA NEGRA NA CASA «12«, pero neste caso faino un lance máis adiante na «variante b» con 2. ... 22-12; xusto despois de que as brancas xogan 3.32-14!].
 
u 5. ... 15-26; 6.11-24, e o proceso é o mesmo que na opción anterior.
 
3.23-28, 26-22;
 
Menos resistente sería 3. ... 26-15; por 4.03-07 ... [Formando a «BASE 1» que gaña en menos lances].
 
4.03-07 ...
 
Forma a «Base 2».
 
 

1.23-10, 27-22;
 
Aquí se:
 
u 1. ... 27-31; 2.30-17, 31-18; 3.02-06, 18-04; 4.10-01, 04-18; 5.17-26, para entrar na «Fase de Expulsión».
 
u 1. ... 27-22; 2.02-06, 18-04; 3.10-01, 04-18; 4.30-26, e tamén se entra na «Fase de Expulsión».
 
2.30-21, 22-15; 3.10-01 ...
 
«Posición de Arranque».
 
 

1.30-21, 31-22;
 
Se 1. ... 31-13; 2.23-28! ... [Entronca na «BASE 2» despois de 2.07-21].
 
2.02-06, 22-15;
 
a) 2. ... 22-13; 3.21-17, 13x03; 4.23-10, 03x13; 5.17x10, [GB].
 
b) 2. ... 22-12; 3.23-10!, 12-15; 4.21-11, con estas ramificacións:
 
u 4. ... 15-08; 5.10-28 ... [Entronca nunha posición que veremos na Hipótese con DAMA NEGRA EN «13» na súa variante con 2. ... 22-15; xusto despois de que as brancas xogan 5.07-11, 15-08; 6.23-28].
 
u 4. ... 15-29; 5.10-28 ... [Tamén entronca nunha posición que veremos na Hipótese con DAMA NEGRA EN «13» na súa variante con 2. ... 22-15; pero neste caso xusto despois de que as brancas xogan 5.07-11, 15-29; 6.23-28]
 
u 4. ... 15-12; 5.11-24, 12-07; [Ou 5. ... 12-16; 6.10-14, 16-12; 7.06-11, 12-03; 8.24-31, 03-12; 9.14-01, e o peón coroa facilmente] 6.24-31, 07-04; 7.10-01, e chégase á «Fase de Expulsión».
 
u 4. ... 15-22; 5.11-24, 22-18; 6.24-31, 18-04; 7.10-01, e chégase á «Fase de Expulsión».
 
u 4. ... 15-26; 5.11-24, 26-21; 6.10-01 ... [Agora non vale 6.24-31�, por 6. ... 21-17; EMP.] 6. ... 21-07; 7.24-31, e chégase á «Fase de Expulsión».
 
u 4. ... 15-24; 5.10-01 ... [Formándose a posición de confinamento que aparece na «Fase de Expulsión» despois do quinto movemento branco].
 
c) 2. ... 22-08; 3.23-28!, 08-12; [Se 3. ... 08-29; 4.21-04, 29-22; e só se prodúcese unha lixeira transposición interna. Se 3. ... 08-22; 4.06-11, 22-29; 5.21-17, 29-22; 6.28-01, e o peón vai a dama sen dificultade. Ou se 3. ... 08-04; 4.21-25, 04-08; 5.06-11, 08-26; 6.28-01, 26-17; 7.11-15, e tamén se coroa o peón comodamente] 4.21-04, 12-22; 5.06-11, 22-26; 6.28-01, 26-17; 7.11-15, e o peón pasa.
 
d) 2. ... 22-29; 3.23-28!, 29-08; 4.21-04, e o peón vai avanzar sen problemas.
 
e) 2. .... 22-31; 3.23-01, 31-24; 4.21-11 ... [Como na «Fase de Expulsión» despois do quinto movemento branco].
 
3.21-11 ...
 
Unha posición case igual á da «ENCRUCILLADA» coa diferenza de que a dama do río aquí ocupa a casa «23» en lugar de estar na «1». O proceso gañador é o mesmo, coa única excepción de que as negras escapen para a casa «24».Nese caso ata sería moito máis sinxelo pois permite a troca de damas con vitoria fulminante das brancas.
 
3. ... 15-12;
 
A máis resistente. Outras opcións son:
 
u 3. ... 15-24; [A peor] 4.23-20, 24x15; 5.11x24, 09-05; 6.24-28, [GB].
 
u 3. ... 15-08; 4.23-28! ... [Igual que na liña principal desta hipótese, entronca na mesma liña da «Encrucillada», neste caso na «variante b» con 1. ... 12-08; xusto despois de 2.32-28]
 
u 3. ... 15-29; 4.23-28! ... [Tamén entronca nunha liña da «Encrucillada», neste caso na «variante c» con 1. ... 12-29; xusto despois de 2.32-28]
 
u 3. ... 15-22; 4.11-24, 22-12; [Ameazando o ataque de empate na casa «3». Se 4. ... 22-18; 5.23-01 para seguir con 6.24-31 e 7.31-22 e entrar na «Fase de Expulsión». Se  4. ... 22-29; (Semellante sería 4. ... 22-08; 5.23-01!, 08-12; confluíndo en idéntica posición) 5.23-01! ... (Non 5.06-11�, por 5. ... 29-25; 6.11-15, 25-29; 7.15-20, 29-26; EMP. As negras agora van á casa «30» e conseguen cambiar peóns) 5. ... 29-12; (Se fan outra, o peón avanza. Contra 5. ... 29-26; 5. ... 29-22; ou 5. ... 29-08; segue 6.06-11, para ir á «Fase de Expulsión». Contra 5. ... 29-25; 6.06-10!, GB.) 6.*01-14, igual que na opción principal pero facendo gastar un tempo máis ás brancas. Mentres que se 4. ... 22-26; xa se pode avanzar directamente 5.06-11, 26-12; (Se manteñen a dama na transversal noutra das casas posíbeis segue 6.23-01 e o peón coroa comodamente. Mentres que o ataque ao peón con 5. ... 26-21; sería refutado co tantas veces xa referenciado golpe de envío a dama) 6.23-14!, 12-03; 7.24-31, 03-12; 8.14-01, para ir á «Fase de Expulsión»] 5.*23-14 ... [E aquí entronca na «Encrucillada» procedente da «Posición de Arranque» coa dama do río na casa «1», na hipótese DAMA NEGRA NA CASA «12«, pero neste caso faino un lance máis adiante na «variante b» con 2. ... 22-12; xusto despois de que as brancas xogan o lance de Fernando Manuel Martins 3.32-14!].
 
u 3. ... 15-26; 4.11-24, e o proceso é o mesmo que na opción anterior.
 
4.*23-32 ...
 
Entronca na hipótese principal da «Encrucillada» [«Posición de Arranque» coa dama do río na casa «1»] denominada DAMA NEGRA NA CASA «12» xusto despois de que as brancas efectúan o seu primeiro lance 1.*01-32].
 
 

1.30-21, 22-12;
 
Menos resistentes serían as opcións:
 
a) 1. ... 22-13; 2.23-28, [Entronca na «BASE 2» despois de 2.07-21].
 
b) 1. ... 22-08; 2.02-06 ... [Entronca no suposto DAMA NEGRA EN «4» despois de que as brancas fan 2.*30-21].
 
c) 1. ... 22-29; 2.02-06 ... [Conflúe na liña tronco da Hipótese DAMA NEGRA EN «25»].
 
d) 1. ... 22-31; 2.02-06 ... [Entronca no suposto DAMA NEGRA EN «24»].
 
2.23-10 ...
 
Entronca na hipótese DAMA NEGRA EN «7» xusto despois do segundo lance branco do tronco.
 
 
 

1.02-06, 18-22;
 
A defensa que máis retarda o desenlace. Outras posibilidades menos resistentes serían:
 
a) 1. ... 18-13; 2.30-17, 13x03; 3.23-10, 03x13; 4.17x10, [GB].
 
b) 1. ... 18-31; 2.*30-21 ... [Entronca no suposto DAMA NEGRA EN «24»].
 
c) 1. ... 18-25; [Permanecendo na diagonal de corte. Se van a «4» ou a «7» o proceso é idéntico] 2.23-01, 25-18; 3.30-26, 18-07; 4.26-08, 07-04; e alcánzase a «Fase de Expulsión».
 
2.30-21 ...
 
Entronca na mesma posición que na hipótese DAMA NEGRA EN «31» despois do segundo movemento branco do tronco.
 
 

1.02-06, 04-08;
 
A que máis aguanta. Se permanecen na transversal de corte, por exemplo con 1. ... 04-18; segue 2.23-01, 18-04; 3.30-26, 04-07; 4.26-08, 07-04; [Alcanzando a Posición de Expulsión].
 
2.*30-21, 08-04;
 
A continuación distintiva. Outras posibilidades son:
 
a) 2. ... 08-29; 3.23-28, 29-12; [Se 3. ... 29-08; ou 3. ... 29-25; segue igual con 4.21-04. Mentres que se 3. ... 29-22; 4.06-11, 22-12; 5.28-01, e o peón ten o camiño preparado] 4.21-04, 12-22; 5.06-11, 22-26; 6.28-01, e o peón coroa sen demasiados problemas.
 
b) 2. ... 08-22; 3.06-11, 22-29; [Ou 3. ... 22-12; (Se 3. ... 22-08; o proceso é similar) 4.23-01, 12-29; 5.11-14, 29-22; 6.21-17, e o peón coroa] 4.21-17, 29-22; 5.23-01, e o peón vai a dama con comodidade.
 
c) 2. ... 08-15; [Unha das dúas continuacións que máis resisten. Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «31»].
 
d) 2. ... 08-12; [Tan resistente como a opción anterior. Conflúe na «variante b» con 2. ... 22-12; da Hipótese DAMA NEGRA EN «31»].
 
3.21-25, 04-08; 4.06-11, 08-22; 5.23-01 ...
 
O peón promociona sen atrancos.
 
 

1.30-21, 24-31; 2.02-06, 31-24;
 
Aquí se:
 
a) 2. ... 31-13; 3.21-17; 13x03; 4.23-10, 03x13; 5.17x10, [GB].
 
b) 2. ... 31-22; [Conflúe na «variante b» con 2. ... 08-22; da Hipótese DANA NEGRA NA CASA «4»].
 
3.21-11, 24-31; 4.11-24, 31-18; 5.23-01, 18-21; 6.24-31, 21-04; 7.31-22, 04-07; 8.22-29, 07-25;
 
Formando a «Posición de Expulsión».
 
 

1.30-21 ...
 
Con estas opcións:
 
a) 1. ... 08-04; 2.21-25, 04-08; 3.23-28, 08-22; 4.02-06, 22-31; 5.28-01, 31-24; 6.25-11 ... [Como na posición de confinamento que se forma despois do 5º movemento branco na «Fase de Expulsión»].
 
b) 1. ... 08-22; [Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «31»].
 
c) 1. ... 08-29; 2.02-06 ... [Conflúe na liña tronco da Hipótese DAMA NEGRA EN «25»].
 
d) 1. ... 08-12; [A máis resistente. Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «22»].
 
 
 
1.02-06, 25-29;
 
Se as negras se manteñen na transversal, por exemplo con 1. ... 25-18; segue sempre 2.23-01, 18-04; 3.30-26, 04-07; 4.26-08, 07-04; [Formando a Posición de Expulsión].
 
2.*30-21 ...
 
Con estas  posibilidades:
 
a) Se as negras van a «15», «12» ou «8» entronca en posicións xa estudadas na Hipótese DAMA NEGRA EN «31».
 
b) 2. ... 29-22 [Unha posición que tamén se alcanzaba na Hipótese con DAMA NEGRA EN «24»] 3.06-11, 22-29; [Ou 3. ... 22-12; (Se 3. ... 22-08; o proceso é similar) 4.23-01, 12-29; 5.11-14, 29-22; 6.21-17, e o peón coroa] 4.21-17, 29-22; 5.23-01, e o peón vai a dama con comodidade.
 
c) 2. ... 29-25; 3.21-04, 25-29; 4.06-11, 29-26; 5.23-01, 26-17; 6.11-15, para coroar sen dificultade.
 
 
 
1.30-21 ...

Con estas opcións:
 
a) 1. ... 29-22; [Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «31»].
 
b) 1. ... 29-08; [Conflúe na «variante b» con 1. ... 22-08; da Hipótese DAMA NEGRA EN «22»].
 
c) 1. ... 29-25; 2.21-04, 25-29; 3.23-28, 29-22; 4.02-06, 22-31; 5.28-01, 31-24; 6.04-11 ... [Posición de confinamento que aparece despois do quinto lance branco na «Fase de Expulsión».
 
d) 1. ... 29-12; [A máis resistente. Entronca na liña principal da Hipótese DAMA NEGRA EN «22»].

1 comentario:

Сергій Казнадей dixo...

Dama Negra 17
"Se van a «12» ou «16» o peón sae igualmente, pois non pode ser atacado na diagonal «2&24» porque a dama cae atrapada tras 4.28-24, e 5.17-06, GB."
4.28-10 GB